1945

Neste ano nace a ONU. España é rexeitada por aclamación formar parte dela ao ter un rexime fascista.
Xullo: Franco concede o día 13 o título de cidade ao Concello de Sada.

O día 28 chegan os Franco ao Pazo de Meirás para iniciar as súas vacacións. Chegaron por estrada  desde Madrid ás nove menos cuarto da noite.
Nova publicada na "Hoja del Lunes" do 30 de xullo de 1945

O día 30 Franco e a súa dona desprazanse pola tarde desde o Pazo de Meirás á catedral de Santiago de Compostela para orar. Despois desprazanse a Padrón.

Agosto: O día 4 chega ao Pazo de Meirás o presidente das cortes Esteban Bilbao que pasará alí uns dias.

O día 6 o ditador sae do Pazo de Meirás para asistir en Riazor a un concurso hípico.

O día 7 sae con destino para o Pazo de Meirás o ministro de industria e comercio co din de pasar uns dias.

O día 8 os Franco saen do Pazo de Meirás con destino a Ferrol, onde chegas ás cinco do serán, co fin de asistir aos actos preparados polo aparato franquista con motivo da botadura de catro "cañoneros".


O día 9, o ditador acompañado da súa dona acuden desde o Pazo de Meirás á praza de touros da Coruña para presenciar unha corrida.

O día 10 a dona do ditador Carmen Polo desprazase desde o Pazo de Meirás a Santiago de Compotela acomapañada do presidente das cortes para orar na catedral.

O día 14 o ditador acude desde o Pazo de Meirás a Marín onde presencia unhas regatas.

O día 17 a filla do ditador Carmen Franco preside na Coruña unha mesa petitoria da Cruz Vermella.

O día 19 os Franco visitan Padrón e A Coruña. (ver crónica da epoca publica no diario ABC)
O día 21 visita ao ditador no Pazo de Meirás o ministro do exercito Fidel Davila.

O día 23 o ditador pernocta en Vigo.
O día 24 onde mantén unha reunión co Alcalde e Corporación de Vigo e inaugura a Gran Vía,  avenida adicada ao "generalisimo" desde 1936. De camiño de volta o ditador, dona, filla e séquito fan unha visita ás zonas repoboadas do Morrazo convidados pola Deputación de Pontevedra. Despois fai unha nova parada no monte Acibal onde asiste a un exercizo táctico do rexemento de infantería nº 43. Continua viaxe e volta ao Pazo de Meirás pasando sen deterse por Santiago de Compostela as 19 horas. Fai unha última parada no Pazo de "Jaramello" propiedade dos Rivero de Aguilar onde toma unha merenda. Pola noite chega por fín ao Pazo de Meirás.
O día 26 o ditador desprazase desde o Pazo de Meirás ao porto de Sada, onde embarca na goleta "Estrella Polar", un buque escola da mariña mercante española. A bordo deste barco desprazase a A Coruña para presenciar desde o Club Nautico da Coruña unhas regatas de balandros e entregaros trofeos que levaban o seu nome.

O día 28 o ditador ofrece unha comida no Pazo de Meirás á que son convidados o gobernador civil e xefe provincial do "movimiento" Yraola, o alcalde da Coruña Vázquez Peña e o banqueiro e presidente do club nautico da Coruña Pedro Barrie de la Maza. Pola tarde o ditador navega a bordo dunha lancha motora na bahía de Sada.

O día 30 chegan ao Pazo de Meirás o ministro de asuntos exteriores Alberto Martín Artajo e a súa dona.

O día 31 a dona do ditador desprazase desde o Pazo de Meirás a Santiago de Compostela a orar na catedral.

Setembro: O día 4 a filla do ditador Carmen Franco desprazase desde o Pazo de Meirás a Santiago de Compostela onde ora na catedral. Despois dirixese ao balneario da Toxa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario