1956


Este ano Franco declara o estado de escepción motivado polas revoltas estudiantís que reclaman eleccións libres nas universidades.

Agosto: O día 28 o ditador chega a A Coruña a bordo do "Almirante Cervera" con perfecta celebración organizada polas "autoridades" franquistas para iniciar as súas vacacións de verán no Pazo de Meirás. Desde Oviedo chega por estrada a súa dona Carmen Polo ese mesmo día ao Pazo.

O día 29, Carmen Polo acude desde o Pazo ao Teatro Colón na Coruña para ver a obra "La cigueña dijo sí". A corporación municipal da Coruña fai constar nunha sesión plenaria a "profunda satisfacción por la estancia del Caudillo en el Pazo de Meirás".

Setembro: O día 4 a dona do ditador Carmen Polo, acude pola tarde desde o Pazo de Meirás á catedral de Santiago de Compostela. Despois, tras descansar no hostal dos reis catolicos, regresa ao Pazo.


O día 5 os Franco saen do Pazo de Meirás ás dez e medía da mañá para acudir a Ferrol par presidir a entrega dun petroleiro á empresa Elcano e a botadura dunha fragata rápida, facendo de madriña dos actos a dona do ditador Carmen Polo.

O día 6 Carmen Polo acude a ultima hora da tarde desde o Pazo de Meirás a unha festa benefica organizada por iferentes damas da burguesía coruñesa.

O día 8 Carmen Polo, muller do ditador, desprazase o Pazo de Meirás a Vigo e Pontevedra, onde acude a facer "compras" en tendas destas duas cidades. As oito e media pon rumbo por estrada de regreso ao Pazo de Meirás.


O día 9 os Franco navegan no Azor, atracando ás 2 da tarde no Club Nautico da Coruña e almorzando a bordo do iate. Pola tarde acuden ao estadio de Riazor para presenciar o partido de comezo de liga Deportivo-Atletico de Madrid. Ao rematar este, regresan ao Pazo de Meirás. Ese día a dona do ditador oe misa na igrexa de santa Lucía.

Os Franco a súa chegada ao estadio de Riazor na Coruña en 1956

O día 12 a dona do ditador acude desde o Pazo de Meirás a Santiago de Compostela onde visita a catedral, regresando despois ao Pazo.

O día 13 chegan todos os ministros franquistas á cidade da Coruña.

O día 14 celebrase un Consello e Ministros no Pazo de Meirás.

O día 15 os Franco acuden a unha cea de gala no Concello da Coruña a onde chegan pasadas as dez da noite. Tras a visita dos Franco a unha exposición de obras realizadas e proxectos de futuro para a cidade, e tras o lanzamento de lumes de artificio, os Franco regresan ao Pazo de Meirás pasada a unha da mañá. Pola mañá o ditador acudiu a Guitiriz a presenciar unhas maniobras militares.

O ditador á súa chegada ás maniobras militares en Guitiriz en 1956


O día 16 os Franco visitan Malpica para inaugurar a Casa do Pescador. Pola tarde acuden ao Club Nautico da Coruña para presidir unhas regatas de balandros e traineras. Pola mañá inaugura na Coruña o fogar Calvo Sotelo e a escola de nautica.

Vista da bahía da Coruña na competición de regatas presididas polo ditador Franco en 1956


Os Franco acompañados polo alcalde da Coruña Alfonso Molina, chegando á cea de gala no Concello en 1956

O día 17 o ditador concede unha audiencia no Pazo de Meirás a diferentes personalidades. Ao mediodía ofrece un xantar no Pazo a diferentes "autoridades" civís e militares. A continuación podense ver varias imaxes da audencia celebrada no Pazo ese ano:





O día 20 a dona do ditador Carmen Polo acude desde o Pazo de Meirás pola tarde a Santiago de Compostela para orar na catedral.

O día 23, despois de oir misa a bordo do iate Azor, fondeado perto das instalacións do Club Nautico de Vigo, os Franco desprazanse por estrada a San Estebo do Sil en Ourense onde o ditador inaugura unha central hidroeléctrica.

O día 24 os Franco dan por finalizada a súa estancia no Pazo de Meirás e Galiza, saíndo por estrada con dirección a Zamora. No percorrido fan diversas paradas programadas polos diferentes aparatos franquistas.

O 6 de xullo nace María del Mar, o cuarto neto do ditador.

No hay comentarios:

Publicar un comentario