1959

Ano no que se inaugura o adefesio "Valle de los Caidos". O presidente dos EEUU visita oficialmente o estado español.

Setembro: O día 11 celebrase un Consello de Ministros no Pazo de Meirás.

O 12 acuden os Franco á xa tradional cea no Concello da Coruña. Pola mañá, asistiran acompañados de varios ministros a As Pontes de García Rodríguez co fin de inaugurar unha fábrica de "abonos nitroxenados".

O día 14 cubre o ditador unha ampla axenda de propaganda do réxime. Pola mañá recibe en audencia no Pazo ás "autoridades locais", en concreto ao "Consejo Provincial del Moviento" presidido polo gobernador civil, ás corporcións da Deputación Provincial e do Concello da Coruña, a Wenscelao Fernández Florez, na súa calidade de académico da Real Academia española, ao xeneral do exercito Hipolito Fernández Palacios e Pedro Echevarría Prado da Real Academia de Belas Artes. Ao mediodía ofrece unha comida ás "autoridades coruñesas". Almorzan no Pazo o presidente da Deputación, os alcaldes da Coruña e Ferrol coas súas respectivas donas, o cardenal arzobispo de Santiago de Compostela, o "Capitán General" da VIII "Región Militar" e dona, o tenente xeneral xefe da "Región Arerea Atlántica, o gobernador civil da Coruña e dona, o xeneral gobernador militar e dona, o comandante da marina e dona, o xefe da casa civil, o xeneral segundo xefe da casa militar e dona, o segundo xefe e intendente da casa civil e o "Ayudante de campo de sú Excelencia". Pola tarde visita o cuartel de Artillería nº 48 da Coruña onde pronuncia un discurso, visiona unha película realizada polo rexemento de infantería nº 19 onde se explica aos soldados "todo el inagotable alcance espiritual de la idea de la patria". Pola tarde, visita Santiago de Compostela onde é recibido polo Alcalde e polo cardenal arzobispo de Santiago. Tras abrazar ao apostolo na catedral, e tras un duro día de propaganda do réxime, regresou ao Pazo de Meirás.

O día 20 Franco acude a Ferrol a un acto relixioso en Ferrol, onde deu unha arenga política (ver crónica no ABC)

O día 21, varios parlamentarios norteamericanos visitan ao ditador no Pazo.

O día 22 o ditador finaliza as súas vacacións no Pazo, regresando por estrada ao Palacio do Pardo en Madrid. A súa dona, Carmen Polo, prolonga a súas vacacións permanecendo no Pazo.

O día 25 Carmen Polo acude a unha representación teatral no Teatro Colon da Coruña acompañada dos seus rmáns Felipe e Isabel e a dona de Emilio Rey Romero regresando ao remate a función ao Pazo de Meirás.

Neste ano, o 10 de febreiro nace o quinto neto de Franco, Jose Cristobal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario