1950


Comeza a diluirse o bloqueo internacional contra o réxime de Franco. Así ese ano EEUU concede un crédito ao estado español por 62,5 millóns de dolares. É un autentico batacazo para a oposición no exilio.

Agosto: O día 27 chega á Coruña o ditador Franco ao porto da Coruña a bordo do cruceiro "Almirante Cervera". Posteriormente e tras a recepción oficial das autoridades franquistas desprazase ao Pazo de Meirás co fin de iniciar as súas vacacións. A súa dona Carmen Polo, chegou tamen ese dia ao Pazo por estrada desde Oviedo.
O día 31 Franco adica todo o día á pesca a bordo do iate Azor. Desembarca entrada a noite no porto de Sada e regresa ao Pazo de Meirás.


Setembro: O día 3 os Franco saen ao mediodía do Pazo de Meirás con dirección ao Club Nautico da Coruña onde se atopaba atracado o iate Azor. Nesta embarcación ofrecen unha comida a diferentes "autoridades" entre as que estaba o Presidente do Club Nautico e procurador en Cortes Pedro Barrie de la Maza e o Alcalde da Coruña Alfonso Molina. Pola tarde a dona do ditador Carmen Polo acude a Santiago de Compostela acompañada dos marqueses de Villaverde (a súa filla e Cristobal Martínez Bordiu) que despois de parar na catedral continuan viaxe ao balneario da Toxa.
O día 8 celebrase Consello de Ministros no Pazo de Meirás.

O día 9 o ditador acude desde o Pazo de Meirás á Residencia sanatorial do seguro de enfermidade que a visita acompañado do ministro de traballo. Pola tarde acude ao Club Nautico da Coruña onde presencia unhas regatas e un campionato de bateis do frente de xuventudes. Na entrega de trofeos o ditador impón a medalla ao merito naval a Pedro Barrie de la Maza que fora acordada no Consello de Ministos do día anterior. Pola noite acude a unha cea de gala no Concello da Coruña.


Visita de Franco á Residencia sanatorial do seguro de enfermidade (hoxe hospital mterno infantil) o 9 de setembro de 1950

O día 13 sae pola tarde do Pazo de Meirás ao goberno civil da Coruña onde é agasallada cun te xunto a outras "autoridades" coruñesas.
O día 17 os Franco se atopan pasando xa uns días a bordo do iate Azor de xira polas rias galegas. Neste día chegaron á Pobra do Caramiñal onde asistiron á procesión de Xesus de Nazareno. Despois visitaron por estrada Corrubedo, Noia, Camariñas, Muxía e Santiago de Compostela. Despois regresaron ao iate Azor que estaba atracado no porto de Corcubión.
O día 21 Franco visita Ferrol. Despois de pasar polo Pazo á noite asiste a unha gala no teatro Colon da Coruña.
O día 25 visita o Pazo de Meirás o presidente de Portugal Oliveira Salazar que viñera por estrada pola mañá. Fixo unha parada na catedral de Santiago de Compostela para oir misa e ao mediodia almorzou no Pazo con Franco.

Franco e Salazar no Pazo de Meirás en 1950

O dia 26 Franco e Salazar visitaron Ferrol pola mañán, e pola tarde Vilagarcía de Arousa e A Toxa. Desde Sanxenxo cruzaron pola ria no Azor ate Marín e posteriormente foron a Vigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario