1946


O ano do bloqueo a España. Producese a declaración conxunta de Londres, Paris e Washington contra Franco, que provoca unha serie de repobracións ao réxime. Franco só conta co apoio de Salazar (Portugal) e Perón (Arxentina).

Agosto: O día 18 chega o ditador á A Coruña co fin de iniciar as vacacións no Pazo de Meirás. Desprazase desde Gijón por mar a bordo do "crucero Galicia" ate o porto da Coruña, proseguindo viaxe posteriormente por estrada. Asúa filla e dona fixeran a vixe en automóbil desde Gijón.
O día 19 o ditador desprazase na compaña da súa filla desde o Pazo de Meirás ao Club Nautico da Coruña onde embarca no iate Azor no cal realizou unha xira pola ria de Sada.

O día 26 a dona do ditador Carmen Polo desprazase desde o Pazo de Meirás á catedral de Santiago de Compostela para orar. A súa filla pasa a tarde no Club Nautico da Coruña.

O día 27 o ditador desprazase desde o Pazo de Meirás ao Club Nautico da Coruña para presenciar unhas regatas de balandros e traineras do exercito, da armada e de sindicatos. Ese mesmo día pola mañán visita ao ditador no Pazo o ministro da gobernación Blas Pérez González.
Os días 29 e 30 celebrase Consello de Ministros no Pazo de Meirás. Este é o primeiro ano que se celebra, e a partir deste momento celebrarase un todos os veráns ate o ano da morte do ditador en 1975. (Ver cronica do Consello de Ministros no diario ABC)

Membros da casa civil e militar do ditador conversan nos xardíns do Pazo de Meirás antes da celebración do primeiro consello de ministros que se celebra no Pazo (1946)

Os membros do Consello de Ministros celebrado no Pazo de Meirás en 1946

O día 31 o ditador desprazase desde o Pazo de Meirás ao monte de San Pedro na Coruña co fin de asistir a unhas maniobras militares que son suspendidas polo mal tempo.

Setembro: . O día 2 o ditador desprazase desde o Pazo de Meirás ao estadio de Riazor para presenciar uns campionatos de atletismo do frente de xuventudes. Ao rematar este deprazase ao Concello da Coruña onde ofrece diferentes recepcións. Rematadas estas regresa ao Pazo de Meirás.

O día 3 os Franco desprazanse desde o Pazo a Fisterra.
O día 4 a dona do ditador desprazase desde o Pazo á catedral de Santiago de Compostela.
O día 6 Franco desprazase a bordo do "cañonero Pizarro" a Muros. A súa dona visita Santiago de Compostela.
O día 7 Franco chega á ria de Noia a bordo do iate Azor.
O día 10 o ditador sae do Pazo de Meirás co fin de facer unha excursión por diferentes puntos do litoral galego. Visita Sanxenxo e Pobra do Caramiñal. A sú dona e filla viaxan a Portugal.
O día 13 continua a excursión maritima do ditador. Neste día navega pola ria de Vigo, mentras a súa dona visita tendas nesa cidade.

O día 14 o ditador desembarca do Azor no Porto de Sanxenxo onde marcha en automóbil á Toxa acompañado pola súa dona e filla. Dalí partiu para Santiago de Compostela onde parou na catedral. As dez menos cuarto da noite puxeron rumbo ao Pazo de Meirás.
O día 17 o ditador ofrece no Pazo de Meirás unha recepción a unha comisión de agricultores da provincia de Pontevedra na que participou o gobernador civil desa provincia. Ao mediodía ofreceu unha comida no Pazo ás "autoridades" coruñesas.
O día 18 os Franco dan por rematada a súa estancia no Pazo de Meirás regresando por estrada a Madrid.

No hay comentarios:

Publicar un comentario