1953

O ano do grande triunfo para Franco da guerra fria. O 26 de setembro asina o pacto de Madrid no que a cambio de autorizar a construcción e uso de varias bases americanas, os EEUU concederán a Franco un crédito de 226 millóns de dolares en axuda militar e económica.

Agosto: O día 24 chega a dona do ditador ao Pazo de Meirás para iniciar as súas vacacións en Galiza. Procedente de Oviedo a acompaña os seus irmáns
O día 25 a dona do ditador sae do Pazo acompañada dos seus irmáns para asisitir na Coruña a unha representación no teatro Colón desta cidade.
O día 26 chega Franco ao Pazo de Meirás para comezar a súas vacacións en Galiza.

O día 30 os Franco saen do Pazo de Meirás para asistir á romaría galega en Santa Margarida na Coruña onde ofreceu un concerto en "honra ao Caudillo" o coro Cantigas da Terra.

Setembro: O día 1 a dona do ditador Carmen Polo, desprazase desde o Pazo de Meirás á catedral de Santiago de Compostela para orar. Despois regresa ao Pazo.
O día 3 a dona do ditador acompañada da súa filla e familia politica saen do Pazo de Meirás con dirección a A Coruña onde visitan a colexiata na cidade vella. Desprazanse ao Club Nautico da Coruña onde agaraban diferentes "autoridades", entre elas Carrero Blanco e esposa.
O día 5 os Franco saen do Pazo de Meirás pola tarde para acudir a unha corrida de touros en honra ao ditador na Coruña.

O día 6 os Franco saen do Pazo a medidía para almorzar a bordo do iate Azor que se atopaba atracado nas instalcións do Club Nautico da Coruña. Alí celebrouse en honra ao ditador o "Dia del Mar" con regatas de traineras, cucañas maritimas e unha demostración de salvamento maritimo de Matosinhos. Pola tarde os Franco acuden de visita ao Pazo de Faramello acompañados de varias "autoridades" civiles, militares e relixiosas.
O día 8 os Franco saen pola mañá do Pazo de Meirás para dirixirse á catedral de Santiago de Compostela para orar. Despois regresan ao Pazo.
O día 12 celebrase Consello de Ministros no Pazo. Nel aprobase o anteproxecto de construcción do aeroporto de Alvedro, e que sería inaugurado o 25 de maio de 1963. Pola tarde Franco preside unha regata de traineras e balandros na bahía da Coruña (ver crónica publicada no organo de propaganda da FET JONS de Cuenca). Pola noite celebrase unha cea de gala no Concello da Coruña.
O día 13 os Franco saen do Pazo de Meirás para almorzar no iate Azor, atracado no porto da Coruña.
O día 14 o ditador desprazade desde o Pazo de Meirás a Ferrol onde inaugura a Praza de España, o sanatorio de Catabois e o o palacio municipal.

Discurso de Franco en Ferrol na inauguración do palacio municipal o 14 de setembro de 1953

O día 17 o o ditador recibe no Pazo de Meirás en audiencia aos membros da Deputación Provincial da Coruña que lle fan entrega dunha placa artistica onde consta o nomeamento de "Primer hijo predilecto de la provincia". Mentras a súa dona desprazase á A Coruña acompañada da súa filla e irmá para orar na igrexa de San Nicolás. A mediodía os Franco ofrecen un almorzo no Pazo a diferentes "autoridades" franquistas.
O día 18 o ditador sae do Pazo de Meirás con destino a Corcubión onde embarca no iate Azor. A súa dona pasa o día visitando varios lugares da Coruña e facendo algunhas "compras". Pola tarde vai ao cinema e pola noite regresa ao Pazo de Meirás.

O día 20 Franco desembarca en Bueu do iate Azor dirixindose por estrada a Pontevedra onde visita o museo. Despois visitou a casa cuna, a igrexa de santa maría parando finalmente a orar xunto coa súa dona no saantuario da divina peregrina. Pola tarde visita os traballos de forestación en Figueirido.
O día 21 o ditador desembarca do iate Azor fondeado en Baiona para visitar o monte de Santa Tecla. Despois sigue viaxe por estrada ata Tui, para dirixisrse por último, ao Club Nautico de Vigo. Pola noite os Franco convidan a unha cea a bordo do Azor a diferentes autoridades locais de Vigo e da provincia de Pontevedra.
O día 22 os Franco dan por rematada a súa estadía en Galiza e regresan a Madrid. Saen de Vigo parando de camiño en Ourense, onde participaron en actos e no recebimento que as autoridades fanquistas lles tiñan preparado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario