1960

Ano do 3º encontro entre Juan de Borbón e Franco. Kennedy é presidente dos EEUU.Agosto: O día 30 chegan os Franco ao Pazo de Meirás para iniciar as vacacións de verán alí. Carmen Polo chega por estrada desde Asturias ás seis e media da tarde e Franco por mar a bordo do iate Azor que fondeaba no porto de Sada ás sete e media da tarde e onde agardaban as "autoridades franquistas da zona que organizaran os pomposos actos de benvida.

O día 31 os Franco desprazanse desde o Pazo de Meirás a Santiago de Compostela para orar na Catedral.

Setembro: O día 1 celebrase na praza de María Pita da Coruña unha festa infantil na honra das netas do ditador.

O día 2 a dona do ditador acude desde o Pazo de Meirás ao teatro Colón na Coruña para ver a obra de teatro de Nuria Espert "Dos para un balancín". Ao remate deste representación regresa ao Pazo de Meirás.

O día 4 os Franco desprazanse ao mediodía desde o Pazo de Meirás ao Club Nautico da Coruña onde almorzan a bordo do iate Azor fondeado nas inmediacións do club.

O día 6, a esposa do ditador Carmen Polo sae pola mañá do Pazo para visitar Vilagarcía de Arousa, A Toxa, onde acude ao balneario e Vigo. A última hora da tarde regresa desde a cidade olivica ao Pazo de Meirás.

O día 9 celebrase Consello de Ministros no Pazo de Meirás.

O día 10 o ditador acude desde o Pazo de Meirás pola mañá a A Coruña onde inaugura en Someso a escola de formación profesional acelerada. Este día tamén inaugura o internado "San Jose de Calasanz" nas Xubias e unha factoría bacallaeira.

O día 11 os Franco acuden desde o Pazo de Meirás á "coronación" da virxe do Rosario na praza de María Pita da Coruña. Preside o acto o cardenal Quiroga Palacios, actuando como padriños os Franco.

Este é o primeiro ano que se coroa a virxe do Rosario, moi de moda nestes anos noutras cidades e pobos do estado Español que chegaría este ano a A Coruña tras unha costación popular para facer a coroa na xoería coruñesa "Malde". 

O día 12 Franco desprazase desde o Pazo de Meirás co fin de inaugurar o salto de auga do Eume, ao que chega ás catro e media da tarde, e que comezara a construirse en 1955. Tamén inaugura en Ferrol o novo parador de turismo.

O día 13 o ditador ofrece unha recepción pola mañá no Pazo de Meirás ás seguintes persoas e entidades en audiencia civil:
"Comisión Ejecutiva de la Junta de la Coronación de la Virgen del Rosario"
"Cardenal arzobispo de Santiago de Compostela Quiroga Palacios"
"Corporación da Deputación Provincial da Coruña co gobernador civil da provincia e presidida polo ministro da gobernación"
"Consejo económico sindical provincial da Coruña co gobrnador civil e o Jefe provincial del movimiento presidido polo ministro secretario general del movimiento"
"Comisión do Concello de Viveiro presidida polo gobernador civil de Lugo"
"Consejo de gobierno de la asociación de antiguos combatientes de la provincia de Lugo acompañados polo gobernador civil e presidida polo gobernador civil de Lugo"
"Evaristo Martín Freire, gobernador civil da Coruña"
"Leo Welch presidente do consello da Standard Oil Company of New Jersey e Henry Wilson presidente no estado español de ESSO Iberia"
"Victoria Iglesias de Leiceaga"
"Jose Fariña Ferrero director do Banco de Crédito Local de España"
"Luis Legaz Lacambra, catedratico"
En audiencia militar, recibiu a unha "comisión de generales y jefes de guarnición presididas por Camilo Méndez Tolosa, capitán general".
Ao mediodía o ditador ofreceu no Pazo de Meirás un almorzo ás seguintes "autoridades":
"Cardenal arzobispo de Santiago de Compostela"
"Capitán xeneral da VIII rexión militar e dona"
"Capitán xeneral do departamento maritimo de Ferrol e dona"
"Teniente xeneral xefe da rexión aerea atlántica e dona"
"Gobernador civil da Coruña e dona"
" Xeneral Gobernador militar e dona"
"Alcalde da Coruña e dona"
"Presidente da Deputación Provincial"
"Comandante de mariña e dona"
"Alcalde de Ferrol e dona"
"Teniente xeneral xefe da casa militar de Franco"
"Xefe da casa civil"
"Segundo intendente da casa civil"
"Axudante de campo de Franco"

O día 14 os Franco desprazanse desde o Pazo a Samos para presidir os actos de inauguración do mosteiro-abadía que fora destruido por un incendio en 1951.

O día 17 a dona do ditador acude pola mañá desde o Pazo de Meirás a Santiago de Compostela onde ora na catedral. Despois continúa viaxe a Pontevedra onde visita o museo. Alí o director agasalla a Carmen Polo cunha talla de madeira réplica da virxe a Peregrina. Almorza no parador de turismo desa cidade.

O día 18 os Franco ofrecen unha cea ás "autoridades" viguesas a bordo do iate Azor, fondeado na ría de Vigo.

O día 19 tras a parafernalia franquista e os cañonazos do buque "Hernan Cortes", os Franco abandonan Vigo con dirección a Madrid ás 10 da mañá. Pasaran a noite a bordo do iate Azor fondeado na ría de Vigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario