1955


Este ano o estado español ingresa como membro da ONU

Agosto: O día 25 pasadas as seis da tarde e procedentes de Donostia, chegan os Franco ao Pazo de Meirás para iniciar a súa estancia alí e a segunda parte das súas vacacións de verán.

O día 29 a dona da ditador Carmen Polo, acompañada pola súa irmá desprazase desde o Pazo de Meirás a Santiago de Compostela onde visita a cartedral. Despois va ate A Coruña para ver unha pelicula no teatro Rosalía de Castro. Ao remate desta regresa ao Pazo.

Setembro: O día 2 celebrase Consello de Ministros no Pazo. Nel nomease a Candido Conde Pumpido como presidente da audiencia territorial de Valladolid. (ver máis)

O día 3 os Franco saen do Pazo de Meirás pola mañá para inaugurar o salto hidroeléctrico dos Peares, a onde chegan a unha e media do mediodía. Despois da inauguración visitaron o mosteiro de Oseira. Regresan a A Coruña a onde chegan ás dez e media da noite para asistir á "tradicional" cea de gala no Concello da Coruña.


O ditador Franco inaugurando o encoro dos Peares en 1955

O día 4 os Franco saen do Pazo de Meirás para dirixirse a almorzar a bordo do Azor, nas inmediacións das instalacións do Club Nautico da Coruña.



O día 5 os Franco saen do Pazo de Meirás a A Coruña para inaugurar a escola de maxisterio feminino a onde chegan ás doce e cinco minutos. Despois desprazanse aos xardíns de San Carlos para inaugurar a "Casa da Cultura".  Pola tarde asisten a unha corrida celebrada "en honor del Jefe del Estado" na praza de touros da Coruña.

 Os Franco ianugurando a escola de maxisterio feminino na Coruña en 1955


O día 11 os Franco saen do Pazo de Meirás para acudir ao Club Nautico da Coruña onde presencian a bordo do iate Azor, fondeado nas inmediacións do club, unhas regatas de balandros e traineras. Chegaron alí ao redor das seis da tarde, desprazandose en canoa desde o Club Nautico ate o Azor.




O día 12 o ditador sae a pescar a bordo do iate Azor na ría de Sada. Os medios de comunicación publican que este día o ditador pescou "despues de hora y media de lucha" a bordo da motora do Azor "A Marola" un atún de 255 kilogramos entre punta Coitelada e a Marola.
Na imaxe inferior podese ver o atún supostamente pescado polo ditador Franco no Porto de Sada.



O día 13 os Franco visitan Ferrol. Ao mediodía ofrecen un almorzo a bordo do iate Azor ás "autoridades" ferrolanas.

O día 15 o ditador recibe pola mañá no Pazo de Meirás ao "Consejo Provincial del movimiento de La Coruña". Tamén recibiu en audiencia a diferentes alcaldes da provincia. Así, o alcalde de Ortigueira faille entrega da medalla de ouro do municipio e o cura párroco de San Pedro de Mezonzo faille entrega dunha imaxe tallada do Santo (podense ver nas imaxes inferiores).  Ao mediodía ofreceu no Pazo a "tradicional" comida a diferentes "autoridades" franquistas da provincia da Coruña.

O alcalde de Ortigueira facendolle entrega ao ditador da medalla de ouro do concello no Pazo de Meirás en 1955

O cura parroco de San Pedro de Mezonzo acompañado polo alcalde da Coruña , Alfonso Molina Brandao, facendolle entrega dunha talla do santo no Pazo de Meirás en 1955
O día 16 os Franco saen pola mañá do Pazo de Meirás a Santiago de Compostela onde visitan o colexio maior da Estila e a Catedral. Despois os Franco seguiron viaxe en automóbil a Vigo onde inauguraron a residencia sanitaria "Almirante Vierna".  Rematada esta fixeron unha visita ao porto pesqueiro e puxeron rumbo de regreso ao Pazo de Meirás.

O día 18 os Franco saen pola mañá do Pazo para visitar o mosteiro de Sobrado dos Monxes a onde chegan ao redor das doce do mediodía. 
Franco en Sobrado dos Monxes en 1955



O día 19 os Franco despois de pasar a noite do iate Azor fondeado no porto de Sada dan por rematada a súa estancia no Pazo de Meirás e Galiza. Desembarcan do iate as nove da mañá e poñen rumbo a Madrid por estrada.


No hay comentarios:

Publicar un comentario