1944

Comeza a resistencia e a proliferación dos coñecidos como Maquis. Juan Borbón proponlle a Franco neste ano que lle ceda o trono.

Abril: O Concello de Sada (municipio onde esta ubicado o Pazo de Meirás)acorda o día 13 o nomeamento de fillo adoptivo e alcalde honorario de Sada a Franco. O Pleno da corporación de Sada retirou todos os honores a Franco en xaneiro de 2008 (ver informe do concelleiro instructor do expediente) (ver acordo adoptado polo pleno)

Agosto: O día 1 chegan os Franco ao Pazo de Meirás para iniciar as súas vacacións. Chegaron por estrada desde Madrid ás nove e media da noite.

O día 3 os Franco desprazanse desde o Pazo de Meirás a Ferrol onde o ditador preside os actos de botadura de catro novos "cañoneros" (ver cronica no diario ABC)

O día 5 a filla do ditador Carmen Franco Polo acude desde o Pazo de Meirás a Santiago de Compostela acompañada da súa tia Isabel Polo e o marqués de Huerta e a súa dona, á catedral para orar diante o apostolo. Pola tarde regresan ao Pazo.
O día 8 o ditador desprazase desde o Pazo de Meirás á Coruña para entregar trofeos nun Concurso Hipico e ao Club Nautico da Coruña, tamén para entregar trofeos (Ver cronica no diario La Vanguardia)
O día 9, Franco desprazase do Pazo de Meirás a Ribeira (ampliar información en "El Correo Gallego"). Ver tamén cronica no diario La Vanguardia.


O día 12 realizase no Pazo de Meirás o acto de toma de posesión do Ministro de Asuntos Exteriores Jose Felix de Lequerica (ver crónica no diario ABC)
O día 13 o ditador sae pola mañá do Pazo de Meirás ao Graxal en Cambre para presidir a imposición de emblemas na "Escuela de formación falangista Santiago Apostol".


O día 15 Franco e a súa dona acuden desde o Pazo de Meirás ao porto da Coruña onde o aparello franquista preparara un recebimento militar. Despois desprazaronse ao Club Nautico da Coruña para presenciar un torneo de regatas. (Ver cronica no diario ABC)
O día 18 pola tarde desprazase en coche ate Sada para recibir a medalla de de Ouro da Vila e os títulos de Alcalde Honorario de Fillo Adoptivo de Sada.


O día 24 desprazase desde Donostia o ministro "secretario general del movimiento" Arrese coa súa dona ao Pazo de Meirás.
O día 25 o ditador sae do Pazo pola tarde para visitar tres campamentos da falanxe instalados en tres puntos diferentes da comarca. O acompaña todo o aparato falanxista da provincia. O primeiro que visita é o de Almeiras ao que chega ás cinco e vintecinco do serán. O segundo é o do SEU en Bergondo, o que chega as sete menos cuarto, e o terceiro e último é o chamado "Francisco Franco" moi perto do anterior. Chegou a esta visita ás oito menos vinte agardando alí, xunto a outras "autoridades" o Alcalde de Sada. Regresa o ditador ao Pazo de Meirás sendo ás nove e media da noite. Ese mesmo día chega a ultima hora da tarde ao Pazo de Meirás o ministro "secretario general del movimiento" Jose Luis Arrese para pasar uns días.
O día 26 o ditador desprazase desde o Pazo de Meirás a Pena Moa na Coruña para presenciar unhas maniobras militares. A filla, Carmen Franco desprazase a Pontevedra onde a Deputación lle organizara unha festa.
O día 27 o ditador desprazase desde o Pazo de Meirás a Pontevedra para recibir a medalla de ouro da cidade (Ver crónica do día do ditador en Pontevedra no diario La Vanguardia). Tamén acude a Vigo á clausura daexposición industrial de Galicia e clausuraen Balaidos o campionato de atletismo do "frente de juventudes".


O día 30 o Concello da Coruña organiza unha batalla de flores en honor á filla do ditador Carmen Franco Polo á que asiste no palco de "autoridades". O Concello faille entrega dun agasallo que consistía nuna copa xoieiro e que estaba grabada co seguinte texto: "Batalla de flores homenaje del Ayuntamiento de La Coruña á señorita Carmen Franco Polo. Agosto de 1944".

Novembro: O Concello de Sada acorda solicitar a Franco que lle sexa concedido o titulo de cidade ao concello onde Franco pasa os veráns.

No hay comentarios:

Publicar un comentario