1957

Ano da entrada dos tecnócratas e do Opus Dei no goberno de Franco.Agosto: O día 29 a dona do ditador chega ao Pazo de Meirás pasadas as once da noite e procedente de Oviedo. Chegan tamén este día os netos do ditador.

O día 30 chega o ditador Franco a bordo do iate Azor ao porto de Sada, desprazandose desde alí ao Pazo de Meirás por estrada para iniciar a súa estadía en Galiza.


Recibiento de Carmen Polo polas "autoridades franquistas" a súa chegada ao Pazo de Meirás en 1957

Franco desembarcando do Azor no porto de Sada con motivo da súa chegada ao Pazo de Meirás en 1957

Setembro: O día 1 os Franco desprazanse ate o Club Nautico da Coruña onde almorzan a bordo do iate Azor que se atopaba fondeado alí. No club os Franco foron recibidos por Pedro Barrie de la Maza entre outras "autoridades" franquistas. A dona do ditador acude pola noite ao teatro Colón a unha representación teatral.
O día 2 o ditador Franco recibe en audiencia no Pazo de Meirás ao arzobispo de Palermo.

O día 3 ditador Franco deprazase desde o Pazo de Meirás ao estadio de Riazor para presenciar un partido organizado para celebrar as "Vodas de Ouro" do Deportivo. A súa dona Carmen Polo acude ao parque do casino da Coruña a unha festa benefica.
O día 4 a dona do ditador sae pola mañá do Pazo para visitar a catedral de Santiago de Compostela. Unha vez que orou no templo regresa ao mediodía ao Pazo.

O día 5 Carmen Polo sae pola tarde do Pazo de Meirás a A Coruña. Da un paseo por varios puntos da cidade. Acude ao teatro Colón a unha representación e despois ao aire libre na praza de Maria Pita presencia as once da noite a zarzuela "Doña Francisquita".

O día 6 os netos de Franco acuden a unha festa infantil organizada para eles polo "frente de juventudes" na praza Maria Pita da Coruña.

O día 8 os Franco desprazanse desde o Pazo de Meirás ao Club Nautico da Coruña onde chegan a unha e almorzan a bordo do iate Azor. Desprazaronse desde o peirao do club nautico nunha motora ate o iate Azor (podese ver na imaxe da esquerda). Pola tarde acuden á praza de touros da Coruña para presidir unha corrida na "sua honra".

Franco na praza de touros da Coruña en 1957

O día 11 a dona do ditador Carmen Polo desprazase pola tarde desde o Pazo de Meirás a Santiago de Compostela para visitar a catedral. Tras pasar polo hostal dos reis catolicos regresa ao Pazo. Pola mañá visitara Ferrol.

O día 13 celebrase un Consello de Ministros no Pazo de Meirás.

(Na imaxe da esquerda podese ver unha portada do diario La Vanguardia que recolle fotografías do Consello de Ministros de 1957. Na fotografía inferior, unha instantanea na porta principal do Pazo de Meirás dos ministros co ditador Franco).

O día 14 Franco desprazase desde o Pazo de Meirás a A Coruña onde acude ao estadio de Riazor para presidir unha competición deportiva de equipos militares. Visita tamén o cuartel de artillería onde inaugura o salón de actos e preside un almorzo. Pola tarde desprazase en automóbil para visitar catro "explotaciones agrarias familiares protegidas". A primeira que visita é en Larín (Arteixo), a segunda en Erbecedo (Coristanco), a terceira en Cerqueda (Malpica de Bergantiños) e a cuarta e última en Coiro (Sada). Tras pasar polo Pazo de Meirás, Franco sae novamente de noite e acompañado pola súa dona, para asistir á "tradicional" cea de gala no Concello da Coruña onde chegan pasadas as dez e media da noite.

Franco de visita por "Explotaciones agrarias familiares protegidas"

Os Franco na cea de gala no Concello da Coruña en 1957

O día 15 os Franco acuden desde o Pazo de Meirás a unha e media do mediodía para inaugurar a Avenida da Vedra na Coruña (hoxe avenida Alfonso Molina). Encargase a dona do ditador Carmen Polo Valdés de cortar a cinta inaugural.
Pola tarde ás sete acuden ao Club Nautico da Coruña onde presiden un campionato de regatas.


O día 17 a dona do ditador sae do Pazo de Meirás para visitar pola mañá Vigo e pola tarde Vilagarcía de Arousa. Despois regresa ao Pazo de Meirás.

O día 18 Franco acude desde o Pazo de Meirás á inauguración dun pobo de pescadores en San Pedro de Visma facendo o acto de entrega das vivendas. Este día os Franco ofrecen un almorzo no Pazo de Meirás ás "autoridades" coruñesas.

O día 19 a dona do ditador Carmen Polo sae do Pazo de Meirás pola mañá para visitar Lugo onde asiste ao acto inaugural do novo museo provincial. Pola tarde "preside" na Coruña unha entrega de premios do "I certamen de teatro nuevo".
Carmen Polo visita Lugo en 1957 desprazandose desde o Pazo de Meirás
Carmen Polo presidindo a entrega de premios do "I certemen de teatro nuevo" na Coruña en 1957

O día 20 os Franco acuden desde o Pazo de Meirás a orar á catedral de Santiago de Compostela.

O día 23 os Franco dan por rematada a súa estancia no Pazo de Meirás e Galiza saindo car Avilés.

No hay comentarios:

Publicar un comentario