1952

O ano do "nacional catolicismo español", a versión do fascismo español. Celebrase en Barcelona o Congreso Eucarístico cunha grande mobilización de masas.
Agosto: O día 29 ás 17 horas chega Franco ao Pazo de Meirás para iniciar as súas vacacións (ver chamamento do Alcalde de Sada para acudir a recibir ao "Caudillo").

O día 31 os Franco acuden desde o Pazo de Meirás a A Coruña para asistir a unha novillada na praza de touros.

Setembro: O día 5 celebrase Consello de Ministros no Pazo de Meirás.

O día 6, o ditador acude a Sada a inaugurar o "fogar" falanxista de xuventudes. Tras a inauguración dirixese ao porto de Sada onde embarca no iate Azor para dirixirse a A Coruña co fin de presenciar un campeonato de regatas dese o Club Nautico da Coruña. Pola noite acude a unha cea de gala na súa honra e na que participan ministros do seu goberno

Os Franco inaugurando o fogar falanxista e xuventudes en Sada en 1952

O día 19 o ditador ofrece pola mañá no Pazo de Meirás unha audencia a diferentes "personalidades" do entorno franquista. Ao mediodía ofrece un almorzo no Pazo a diferentes "autoridades". Pola tarde o dtador desprazase ate A Coruña onde pasea xunto co alcalde da cidade por diferentes barrios.

O día 22 os Franco ofrecen en Vigo a bordo do iate Azor unha cea a diferentes "autoridades" da cidade.

O día 23 os Franco dan por rematada a súa estancia en Galiza e no Pazo de Meirás e poñen rumbo a Zamora, onde se dirixen para inaugurar a liña ferrea entre esta capital e A Coruña.

Neste ano, o 19 de novembro, nace Maria de la O a segunda neta de Franco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario