1921

O 12 de maio morre Emilia Pardo Bazán. É soterrada na Sacramental de San Lorenzo (Madrid) contra a súa vontade, xa que os seus desexos eran ser soterrada no Pazo de Meirás, onde instalara os seus libros, o seu arquivo e a súa tumba. A propiedade do Pazo de Meirás pasa a mans do seu fillo Jaime Quiroga, despois do reparto de mutuo acordo coas súas irmáns Carmen e María de las Nieves, coñecida familiarmente por Blanca.

No espazo adicado a Emilia pardo Bazán na web "Cervantes Virtual" podese ver un video titulado "Paisaje Vital. Entre Galicia y Madrid. Meirás intimo" onde se poden ver imaxes do sepulcro mandado construir por Dona Emilia para ser soterrada nel. Ademais do sepulcro podense ser imaxes do interior e exteriores do Pazo de Meirás, da vidrera que ainda se conserva no Pazo coa linaxe de Emilia Pardo Bazán, da biblioteca, da propia capela onde casou, do retablo de San Francisco na capela, de tapicerias bordadas por dona Emilia e as súas fillas, do balcón das musas na torre da Quimera e un busto de Dona Emilia que ainda se conserva no Pazo. (Ver video de Meirás intimo adicado a Emilia Pardo Bazán).
Emilia Pardo Bazán fotografiada coa súa máquina de escribir

No hay comentarios:

Publicar un comentario