1938

Neste ano "formalizase" a compra e ampliación de terras, inicianse as obras e doase o Pazo de Meirás a Franco. Todo nun tempo record e cometendo todo tipo de abusos e irregularidades. A cronoloxía dos feitos e a que segue:

Marzo: O día 28 deste mes é o que figura no pergamino de "doazón" que é entregado ao ditador posteriormente como a data formal de adquisición do Pazo. Máis un xa citado informe do exercito establece o mes de abril como data de adquisición. Ao que se refire este pergamino é á antiga propiedade de Emilia Pardo Bazán: O Pazo e unha extensión de terreo de aproximadamente 4 hectareas. Segundo este informe, o que ideou e xestinou a compra do Pazo foi o pintor, Alcalde da Coruña naquel momento, e membro destacado da "Junta Provincial Pro pazo del Caudillo" Fernando Alvarez de Sotomayor.
Neste ano editanse para a ocasión dous orixinais do pergamino de "doazón". Teñen os dous unhas medidas de 60 cm de alto por 30 cm de ancho e contan cunha orla, escudo central e con letras capitulares en cor. Un depositase no arquivo da deputación provincial da Coruña (que ven de denunciar recentemente a súa desaparición) e o outro entregase a Franco no acto de doazón de se celebrou o 5 de decembro e do que se comentará máis adiante. O pergamino que se ve na foto superior corresponde a unha fotocopia en branco e negro do que se atopaba no arquivo da Deputación Provincial.

Neste mes comezase a publicar nos medios de comunicación, que o Pazo de Meirás pasará a mans do ditador Franco. O diario "El Compostelano" publicaba o seguinte "...Llevó las gestiones para su adquisición, realizadas en San Sebastián con la condesa de la Torre de Cela, propietaria de Meirás, el ilustre D. Fernando Alvarez de Sotomayor, quien ayer mañana participó el feliz resultado de las mismas.
Estas noticias tan buenas para esta provincia, nos las participó anoche por teléfono el secretario del gobierno civil, al que contestabamos que ya dabamos cuenta de tal adquisición.
El gobernador, con motivo desta fausta nueva, puso al ministro del interior el siguiente telegrama:
-En nombre desta ciudad y provincia, complaceme comunicarle a V.E. acaba de ser adquirido por pueblo coruñés el Castillo de Meirás, para donarlo a nuestro caudillo S.E. Jefe del Estado, confiando merecer honor sea residencia verianiega cuando circunstancias guerra permitan. Formalizada escritura dia de hoy, esperamos solo fecha regreso Caudillo Burgos y aviso V.E. para traslado representaciones militares, obreras, mercantiles y sociales con objeto hacer su entrega en nombre Galicia"

Abril: Seguese a dar publicamente por diferentes medios de comunicación a noticia de que o Pazo de Meirás será ofrendado ao ditador. Así o 28 deste mes, o diario ABC publica un artigo do membro da "Junta" Jose Luis Bugallal.
Nesta publicación se anuncia que brevemente "se dará solemne estado oficial al regalo que el pueblo y la provincia de La Coruña le hacen, en señal de gratitud e fervorosa adhesión, al más insigne de sus hijos, el Generalisimo de los Ejercitos nacionales, Don Francisco Franco Bahamonde".
Tamén se anuncia neste artigo o comezo das obras no Pazo. Así o describe Bugallal: "El Caudillo ha honrado a su provincia natal con la aceptación del obsequio que sus paisanos le ofrecen y una vez logrado este asentimiento, la Junta Pro Pazo ha dado comienzo a las tareas para la introducción de las mejoras que la mansión de un Jefe de Estado requiere".

Uns días antes, o 24 deste mes, o mesmo xornal publica un artigo tamén referido ao "regalo", asinado por Wenceslao Fernández Florez (ver edición do ABC dese día). Vendo o que aconteceu na historia do expolio de Meirás, resultan indecentes algunhos parágrafos deste artigo "Cada coruñes le debe a Franco un motivo más y muy grande de orgullo por ser coruñes. Y la incomparable felicidad de no haber conocido los horrores del comunismo ni en un dia, ni en un palmo de toda la provincia; de no haber sentido la impotencia y el terror ante los asesinos, de no haber sufrido las humillaciones y las torturas de las checas, de no ver robadas las casas, destruidos los más queridos recuerdos, incendiadas las iglesias, aniquiladas las obras de arte acumuladas durante siglos, de no convertirse en alimañas perseguidas sin misericordia, entre suplicios y ultrajes; de todos los inenarrables horrores que han dejado un recuerdo incurable doloroso en el alma de quienes lo hemos vivido y que ahora nos ayuda a saber cuanta es la dicha de no conocerlos".

Maio: O diario ABC publica o día 1 deste mes que Julio Muñoz Aguilar, Gobernador Civil da Coruña e "Consejero Nacional" ven de reunirse en Zaragoza coa familia Franco. O motivo da reunión é tratar o asunto da "doazón" do Pazo. Muñoz Aguilar anuncia que o ditador virá en verán a tomar posesión da mansión de Meirás. Franco non virá ate o mes de decembro.

Muñoz de Aguilar encargarase de anunciar este mes, o inicio das obras de mellora das estradas que conducen ao Pazo de Meirás. Máis de 300 obreiros de diferentes oficios traballan xa no Pazo de Meirás nas obras de mellora.

Xuño: Ainda que o Pazo de Meirás non era nestas datas propiedade dos Franco, o certo é que xa comezaron a actuar como se así fose. Carmen Polo Valdés, esposa do ditador visitou, acompañada sempre da súa filla Carmen Franco (actual propietaria do Pazo) en varias ocasións o Pazo antes de formalizarse a "doazón". A primeira delas esta documentada o 8 de xuño deste mes, tendo como fin a inspección das obras que se estaban a realizar. Carmen Polo ordeou, no trascurso das profundas reformas do conxunto do Pazo, modificacións e novas obras que non estaban previstas, tales como o tipos e novos mobiliarios no Pazo ou elementos ornamentais nos xardíns, entre outras. A segunda visita de "inspección" de Carmen Polo producese o día 10 deste mes. (podese ampliar información neste post).


O día 7 de xuño, o diario "La Voz de Galicia" publicaba un artigo titulado "Las Rutas de Meirás. Todo florecerá en torno al Pazo del Caudillo. Panoramas de costa de valle y montaña", no que se analizan o estado das obras nese momento. Nel resaltase o mal estado das estradas que conducen a Meirás, e o investimento de fondos públicos nesta labor. Así dise: "El polvo, las sofocantes nubes de polvo espeso, pegajoso y amarillento, dado lo arcilloso de algunos terrenos - que hasta hoy un implacabel enemigo para el turismo. U un peligro para el transito en automóbil ¡Suerte que vaya a desaparecer con satisfacción unanime de indigenas y forasteros!.
El Estado y la Diputación Provincial atendiendo a mejora que, como esta, esencialmente les atañe y cuya perientoriedad las circunstancias imponen, han dispuesto la ejecución de las obras precisas. Las vias de acceso directo, serán sino asfaltadas, alquitranadas concienzudamente y las otras reparadas según lo requieran. En ello se esta ahora
".

Neste mes de xuño proliferan tamén numerosos artigos na prensa franquista de exaltación do ditador e do Pazo de Meirás co que os golpistas o ian agasallar. Así, o diario "La Voz de Galicia" publica o día 2 un artigo asinado polo Marqués de Figueroa titulado "¡Meirás! El Pazo del Caudillo". O día 9 este diario publica unha editorial titulada "El Pazo del Caudillo; una ofrenda de La Coruña". Todos eles cargados dunha berborrea detestábel.

O día 13 a "Hoja del Lunes" publica na súa portada unha reseña da visita da dona do ditador ao Pazo de Meirás na que inclues unha especie de entrevista ao respecto da galeguidade de Franco e nos coñecementos sobre esta da propia Carmen Polo e que pode consultarse no marxe esquerdo.

Tamén durante este mes de xuño desprazanse ao Pazo de Meirás, onde traballarán durante meses, o artista Francisco del Rio e o arquitecto Joaquín Vaquero.

Xullo: O 24 de xullo visita A Coruña o ministro do interior do goberno franquista Serrano Suñer que tamén aproveita esta estancia para visitar as obras do Pazo de Meirás. Chegou en tren. Na estación engalanada con bandeiras do bando franquista agardaban formados, militares e falanxistas. Unha recua interminábel das "novas autoridades" civis e da burguesía coruñesa o recibiron ao son do "himno nacional". Estaba previsto que a Serrano Suñer o acompañase a dona e filla do ditador, máis esto non aconteceu.Máis a familia estaba representada xa que acompañaba ao ministro a súa dona, Zita Polo, irmá da dona tamén do ditador. Tras o recebimento na estación após de entonar o "Cara al Sol" dirixiuse a comitiva ao Hotel Atlantico onde descansaron uns instantes. Despois, misa na igrexa de San Nicolás tras a que acudiron ao goberno civil onde Serrano Suñer sermoneou desde un dos balcóns. Comeron na residencia dos marqueses de Loureda.

Tras o xantar dirixironse ao Pazo de Meirás. Alí agardaba á comitiva a "Junta Pro Pazo del Caudillo" co presidente designado por esta, Arcadio García Tizón, coñecido comerciante coruñes que fora presidente do R.C. Deportivo.


 Agosto: O día 17 producese unha nova visita de "inspección" de Carmen Polo ao Pazo. Nesta ocasión procedese mesmo a facerlle entrega da chave do Pazo, que ordeou a "Junta" confeccionar.
Previamente o diario La Voz de Galicia publica o día 11 unha nova reportaxe asinada por Santiago del Burgo na que se explican, cunha verborrea vomitiba propia do réxime, o estado das obras que se estaban a executar no Pazo. (Podese consultar o artigo completo neste post).

Extraese deste artigo e da memoria oral, que as principais reformas que se fixeron no entorno do Pazo son as seguintes:

- Ampliouse a estrada de Santa Cruz (Oleiros) a Meirás (Sada) nunha lonxitude aproximada de tres kilometros, empregando os mesmos métodos para facerse coas propiedades, que os empregados no caso dos labregos propietarios das terras do contorno do Pazo. Así se define no artigo do diario "La Voz de Galicia" en agosto de 1938: "Se trabaja con ahinco ensanchando o suavizando las curvas desmontando trincheras,acentuando peraltes, y aumentando la visibilidad.En Santa Cruz, por ejemplo, la revuelta de la carretera
contigua a la playa tiene ya una insospechada
amplitud. Desapareció el antiguo salón de baile queen la curva había. Fue expropiado y raido
."
- Contruiuse un muro perimetral de dunha lonxitude de algo máis dun kilometro, aprobeitandose un pequeno tramo de muro existente da epoca na que era propietaria Emilia Pardo Bazán. Eliminouse o tramo de estrada que pasaba pola parte máis perta á fachada principal do Pazo e que era coñecida como a "estrada do enrreixado" (pasaba ao carón do muro antigo, ainda existente que ten unha parte de enrreixado). A estrada foi retirada aproximadamente 50 metros medidos desde a antiga entrada principal do Pazo. Esta estrada construiuse en terreos tamén "tomados" aos labregos de Meirás. Así se describe no artigo "Frente a Mera, a unos cinco kilómetros hubo la fortuna de dar con una cantera de lajas duras como el cuarzo y de uniforme color pizarroso. Se la está empleando en este muro entallado, que circunvalará las Torres en una extensión de casi dos kilómetros. Diriase que los años le dieron ya su patina. Como el tiempo aprema empalmará en algún sector con la muralla primitiva coronada hoy de pampanos de vid y ramas de higuera."

- Tomaronse para a ampliación do Pazo, algo máis do doble do que representaba a extensión de terreo que foi comprada pola "Junta" a Blanca Quiroga e Esteban Collantes. En total ao rredor de 4,5 hectareas de terreo. Tamén se describe sen rubor no artigo: "Dentro, queda Meirás, que duplico sus tierras y ensanchó parque y jardines con cuantas tierras y prados – y hasta alguna casa – fueron precisos; para mejor regularizar la rumbosa ofrenda de la provincia al Generalísimo Franco. ¿Abarca ahora
nueve hectáreas? Acaso más
."

- As dúas vivendas existentes perto da fachada principal do Pazo tamén "sufriron" a actuación da "Junta", sufrindo as dúas sortes dispares. A primeira, que é coñecida hoxe como "Casa das Cunchas" (debido ao rebestimento que se lle deu posteriormente ás paredes exteriores desta casa) non puido ser "tomada" pola "Junta" xa que o propietario atopabase residindo en Nova Iork e non puido ser transportado nun deses camións á notaria para poñela a nome de Franco. Tras a morte do seu propietario os heredeiros venderon a casa aos Franco na decada dos 60.
A segunda foi unha casa labrega na que a súa propietaria, recen enviuvada, foi expulsada da casa xunto aos seus tres fillos menores polo método explicado con anterioridade. Unha vez tomada, foi almendada e revestida en pedra para "entonala" co conxunto. O horreo de madeira (tipoloxia tipica nas casas labregas da zona) foi substituido por outro de pedra traido doutro lugar. Esta casa, sendo xa propiedade dos Franco, empregouse como vivenda de dous garda civís coas súas familias que facían labores de gardeses durante todo o ano. A outra casa, unha vez que pasou tamén a ser propiedade dos Franco, pasou a empregarse tamén como residencia dun destes garda civís.
Non foron as unicas propiedades coas que se fixeron durante os anos nos que o ditador veraneou no Pazo. Moitas leiras que quedaron fora de muros foron pasando tamén a nome dos Franco. Nunha delas construironse uns barracóns para o uso da garda civil, que nos veráns desprazaba a Meirás un gran número de membros da benemerita (arredor de 500). Outras leiras curiosamente, foron arrendadas a labregos da zona para o cultivo, como se pode comprobar no documento que se pode consultar a continuación:
No recibo podese comprobar como Franco cobraba aos labregos polo uso das "suas terras" e empregaba como encargado do cobro a un garda civil que ademais vivía nunha casa que fora "tomada" a unha labrega. O resto de garda civis encargados durante os veráns da vixiancia do Pazo e arredores tamén residían nos barracóns propiedade do ditador. Tras a morte de Franco estes terreos foron recalificados polo alcade tardofranquista do PP Ramón Rodríguez Ares, e vendidos posteriormente pola actual propietaria do Pazo de Meirás, Carmen Franco Polo.
En resumo, podese comprobar as dificultades que sempre tiveron os Franco para diferenciar o público do privado

- Construironse os viais interiores, reprantaronse os xardíns, troxeronse pezas do patrimonio cultural galego que en moitos casos eran agasallados por concellos galegos. Construironse novas canalizacións de abastecemento e dotouse ao pazo de todo tipo de servizos (os que eran posibeis na época)ademais da renovación do mobiliario.

Aos métodos macabros empregados pola "Junta" para tomar as propiedades hai que engadirlle unha máis, recollida nas fontes da memoria oral. Os labregos propietarios de terras proximas ao Pazo non eran nen sequera avisados previamente da toma dos predios. Os labregos ian todos os dias a mirar o avance das obras dos muros exteriores do Pazo xa que sabían que se o muro avanzaba deixando no interior as súas propiedades pronto recibirían a visita dalgún falanxista ou adepto ao réxime que lle informaría cndo sería trasladado para asinar unha venda "voluntaria" onde eles fixarían a cantidade no mellor dos casos.

Xa comentamos que nen sequera se lles permitiu ás antigas propietarias do Pazo entrar a retirar os efectos persoais. As obras que se levaron a cabo no Pazo non tiveron nengún respecto polo legado de Emilia Pardo Bazán e en xeral co patrimonio cultural que representaba. O propio Isaac Díaz Pardo, acudiu a traballar sendo un mozo ao Pazo de Meirás por orde do seu xefe no taller onde prestaba servizos "Tes que ir a Meirás; levas un vernizador e outro rapaz máis. Alí xa vos dirá o señor Feduchi o que hai que facer». O señor Feduchi era nada menos que o arquitecto Luis Martínez Feduchi, que xunto co Vicente Eced foron os autores do edificio Carrión, máis coñecido polo Capitol, un gran cine que contiña; obra mestra daqueles tempos anteriores á Guerra, e que aínda é admirado hoxe en Madrid (estes detalles sóubenos anos despois). A Feduchi debeu atopalo a Guerra en Galiza.
Dentro do pazo había un gran desorde, todo eran cascallos, restos de mobles, papeis, libros mesturados con anacos de tabique de madeira. Feduchi ordeounos raspillar os mobles do esmalte branco e ouro que tiñan e vernizar a madeira coa súa cor natural de caoba. O vernizador pasounas canutas para igualar a cor en madeiras diferentes. Aínda que entón eu sabía aínda menos do que sei agora, sabía que aqueles mobles eran isabelinos, branco e ouro, e o do vernizado era unha equivocación. Pode que a Feduchi lle impuxeran o cambio.
Entre as cousas que foron aos cascallos había unha fotografía de Victor Hugo, cun autógrafo, que hoxe a ten meu fillo Xosé, e uns cachos de lenzo pintados, que aínda andan pola casa do Castro. Moitas cousas importantes da condesa deberon perderse naquela transformación
."
Era o que escribía Díaz Pardo nunha columna de opinión na Voz de Galicia o 28 de novembro de 2007.

O expolio que representou a "doazón" ao ditador do Pazo de Meirás fixose con total impunidade, coa implicación das administracións franquistas e adeptos ao réxime por interese persoal. Co control e supervisión dos Franco, que como xa se dixo, visitaban o Pazo para controlar o que alí se facía.
Estas visitas dabanselles incluso un caracter institucional, na que as administracións implicadas daban rango oficial á esposa do ditador. Sirvan como exemplo a acta da sesión do Pleno do Concello de Sada de 25 de agosto de 1938 onde o Alcalde deu conta á Corporación Municipal "que chegara felizmente ao Pazo de Meirás a esposa do Generalisimo". Con tal motivo "puxo de manifesto a intima satisfacción e viva complacencia que este feito producía pola honra que supoñía tela residindo coa súa bela e simpatica filla na finca que a provincia da Coruña regalou ao noso invicto Caudillo, cuia vida, como a dos seus, desexa o Concello sexan moi longas para ben de España".
Tamén a Deputación Provincial, daba conta destas visitas. Así se recolle por exemplo, na acta da sesión do Pleno de 5 de setembro de 1938, onde o Presidente daba conta da "visita feita pola Corporación á Excelentisima Señora Dona Carmen Polo de Franco, esposa do Generalisimo, facendo presente a bondadosa atención con que os visitantes foron recibidos por tan ilustre dama, nas Torres de Meirás".

Setembro: O día 14, a dona do ditador e a súa filla dan por rematada a súa estancia de verán no Pazo de Meirás.
O diario "La Voz de Galicia" anuncia, a recollida de sinaturas "de las mujeres gallegas" para que se lle outorge ao ditador Franco o titulos de Principe. Afirma este diario que neste mes xa van recollidas 15 mil e mesmo chega a afirmar que o título será entregado no Pazo de Meirás cando veña a tomar posesión. A iniciativa fracasa.

Decembro: O día 5 deste mes producese a visita do ditador Franco ao Pazo de Meirás para tormar posesión oficial do Pazo. Da propiedade que fora de Emilia Pardo Bazán e das terras e casa tomadas aos labregos. A "Junta" preparou conciencudamente esta visita que se prolongou por espazo de dous días, en plena guerra civil.

O xa citado informe do exercito datado en 1939 que criticou a xestión do "regalo" a Franco, calificou de disparatados os gastos orixinados na organización dos actos con motivo da "doazón" do Pazo ao ditador; "Ha resultado que han contribuido al regalo, no los buenos españoles que le quieren, sino todos, buenos y malos, saliendo como es natural de estos últimos los disparates mayores y las censuras para quien lo merece todo. Lo mismo se ha hecho con los gastos originados por la visita del Caudillo (na realizada o 5 de decembro de 1938)"

Os abusos protagonizados pola "Junta" co fin de recadar diñeiro para a adquisición do Pazo e a organización do acto de entrega ao ditador eran tales, que o pobo, moi lonxe de ter intención de doar a Franco nada, e moito menos entusiastamente, considerou esta cuestión como unha imposición. Así se recolle no informe do Exercito de 1939 “Se llegó a oír en diversas
ocasiones el siguiente comentario
:‘Venga a pagar la multa del Pazo y las fiestas del Caudillo”

I e que, como xa se dixo, o expolio do Pazo costoulle ao pobo galego 2 millóns das antigas pesetas (e das de entonces)

Os actos organizados pola "Junta" co beneplacito dos Franco comezaron en Santiago de Compostela a mañá do 5 de decembro de 1938. Franco foi á catedral co fin de "gañar o xubileo" e a "Junta" e acolitos se encargaron de mobilizar un gran número de persoas para arroupar os actos na Catedral de Compostela. Na capital de Galiza é onde se inician estos macabros actos onde Franco é recoñecido xa en plena guerra civil como a máxima autoridade dun estado onde existía, ainda que xa por pouco tempo, unha Republica democrática. Aquí chegara o ditador desde Burgos acompañado polos seus ministros de Interior e Agricultura, Serrano Suñer e Fernández Cuesta respectivamente.
A "Junta" encargouse de mobilizar a multitude de persoas, empregandose para elo a Falange de todo tipo de artimañas e amenazas. A pretensión era que Franco recibise "muestras de cariño" no percorrido de Santiago de Compostela ao Pazo de Meirás. Mobilizou na Ponte do Pasaxe e na explanada de entrada ao Pazo a un número importante de persoas, afirmando os membros da "Junta" que este "fervor popular" foi "expontaneo". Máis lonxe da realidade.
Non se reparou en gastos. En plena Guerra Civil (en Galiza en plena represión), no Pazo serviuse comida para 20 persoas que o Hotel Compostela se encargou de levar alí. Ás 14:00 horas sentaronse á mesa o ditador e a súa dona, os ministros de interior e agricultura, o xeneral da división, os gobernadores civiles e militares das provincias galegas e os membros da "Junta" xunto a aoutras "autoridades". Previamente á comida, Franco pasou revista ao "regalo", adicou tempo ás recepcións organizadas pola "Junta". A posta en escea perfectamente deseñada, incluia a recepción dun mutilado de guerra, Juan Lillo García co fin de condecoralo. A prensa da epoca encargouse de darlle trascendencia a esta cuestión. E por suposto, recibiu os certificados da donación, estampando a súa sinatura xunto cos membros da "Junta" no pergamino de "doazón". A frase pronunciada polo ditador, e que tristemente foi recollida por todos os medios, era a guinda do desproposito. "Acepto gustoso (o Pazo), por tratarse de un regalo de mis paisanos" (podese ver aquí).

Pola tarde, ás 18 horas serviuse un "lunch" ao que foron convidados os alcaldes da Coruña e Santiago de Compostela, entre outras "autoridades" franquistas (destacase a presenza do presidente e o secretario da arca do Apostolo). Máis de cen persoas participaron deste "lunch" que serviu o Hotel Compostela.Serrano Suñer non debía ter suficiente dosis relixiosa, que as sete do serán saiu do Pazo de Meirás con destino á Coruña para oir misa na igrexa de San Nicolas. Ao remate deste tomou un café na Rua Real e despois voltou ao Pazo a dormir co resto da comitiva.

Ao día seguinte ergueronse cedo. Tomaron un almorzo nun dos salóns da planta baixa do Pazo e no que participaron ademais do propio Franco e a súa dona e os ministros que os acompañaban, Pilar Franco, Muñoz de Aguilar e outros hospedes "insignes". Despois, tras escoitar misa na capela do Pazo, fixeron un percorrido minucioso polas instalacións do Pazo na que foi dando instruccións sobre as novas reformas que eran necesarias acometer. Así, por exemplo, mandou construir a biblioteca na torre máis alta (a da Quimera) onde mandou instalar o seu gabinete e trasaldar todos os libros de Emilia Pardo Bazán que se atopaban no Pazo. Tamén ordou instalar o seu despacho oficial na torre baixa nunha estancia denominada "principe", que manterá comunicación con outra estancia anexa na que ordeou colocar a sala-despacho dos seus axudantes. Tamén ordeou modificar as habitacións das ala esquerda no piso máis baixo do edificio co fin de transformalas. Unha nun salón de villar e a outra para a recepción de visitas.
Unha vez rematada a visita no interior, pasou aos exteriores onde tamén ordeou facer obras de modificación. Así ordeou instalar un acceso de vehiculos na ala este do Pazo. Tamén ordeou a plantación de novas especies arboreas. Nos exteriores visitou tamén "O Paziño", unha construcción para o uso da súa filla Carmen.

Ao mediodía os Franco coa súa comitiva abandonan o Pazo de Meirás con dirección a Burgos. Fan unha parada no mosteiro de Sobrado dos Monxes, onde Franco e a súa dona se dirixen primeiramente á igrexa para orar. Tras visitar o mosteiro declarou a súa intención de restauralo inmediatamente e de convertilo nun orfelinato. Para elo anuncia que en breve chegará a A Coruña o arquitecto académico xefe do servizo de recuperación artistica Pedro Murguza.

A comitiva, tras a visita celebran unha reunión informl onde analizan diferentes problematicas, anunciando entre outros, a construcción dunha autopista entre A Coruña e Madrid que permtita realizar esta viaxe en menos de seis horas.

Unha promesa desas que o réxime facía a través do seu aparello de propaganda nunca cumpridas. Franco morreu case 40 anos despois coa mesma estrada de comunicación con Madrid.


Videos tu.tv
Video do NODO correspondente ao ano 1938 onde se recolle ao doazón do Pazo de Meirás ao ditador Franco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario