1912

Dada a veciñanza de Emilía Pardo Bazán con Sada, o Alcalde desta Vila remite un escrito de solicitude á Real Academia Española para que sexa admitida como membro (Ver post adicado a esta nova). En abril deste ano denegase dita solicitude pola condición de muller da escritora, que remite unha carta ao Concello de Sada agradecendo as xestións realizadas.

No mes de xullo Emilia Pardo Bazán ofrece un te nas Torres de Meirás ao "ilustre" arxentino señor Alsina, recollendose na prensa da epoca o seguinte "asistieron invitados, distinguidas familias, entre las cuales figuraba la del consul de aquel pais y el rico hacendado bonaerense don Juan Sánchez López, y su bella esposa".

A mediados de outubro celebrase na capela das Torres de Meirás funerales pola alma da infanta María Teresa, madriña na voda da filla de Emilia Pardo Bazán, tamén celebrada no Pazo de Meirás, Blanca Quiroga.

O 12 de novembro falece o marido de Emilia Pardo Bazán, Jose Fernando Quiroga y Perez de Deza.
A mediados de decembro, Emilia Pardo Bazán, nai e fillos regresan a Madrid, dando por finalizada a súa estancia no Pazo de Meirás.

No hay comentarios:

Publicar un comentario