1939

Este ano (3º ano triunfal ou ano da vitoria como o definían os fascistas) está marcado polo fin da guerra. Coa caída de Barcelona e o frente de Catalunya producese o grande exodo republican. O 1 de abril, Franco entra en Madrid e dase por rematada a guerra que provocara o golpe de estado militar. Comeza a "longa noite de pedra".

Abril: O día 1 remata a guerra civil

Xuño: O día 21 chega o ditador a Ferrol a bordo do cruceiro Canarias que fondeou ás 11 e 15 minutos da mañá. Tras desembarcar no peirao pasa revista ás tropas despois celebrase unha misa de campaña no propio peirao. Impón unha medalla ao almirante Moreno tras o que se celebra un desfile militar.
As 12 e cuarto o ditador dirixese á Casa do Concello de Ferrol acompañado do seu sequito franquista onde recibe o pergamino de fillo predilecto da cidade.
Tras dar un discurso desde o balcón do concello dirixiuse escoltado pola guardia mora á capitanía para xantar.
Pola tarde direxese aos asteleiros de Ferrol onde tamén pronuncia un discurso. Tamén visita a academia de maquinistas.
Ao redor das sete do serán abandona Ferrol para dirixirse ao Pazo de Meirás onde o agardaban a súa dona e filla lugar onde cea e pasa a noite.

O día 22 Franco desprazase pola mañá desde o Pazo de Meirás á Coruña co fin de asistir ao seu nomeamento como Alcalde honorario e recibir a medalla de ouro da cidade. Dase un baño de masas na cidade (e de auga, xa que foi un día no que choveu moito na cidade). Tamén acude a un acto no que se coloca o primeiro riel do tren A Coruña-Santiago de Compostela. (ver crónica no diario ABC)
O día 23 os Franco permanecen todo o día no Pazo sen sair. Pola tarde o ditador da un percorrido completo polos xardíns e inspecciona as obras que se estan a levar a cabo nese momento. Ao mediodía almorzan os Franco acompañados da irmán da dona do ditador Isabel Polo e os ministros de defensa e industria e comercio. Ese mesmo día se celebra unha Comisión Permanente no Concello da Coruña onde a corporación acorda agradecer ao ditador a visita ofrecida o día anterior.

O día 24 os Franco acuden desde o Pazo de Meirás a Caión.


O día 25 os Franco dan por rematada a súa estancia no Pazo de Meirás saindo pola mañá ao redor das dez e media por estrada con destino a Burgos. No camiño fan unha parada en Lugo onde o aparello franquista ten preparado unhas xornadas do estilo das organizadas os días anteriores en Ferrol e A Coruña aprobeitando a estancia do ditador no Pazo de Meirás.

Setembro: O día 2 chegan ao Pazo de Meirás co fin de pasar uns días de vacacións a dona do ditador Carmen Polo Valdés e a filla destos Carmen Franco Polo.

O día 4 Carmen Polo e filla visitan aos marqueses de Loureda en Nos (Oleiros) acompañados de Muñoz de Aguliar e dona. Neste día acuden tamén a Ferrol e van á praia de Riazor.

O día 6 a dona do ditador Carmen Polo concede no Pazo de Meirás unha audiencia á "Junta del Patronato de Caridad". Pola tarde acude a orar á catedral de Santiago de Compostela acompañada da súa irmán e de Serrano Suñer, ademais do gobrnador civil Muñoz de Aguilar e outras "autoridades" militares.

O día 7 a dona do ditador desprazase desde o Pazo de Meirás á igrexa de "San Jorge" na Coruña onde entra baixo palio para oir misa. Ao remate desta dirixese ao Concello da Coruña onde preside un acto de entrega de brazaletes e medallas ás enfermeiras da Cruz Veremella.

O día 8 Carmen Polo pasa toda a mañá na praia xunto a súa filla.  Pola tarde da un paseo polos arredores de Sada, regresando cedo ao Pazo de Meirás.

O día 9 a dona e filla do ditador oen misa pola mañá na capela do Pazo e despois desprazanse ate Sada onde visitan un "asilo" co fin de facer caridade. Levan tabaco e roupa vella. Pola noite, ás dez, chega en automóbil o ditador Franco ao Pazo de Meirás.

O día 10 permanecen os Franco no Pazo de Meirás durante todo o día. O ditador adica a maior parte do tempo a paseos polos xardíns do Pazo.

O día 11 Franco acude coa súa dona pola mañá á praia de Bastiagueiro. Pola tarde regresan ao Pazo de Meirás recluindose alí o resto do día.

O día 12 os Franco acuden a Santiago de Compostela, Vigo e Pontevedra.

O día 13 os Franco acuden a Ourense desde o Pazo de Meirás.

O día 14 Franco pasa todo o día sen sair do Pazo paseando polos xardíns e arredoes de Meirás e pechado no seu despacho. A súa dona viaxa ate A Coruña realizando algunhas "compras" en diferentes comercios da localidade.


O día 15 os Franco acuden pola mañá á praia de Bastigueiro, pasando o resto do día no Pazo de Meirás.

O día 16 os Franco permanecen durante todo o día no Pazo saindo só a dar un paseo polos arredores de Sada.

O día 17 os Franco dan por rematada a súa estancia no Pazo de Meirás.

No hay comentarios:

Publicar un comentario