1947

É o ano da aprobación da Lei de sucesión via referendum amañado. Neste ano producense fortes ofensivas contra os maquis.Setembro: O día 11 a dona e filla do ditador visitan Pontevedra, Marín e Rande.

O día 13 regresan ao Pazo de Meirás despois da súa estancia na Toxa a dona e a filla de Franco.

O día 15 finaliza o ditador na Pobra do Caramiñal, varias xornadas de pesca polas rías galegas a bordo do iate Azor, regresando ese día por estrada ao Pazo de Meirás. Na Pobra do Caramiñal o cura párroco entregalle o título de "hermano mayor de la Cofradía Jesús Nazareno". No camiño fai unha parada na catedral de Santiago de Compostela para oir misa.
O día 20 saen de Madrid en tren os ministros franquistas con destino a A Coruña.

O día 21 o ditador recibe no Pazo de Meirás ao ministro do aire. Desprazase desde o Pazo ao Club Nautico da Coruña para presenciar unhas regatas de traineras e balandros.


O día 22 reunese no Pazo o Consello de Ministros presidido por Franco. Ese mesmo día a dona e filla do ditador visitan Ferrol.

O día 23 Franco sae do Pazo con destino a A Coruña para inaugurar o novo pavillón da escola elemental de traballo do instituto Ibañez Martín, da escola de comercio Nicolás Arias Andreu, do museo provincial de belas artes e do novo edificio do goberno civil da Coruña. Pola noite os Franco acuden á tradicional cea de gala no Concello da Coruña.

O día 24 a dona do ditador acude desde o Pazo de Meirás ao goberno civil onde toma te coa dona do gobernador e outras "personalidades" coruñesas. Despois sae a fecer "compras" polas tendas de A Coruña regresando á noite ao Pazo.

O día 26 o ditador concede varias audiencias pola mañá no Pazo de Meirás. Despois afreceu un almorzo ao Capitan Xeral do departamento maritimo de Ferrol, ao Presidente da Deputación da Coruña, ao Comandante de mariña da Coruña e a Pedro Barrie de la Maza.

O día 27 Franco ofrece no Pazo de Meirás un almorzo a diferentes "autoridades" franquistas. Pola tarde acude desde Meirás ao Pazo de Mariñán onde visita un campamento xuvenil. A filla do ditador acude este mesmo día ao Club Nautico da Couña a unha festa organizada para ela por este club. A dona do ditador acudiu a Ferrol.

Franco con Alfonso Molina, que tomara posesión en maio deste ano como alcalde da Coruña

O día 29 os Franco dan por rematadas as súas vacacións no Pazo de Meirás regresando por estrada ao Palacio do Pardo en Madrid.

No hay comentarios:

Publicar un comentario