1954


Ano de novo encontro entre o ditador e Juan de Borbón para tratar a formación do futuro rei.

Agosto: O día 27 chega a dona do ditador Carmen Polo ao Pazo de Meirás procedente de Oviedo e acompañada da súa filla e irmán.

O día 29 inicia Franco as súas vacacións no Pazo de Meirás. Chega ao porto de Sada no iate Azor ás 10 da mañá, escoltado polo "cañonero Sarmiento de Gamboa" para desprazarse despois por estrada ao Pazo (ver crónica no organo de propaganda da FET JONS de Cuenca) No porto de Sada o agardaban diferentes "autoridades" franquistas, o frente de xuventudes de Gandarío formado e a sección feminina de Sada. Pola tarde os Franco desprazanse desde o Pazo de Meirás a A Coruña para asistir a unha novillada na praza de touros desta cidade.

Setembro: O día 3 os Franco acuden pola mañá a Santiago de Compostela onde oen misa na Catedral. Pola tarde a muller do ditador e a súa filla desprazanse a Vigo, onde visita varias galerias de arte, e á Toxa.
O día 6 a dona do ditador xunto coa súa filla e familia politica deprazanse desde o Pazo de Meirás ao Club Nautico da Coruña. Desde alí irán ao complexo das ceramicas do Castro en Sada, onde fan unha visita.
O día 7 Consello de Ministros no Pazo. (Ver nova publicada no ABC)
O día 8 Franco desprazase desde o Pazo de Meirás a A Coruña onde inaugura o edificio de obras do porto da Coruña. Depois acude á sede do Club Nautico da Coruña, que presidía Pedro Barrie de la Mazas para presenciar unhas regatas de balandros e traineiras. Ese mesmo día pola noite os Franco acuden á "tradicional" cea de gala no Concello da Coruña.

Na imaxe superiorFranco inaugurando o edificio de obras do porto da Coruña. Na inferior dirixindose ao Club Nautico da Coruña. Na da dereita nas instalacións do Club


O día 10 a dona e filla do ditador desprazanse desde o Pazo de Meirás para visitar Muxía.
O día 13 os Franco "obsequian" cunha comida no Pazo de Meirás a diferentes "autoridades" civiles, militares e relixiosas.
O día 14 o ditador da por finalizada a súa estancia no Pazo de Meirás, acudindo alí pola mañá numerosas "autoridades" franquistas para darlle a despedida do ditador que segue de vacacións por Galiza a a bordo do iate Azor.  Este mesmo día a sección feminina da falanxe desprazase ao Pazo de Meirás a entregarlle unha serie de agasallos á dona do ditador que pola noite acude a A Coruña a unha representación teatral.
O día 16 pola tarde, a muller do ditador, Carmen Polo acompañada pola súa filla, inaugura a residencia de Mosteirón (a escasos metros do Pazo de Meirás), construida para albergar aos fillos de mariñeiros mortos no Mar. Despois acuden ao Teatro Colón a un acto de homenaxe a relixiosos.

Carmen Polo inaugurando a residencia de Mosteirón en 1954

O día 18 o Azor, co ditador a bordo fondea no Porto de Vigo, nas inmedacións do Cub Nautico. Carmen Polo xunto coa súa filla desprazanse desde o Pazo de Meirás para embarcar no iate. Na viaxe fan unha parada en Santiago de Compostela onde fan unha parada para facer algunhas "compras".

Durante as estancias dos Franco en Meirás non se permitía aos medios gráficos sacar imaxes do interior do Pazo de Meirás. Tan só dos exteriores, e as fotos típicas nos días de Consello de Ministros que se limitaban ao hall de entrada e á propia estancia onde se celebraban os Consellos. Neste verán de 1954, permitese polos Franco a toma de imaxes do interior, relaizandose polo NODO da época unha reportaxe dos Franco no Pazo, á que pertence a imaxe superior. Outros medios gráficos publican tamén fotos dos Franco e do Pazo de Meirás. É o caso do diario "La Vanguardia" que o 1 de outubro de 1954 publica fotos dos Franco no interior dos Franco, e que se pode ver na imaxe da esquerda.
Carmen Polo tamén visitaría este ano as ceramicas do Castro (Sada) acompañada da súa filla.
Nace o 9 de decembro nace Francisco o terceiro neto de Franco, o primeiro varón. Para perpetuar o apelido do ditador modifican a orde de apelidos.

Franco cunha das súas neta no Pazo de Meirás en 1954



No hay comentarios:

Publicar un comentario