1943

É o ano que por presións de EEUU e Inglaterra regresa a División Azul.

Abril: O día 13 chega Franco por estrada ao Pazo de Meirás.

O día 14 inaugura o tramo de ferrocarril A Coruña-Santiago.
 Imaxes da inauguración do ferrocarril A Coruña-Santiago de Compostela polo ditador Franco

O día 15 Franco inaugura a ponte do Pedrido ("El Pedrito, como recolle a cronica do ABC da epoca), desprazandose desde o Pazo de Meirás (ver crónica da época no diario ABC)

O día 16 os Franco finalizan a súa estancia no Pazo de Meirás marchando desde alía Zamora (ver cronica no diario ABC)
Inauguración da Ponte do Pedrido en 1943 polo ditador Franco

Agosto: O día 1 chegan ao Pazo de Meirás por estrada desde Madrid os Franco co fin de iniciar as súas vacacións.

O día 4 chegan ao Pazo de Meirás convidados polo ditador, e co fin de pasar uns dias de vacacións, o presidente das Cortes Esteban Bilbao e a súa dona.

O día 7 os Franco desprazanse desde o Pazo de Meirás ao Club Nautico da Coruña para presidir unhas regatas de balandros e entregar o trofeo que leva o nome do ditador.


Entrega de trofeos do campionato de regatas "Copa Generalisimo" polo ditador no Club Nautico da Coruña

O día 11 chega en tren a A Coruña o ministro do exercito, o xeneral Asencio que se despraza ao Pazo de Meirás.

O día 15 o ditador acude desde o Pazo de Meirás a Marín a inaugurar a Escola Naval Militar.

Proxecto da escola militar de Marín inaugurada polo ditador Franco

O día 18 o ditador acude desde o Pazo de Meirás a Guitiriz (Lugo) a presenciar unhas maniobras militares.

O día 20 visita do embaixador inglés Gurney Hoare ao Pazo de Meirás para reunirse con Franco. Nesta visita solicitase a retirada da División Azul e co fin de presionar a Franco dada a súa posición pronazi na II Guerra Mundial.
Este día chega tamén procedente de Oviedo o ministro de asuntos exteriores, xeneral Conde Jordana.

Tamén, e presididos polo almirante Moreno, celebranse na Coruña os actos do "homenaje a la Marina".


O día 21 Franco sae do Pazo de Meirás con destino a A Coruña para presidir un torneo de regatas. (ver cronica no diario ABC)

O día 22 o ditador desprazase dese o pazo de Meirás a Santiago de Compostela onde preside a "peregrinación nacional de falange".

O día 23 Franco sae do Pazo de Meirás para visitar Ferrol (podese ver na imaxe inferior). Regresa ao Pazo ao redor das nove da noite. Este día tamén recibiu no Pazo de Meirás ao embaixador britanico en Madrid Samuel Hoare
O ditador Francoen Ferrol no verán de 1943 co ministro secretario xeral da falange e o alcalde da cidade de Ferrol
O día 26 o ditador sae do Pazo de Meirás para visitar o mosteiro de Samos, Lugo e unha granxa agropecuaria. (ver cronica no diario ABC)

O día 28 sae o ditador con destino a Santiago de Compostela para recoller o nomeamento de Alcalde perpetuo da cidade. Este mesmo día visita o palacio de Salcedo en Pontevedra, ao Bispo de Madrid Alcalá,por atoparse enfermo no seu domicilio particular en Vigo. Tamén visita as excavacións arqueoloxicas que se están a executar no Castro de Meirás, moi perto do Pazo. (ver crónica no diario ABC)

O día 29 visita Pontevedra, presidindo diferentes actos.

O día 30 visita Vigo.

Este verán, pasa uns días co ditador Franco aloxado no Pazo de Meirás o ministro e Secretario Xeral da Falange, Jose Luis Arriese.

Setembro: O día 1 dan os Franco por rematadas as vacacións no Pazo, chegando de regreso ao "Palacio del Pardo" as nove da noite dese día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario