1937

Tras a morte de Jaime Quiroga en 1936, a propiedade do Pazo de Meirás pasa a mans da súa viuva Manuela Esteban Collantes e a súa filla Blanca Quiroga de Pardo Bazán.
A versión oficial que se deu, (e que se siue a dar a pouco que busquemos nos libros de historia) foi que as novas propietarias non amosan moito interese polo Pazo, e prantexan a súa donación á Compañía de Xesús coa condición de convertelo nun noviciado desta congregación relixiosa.

Jaime Quiroga

As pretensións das novas propietarias non son moi ben recibidas pola Compañía de Xesús que acepta a doazón, máis non a condición de convertir o Pazo nun noviciado. Como decimos, esta é a versión "oficial". A que deu o réxime e siguese a manter hoxe en día. Máis obviouse contar que o Pazo de Meirás naquel momento tiña unha hipoteca, e que estas poderían ser as verdadeiras razóns que motivaron que as lexitimas propietarias quixeran desfacerse del.

Por esas datas as novas autoridades franquistas, tras a sublevación militar golpista contra o goberno lexitimo da República, buscaban un Pazo con que agasallar ao ditador e así garantir a presenza da cúpula do réxime durante determinadas datas para maior gloria e medramento dos golpistas locais. Hai que dicer que non só as "autoridades" coruñesas andaban por esas datas a maquinar nesa idea. Moitas cidades que nese momento da contenda civil estaban baixo control franquista andaban tamén nas mesmas.

Primeiramente pensaron no Pazo de Oca, máis dadas as dificultades atopadas e coñecendo as intencións das novas propietarias do Pazo de Meirás, fixaron as miradas na antiga granxa de Emilia Pardo Bazán.

O certo é que primeiramente pensaron en adquirir o Pazo como propiedade da Deputación Provincial para posteriormente cederlle o uso - que non a propiedade - ao Xefe do Estado. Máis o ditador non aceptou esa condición. Quen quixera ter a Franco pasando os veráns, e xa que logo, o centro de poder instalado durante ese tempo, tiña que por a residencia de verán a nome do ditador. Esa condición imposta por Franco fixo cambiar de plans aos promotores da idea que puxeron en marcha a maquinaria dos abusos e extorsións.

Co fin de xestionar e financiar a "operación" para facerse co Pazo, constituen unha comisión que denominaron "Junta Provincial Pro Pazo del Caudillo", capitaneada por Julio Muñoz Aguilar (Gobernador Civil da Coruña) e polo banqueiro Pedro Barrie de la Maza, ambos moi ligados ao circulo intimo do ditador golpista. Xunto a eles e entre outros figuraban os que foron alcaldes franquistas durante o rexime Fernando Alvarez de Sotomayor e Alfonso Molina Brandao, os millonarios adeptos aos golpistas Jose María Rivero de Aguilar , Jacobo López Rua, Jose Casteleiro Varela, Jose María Marchessi,Jose Luis Bugallal e Joaquín Barcia Goyanes. Un elenco formado polas "novas autoridades" (Presidente da Deputación da Coruña, Gobernador Civil, Alcaldes da Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Betanzos e Sada) e na que tamén estaban representantes da Camara de Comercio da Coruña, o Exercito e a Igrexa Catolica, entre outros.
Todos os membros da "Junta" acadaron, en menor ou maior medida, os favores do rexime. Así, por exemplo, Julio Muñoz de Aguilar foi recompensado co cargo de xefe da "Casa Civil del Generalisimo" e administrador do patrimonio nacional (non se sabe se polas súas habilidades demostradas en expolios de patrimonio cultural). Pedro Barrie de la Maza foi máis tarde ennoblecido por Franco en 1955, que lle otorgou o titulo de conde de Fenosa (esto é, Conde de las Fuerzas Electricas del Noroeste Sociedad Anonima. Ahí queda eso.
De esquerda a dereita: Fernando Alvareza de Sotomayor, Alfonso Molina Brandao, Pedro Barrie de la Maza e Jose María Rivero deAguilar.

A "Junta" adquire o Pazo e unha extensión de terreo de algo máis de tres hectareas por 415.000 pesetas da época. Máis a actual Condesa de Pardo Bazán Carmen Colmeiro ten manifestado que nunca se chegou a executar o pago na súa totalidade e mesmo nin sequera se lle permitiu á filla de Emilia Pardo Bazán retirar os efectos persoais do Pazo.

A extensión de terreo orixinal do Pazo non pareceu suficente aos membros da "Junta ProPazo del Caudillo" e decidiron ampliar en algo máis do doble a extensión da propiedade que posteriormente entregarían ao ditador Franco. Para elo tomaron directamente as leiras e mesmo algunha casa que se atopaban máis proximas ao Pazo de Meiras.

Moitos labregos foron obrigados baixo amenaza de morte, a subir en camións militares co fin de formalizar en Betanzos, ou mesmo na Sede do Banco Pastor da Coruña (propiedade de Pedro Barrie de la Maza)o cambio de titularidade dos predios. As leiras eran valoradas, no mellor dos casos, a prezos de miseria que os labregos tiñan que aceptar pola extorsión á que foron sometidos.

A memoria silenciada polo terror no que viviron estes labregos, foi lembrada por unha persoa que traballou nunha notaria da época e que foi publicada polo diario "La Opinión" o 14 de setembro de 2007 (pode consultarse aqui). Esta persoa declara ter visto como unhas 30 persoas choraban no Banco Pastor ao verse obrigados a desfacerse duns terreos, que na maioría dos caso, supuña tamén ter que desfacerse do seu medio de vida.
Máis non foron os labregos de Meirás os únicos en recibir as coaccións dos mandatarios franquista. A estrada que conduce ao Pazo desde Santa Cruz precisaba ampliación para maior comodidade das viaxes do ditador, e procedeuse a tomar as terras e demais propiedades que foron necesarias para este fin, e por suposto, para maior gloria dos membros que capitaneaban a "Junta", que foron recompensados convintemente polo réxime durante a "longa noite de pedra".

Para o finanzamento das obras e demais gastos da operación editaronse uns bonos de suposta aportación voluntaria. O certo era que eran as propias autoridades franquistas as que fixaban as cantidades a aportar.
A recadación por bonos "voluntarios" tentouse vender como un éxito, máis foi un autentico fracaso. A "Junta" precisaba diñeiro e idearon o xeito de acadar recursos. Todos eles baseados na estorsión e no uso fraudulento de diñeiro público. Así, ordearon descontar directamente das nóminas dos funcionarios da Deputación Provincial da Coruña e do Concello da Coruña, xunto con outros traballadores da provincia, dous dias dos seus salarios. Ademais obrigaron aos Concellos da provincia a aportar unha porcentaxe (1,2 millóns de pesetas da época) pola recadación do imposto da contribución.

Un informe do exercito de 2 de novembro de 1939 e que se conserva no arquivo de Alcalá de Henares asegura "que la cifra gastada en el pazo es de tal magnitud que si se supiese causaría asombro".

Neste informe militar tamén recoñecese o fracaso da "subscripción Popular", máis ese foi o argumento que repetidamente se citou polo réxime, mesmo engadindo o adxetivo "entusiasta" para referirse á doazón do Pazo de Meirás a Franco. E o máis grave. Ainda hoxe se sigue a referir que o Pazo de Meirás foi doado polo pobo ao ditador por "subscripción popular". Tamén criticase fondamente a xestión realizada na adquisión, posterior reforma e obras. Mesmo considerase excesiva a cantidade abonada polo Pazo (415.000 pesetas da época) e mesmo a elección de Meirás como propiedade a "donar" ao ditador, xa que esta obedecía ao feito de que o Pazo tiña unha hipoteca co Banco Pastor do que era propietario Pedro Barrie de la Maza, uns dos principais promotores da "ofrenda" a Franco. De ahí tamén deducese o interese de Branca Quiroga e Manuela Esteban Collantes en desfacerse do Pazo.

En total, as obras, as reformas e o Pazo costaronlle ao pobo galego máis de 2 millóns de pesetas (unha cifra astronómica na época).

No hay comentarios:

Publicar un comentario