1940

É o ano que Franco escribe a Hitler o 3 de xuño "mi mayor deseo es no quedar al margen de sus preocupaciones". O 23 de outubro producese a entrevista entre os dous fascistas en Hendaya.

Maio: Neste mes anunciase publicamente a confección en Ferrol dunha arqueta de madeira tallada que contén a póliza que asegura o Pazo de Meirás acompañada dun pergamino para a súa entrega ao ditador. A arqueta de madeira tallada foi obra do artista Carmelo González.

Agosto: O día 10 Carmen Polo e a súa filla pasean polo Pazo ate as 12, hora na que a dona do ditador sae a buscar a Betanzos a súa irmán Isabel que pasará uns dias con elas no Pazo. Pola noite Carmen Polo acude a unha festa no parque do Casino da Coruña.

O día 13 a dona do ditador na compaña da súa filla desprazanse desde o Pazo de Meirás a Ferrol onde visitan varias tendas e "compran" antigüidades. Despois de visitar o porto regresan ao Pazo.

O día 18 abandona o pazo de Meirás Julio Muñoz de Aguilar, por ataque de apendecite da súa filla en San Sebastian.

O día 20, o ministro do aire, o xeneral Vigón, visita ao ditador Franco no Pazo de Meirás. O ditador acude coa súa dona á praia de Bastiagueiro que foi pechada ao público.

O día 21 o Ministro de Noruega en España visita a Franco no Pazo de Meirás.

O día 25 oe misa pola mañá na capela do Pazo de de Meirás. Este mesmo día viaxa desde o Pazo a Ferrol, onde acude a unha recepción na Capitanía.

O día 26 pola mañá recibe en audencia no Pazo de Meirás ao xeneral Martín Alonso. Tamén recibiu a unha comisión de alcaldes para a entrega de medallas de alcalde honorario. Pola tarde o ditador desprazouse a Fisterra onde visita o faro e o santuario. Despois de facer un "donativo" regresou ao Pazo de Meirás.

O día 27 os Franco deprazanse desde o Pazo de Meirás a Muxía de excursión.

O día 28 Franco desprazase desde o Pazo de Meirás a visitar o SEU en Bergondo.

O día 29 o ditador permaneceu case toda a mañá recluido no seu despacho no Pazo, desprazandose á praia de Bastiagueiro ao mediodía onde estaba a súa filla Carmen. Pola tarde permaneceu no despacho do Pazo e a última hora da tarde subiu en coche a A Coruña onde deu un paseo.

O día 30 os Franco desprazanse desde o Pazo de Meirás ate a Coruña para visitar a Grande Obra de Atocha.


Setembro: O día 7 os Franco chegan a Donostia procedentes do Pazo de Meirás. Este será o primeiro ano que pasa parte das súas vacacións en Euskadi, xunto con Meirás. As últimas vacacións que Franco pasará en terras vascas serán en 1973.

No hay comentarios:

Publicar un comentario