1949

Nace a OTAN. EEUU defeine o estado español como un simbolo do fascismo, máis lle recoñece a súa estratexica importancia defensiva. Así este ano por primeira vez recala en Ferrol un buque da armada americana.Franco visita Barcelona ese ano explotando ate 10 artefactos explosivos en diferentes puntos da cidade. Visita tamén oficialmente Portugal.

Agosto: O día 26 chega Franco ao porto da Coruña a bordo do cruceiro "Miguel de Cervantes" co fin de iniciar as sús vacacións no Pazo de Meirás. Carmen Polo e a sús filla chegan por estrada desde Asturias ese mesmo día ao Pazo.

Setembro: Coincidindo coa estancia no Pazo do ditador Franco, visita a Coruña o Rei de Xordania Abdullah I. (Ver cronica da visita no diario "La Opinión de A Coruña").

O día 2 a filla do ditador acude desde o Pazo de Meirás á catedral de Santigo de Compostela. Despois continúa viaxe cara Pontevedra.

O día 4 os Franco oen misa pola mañá na capela do Pazo de Meirás desprazandose posteriormente ao Club Nautico da Coruña onde embarcan no iate Azor. No barco de recreo dos Franco ofrecen unha comida a diferentes "autroridades" da Coruña.

O día 5 o almirante xefe das forzas navais norteamericanas en europa Connolly, acompañado por un contralmirante e dous xenerales visitan ao ditador no Pazo de Meirás. Ese mesmo día unha representación dos marinos catolicos de estados unidos fixeron unha ofrenda ao apostolo. A división naval norteamericana atracara no porto de Ferrol o día 3.

O día 6 Franco ofrece un almorzo de gala ao rei de Xordania no Pazo de Meirás (ver crononica no diario ABC)

O día 7 o ditador Franco e o rei Abdullah visitan Ferrol. (ver crononica no diario ABC)
O día 9 Franco despide na Coruña ao Rei de Xordania.
O día 10 a dona e filla do ditador acuden desde o Pazo de Meirás ao Concello da Coruña onde as "autoridades" franquistas as agasallaron cun te "a usanza moura".
O día 13 o ditador acude desde o Pazo de Meirás á catedral de Santiago de Compostela onde entra baixo palio. Despois acude a unhas maniobras militares nun posto de mando perto de Santiago. Pola tarde visita Marín (onde estába atracado o iate Azor) e pola noite acude á tradicional cea de gala no Concello da Coruña.
O día 14 celebrase un Consello de Ministros no Pazo de Meirás.
O día 15 o ditador desprazase desde o Pazo de Meirás ate As Pontes onde inaugura a central térmica e as instalacións da mina Potorrebo. (ver crononica no diario ABC)
O día 16 Franco acude desde o Pazo de Meirás a Ourense onde inaugura o edificio do goberno civil, visita o Sanatorio de Piñor, o mosteiro de Celanova e os saltos de Belezar e Peares. Tamén inaugura o salto das Conchas.
O día 18 o ditador acude desde o Pazo de Meirás ao Club Nautico da Coruña para preseciar unhas regatas.
O día 19 Franco ofrece un almorzo no Pazo de Meirás a diferentes "autoridades" da provincia.
O día 21 os Franco saen do Pazo de Meirás a Vigo onde visitan o Club Nautico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario