1942

É o ano que Franco se entrevista en Badajoz co outro fascista europeo. O presidente de Portugal Oliveira Salazar.

Xullo: O día 25 chegan ao Pazo de Meirás ao redor das oito da noite a dona do ditador e a súa filla Carmen.

Agosto: O día 2 Franco chega ao Pazo de Meirás para iniciar as súas vacacións. Chegou ao redor das oito do serán desprazandose en coche desde Madrid. O ditador detivose para almorzar no camiño no albergue de La Bañeza. No Pazo agardaba a súa dona e a súa filla.

O día 3 acude Franco coa súa dona á praza de touros da Coruña para presenciar unha corrida. Ao rematar esta, regresa ao Pazo.

O día 10 o ditador visita Ferrol e A Coruña co fin de darse "un baño de masas". En Ferrol fai unha visita aos asteleiros.

O día 11 Franco desprazase desde o Pazo ao Club Nautico da Coruña, que presidía Pedro Barrie de la Maza, co fin de "presidir" unha regata de "Anduriñas". Chega ás 6 e dez minutos, regresando ao Pazo ás 8 do serán.
O día 17 o ministro "secretario general del movimiento" Arrese que se atopa aloxado no Pazo, sae del con destino a Lugo co fin de inaugurar un monumento aos "caidos". É recibido nesta cidade polo obispo. Escoita misa e despois visitou Sarria e Monforte. Unha vez rematadas estas visitas volta o Pazo de Meirás

O día 20 saen os Franco do Pazo de Meirás con destino a Santiago de Compostela, a onde chegan ás 12 e cuarto. Son acompañados por un sequito franquista ate a catedral onde cumpren cos seus ritos relixiosos. A unha pon destiño a Vigo, parando primeiramente a xantar en Pontevedra, na sede da Deputación Provincial onde chega ás 14 horas. As tres da tarde continua vixe parando en Marin antes de dirixirse a Vigo. (ver cronica dos actos en Vigo no diario ABC). Alí preside unha manifestación falanxista.

O ditador en Vigo o 20 de agosto de 1942

O día 21 acude desde o Pazo de Meirás a Lugo co fin de recibir o título de alcalde honorario e a medalla de ouro da cidade. (Ver cronica no diario ABC)

O día 23 o ditador recibe na Casa da "Falange" da Coruña de mans do exercito as insignias da "Legión", e de mans do partido as "flechas yugadas". Diante desta noticia o diario "La Voz de Galicia" publicaba "La Coruña, franca y airosa como un bajel anclado al costado de España, empavosará los mastiles de su ilusión y sera caja de resonancia para las sirenas del entusiasmo popular"
Ver cronica da visita do ditador á cidade da Coruña no diario La Vanguardia.
Pola tarde os Franco acuden ao Club Nautico da Coruña para presenciar unha competición de regatas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario