1948


España queda fora do coñecido como Plan Marshal. Encontro no iate Azor entre Juan Borbón e Franco, para tratar ao respecto do futuro rei Juan Carlos Borbón.


Xullo: O día 25 o ditador acude a Santiago de Compostela onde recibe aos peregrinos do SEU. No concello se impoñen medallas da cidade a diferentes ministros franquistas.

O día 27 os Franco premanecen todo o día no Pazo de Meirás.

O día 31, a muller do ditador e a súa filla, Carmen Polo e Carmen Franco, desprazanse do Pazo de Meirás a Santiago de Compostela. Alí, acuden á catedral a oir misa e despois acuden a unha tenda de antigüidades para facer "compras"

Agosto: O día 1 os Franco desprazanse desde o Pazo de Meirás á Praza de touros da Coruña para presenciar unha corrida. Esta corrida e a primeira que é retrasmitida por televisión.


O día 10 o embaixador da Republica Dominicana visita ao ditador no Pazo de Meirás. Ese mesmo día a súa esposa e filla acuden ao teatro Rosalía de Castro na Coruña para presenciar unha representación teatral.

O día 11 a dona e filla de ditador desprazanse desde o Pazo de Meirás a Santiago de Compostela onde acuden á catedral e á Casa de Troia.

O día 13 celebrase Consello de Ministros no Pazo (ver información recollida no diario ABC). Ese mesmo día visita o Pazo a filla do presidente de Filipinas, a señorita Victoria Ouirino. Pola tarde desprazase acompañada da filla do ditador a Santiago de Compostela. A última hora da tarde acuden a unha festa no Parque do Casino na Coruña.

O día 14 acude ao Club Nautico da Coruña para preseciar unhas regatas de balandros e traineras. Pola noite celebrase a tracional cea de gala no Concello da Coruña na que asisten os Franco.

O día 20 o ditador desprazase desde o Pazo ao colexio coruñes da Grande Obra de Atocha.

O día 21 os Franco da por rematada a súa estancia estival no Pazo de Meirás saindo con dirección a Burgos o ditador e a Asturias a súa dona e filla.





Imaxes dos Franco na Praza de touros da Coruña na primeira corrida televisada

No hay comentarios:

Publicar un comentario