1941

É o ano da División Azul. 18.000 soldados saen ao frente de Rusia. Eran os compromisos de Franco con Hitler.

Agosto: O día 8 os Franco comezan as súas vacacións no Pazo de Meirás.

O día 12 permanece todo o día no Pazo saindo á tardiña a dar un paseo pola parroquia de Meirás. Durante a tarde o ditador recibiu no Pazo ao subsecretario da presidencia.

O día 14 sae o ditador acompañado do seu séquito do Pazo de Meirás a Coruña ás dez menos cuarto da mañá. Asiste na bahía da Coruña a uns exercizos militares que presenza a bordo do cruceiro Canarias.Regresa ao Pazo ao redor das nove da noite.
O día 18 pola mañá o ditador Franco presencia unhas maniobras militares na Coruña. Ao rematar estas regresa ao Pazo.

O día 19 os Franco saen do Pazo de Meirás a primeira hora da tarde para embarcar no "almirante Cervera" no que navegarán ate Ferrol, a cuia ria chegan ás catro e media da tarde. Alí visita o asteleiro dentro dos actos programados polo aparello franquista.

O día 20 o ditador sae do Pazo de Meirás para visitira os albergues falanxistas situados en Almeiras e Bergondo acompañado de diferentes "autoridades" falanxistas da provincia e onde entona o "Cara al sol".

O día 21 o ditador pola tarde, acompañado do ministro de marina, ofreceu unha recpeción no Pazo a diferentes "autoridades" franquistas. Celebrouse unha festa que rematou ao redor das nove da noite e onde actou o coro Cantigas da Terra.

O día 26 o ditador desprazase ate Vigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario