1951


Creanse este ano dous ministerios que terán despois certa relvancia. O de información e turismo, (con Arias Salgado) e presidencia (con Carrero Blanco)

Agosto: O día 27, tras unhas xornadas de pesca a bordo do iate Azor, chegan os Franco ao Pazo de Meirás para iniciar as súas vacacións en Galiza. Como todos os anos mobilizabase a todo o aparato franquista (falnxe, exercito, igrexa e representación civil). A imaxe inferior corresponde coa chegada do ditador ao Pazo este ano.


O día 29 a Deputación Provincial da Coruña, e co fin de agradecer ao ditador as súas estancias anuais, concede ao ditador que "sea considerado el número 1 en todos los títulos honorificos existentes en la Diputación Provincial y en los que se creen en lo sucesivo sin necesidad de acuerdo especial en cada caso, y que por consiguiente el glorioso Caudillo sea el primer hijo predilecto de la provincia de La Coruña, consignandose así en artistica placa que previa venia de S.E., le será entregada con toda solemnidad."
O día 30 o ditador sae do Pazo de Meirás para visitar o campamento "Francisco Franco" do frente de xuventudes situado na praia de Gandarío moi perto de Sada (ver cronica no diario ABC). A súa dona visita esa mesma tarde a Colexiata na cidade vella da Coruña.

O día 31 o ditador acude á praza de touros da Coruña onde chega desde o Pazo de Meirás ás cinco e media do serán, para presenciar unha corrida. Rematada esta, dirixese acompañado da súa dona ao palacio de María Pita onde asiste á I exposición bienal de arte galego. Despois dirixese ao balcón do concello onde presencia un desfile militar. Regresa ao Pazo de Meirás sendo as nove menos cuarto da noite.

Setembro: O día 3 a dona do ditador desprazase desde o Pazo ate A Coruña onde fai algunhas "compras". Despois acude ao Club Nautico da Coruña onde toma algo na terraza. Despois regresa ao Pazo de Meirás.
O día 4 o ditador e a súa dona acuden desde o Pazo de Meirás a Ferrol á botadura de tres novos buques para a armada española.

O día 7 celebrase Consello de Ministros no Pazo.

O día 8 os Franco presencian unha regata de traineras e balandros no Porto da Coruña. Pola noite asiste á tadicional cea de gala no Concello da Coruña. (ver cronica no ABC)
O día 14, Franco remite desde o Pazo de Meirás unha carta de resposta a Don Juan Borbón sobre a restauración da monarquía e determinados aspectos do réxime franquista.
O día 16 o ditador sae do Pazo de Meirás ás catro e media da tarde con destino a Marín. Para no camiño na catedral de Santiago de Compostela para orar. En Marín embarca no iate Azor.


Chegada do ditador Franco a Marín


O día 17 a dona do ditador desprazase tamén a Compostela e despois dirixese a Cangas onde a agardaba o iate Azor no que tamén embarca e se reune con Franco.
O día 18 o ditador pasa toda a mañá pescando a bordo dunha lancha e a súa dona fai un percorrido en automóbil pola zona de Cangas onde se atopaba fondeado o Azor, fronte a súa praia. Regresan ao iate os dous a unha e media do medio día para xantar. Despois acuden en atomóbil a A Garda onde visitan o monte de Santa Tecla. Despois siguen ruta agte Vigo a onde se deprazara o iate Azor embarcando alí.
O día 20 a dona do ditador viaxa desde o Azor por estrada a Pontevedra onde ora no santuario da divina peregrina. Pola noite os Franco ofrecen unha cea a bordo do iate Azor, atracado no porto de Marín, a diversas "autoridades" franquistas da provincia de Pontevedra.
O día 21, tras pernoctar en Marín a bordo do iate Azor, os Franco regresan a Madrid, dando por rematada a súa estancia en Galiza e no Pazo de Meirás.

Neste ano, o día 26 de febreiro nace María del Carmen a primeira neta de Franco e dispón do iate Azor que comezara a usar a partir deste ano.

Imaxes do ditador Franco no Pazo de Meirás no verán de 1951:




No hay comentarios:

Publicar un comentario