1961

Ano de grandes protestas obreiras e estudiantís. Un grupo de militantes escindese do PNV e forman Euskadi ta AsKatasuna (ETA).O ditador sufre un accidente de caza.

Agosto: O día 23 chegan os Franco ao Pazo de Meirás. A súa dona viaxa por estrada e chega pola tarde ao Pazo. O ditador chega unhas horas despois, as sete e media da tarde ao porto de Sada a bordo do iate Azor. Tras presenciar os actos de "benvida" organizados no porto polas "autoridades" franquistas, desprazase en automóbil ao Pazo de Meirás.
Chegada do ditador Franco ao Porto de Sada en 1961

O día 27 o ditador e os seus netos saen do Pazo de Meirás para embarcar no iate Azor, fondeado nas inmediacións do Club Nautico da Coruña para realizar para almorzar e realizar unha excursión maritima.

Cabeceira da "Hoja del Lunes" correspondente ao 28 de agosto de 1961
Setembro: O día 2, os Franco acuden desde o Pazo de Meirás á Coruña, onde presiden na praza de touros desta cidade unha corrida de touros benéfica organizada pola "junta de damas de la lucha española contra el cancer".

O día 3, os netos do ditador acuden desde o Pazo de Meirás a un festival infantil organizado en "honor" deles pola dona do gobernador civil, e polas "Damas de San Ignacio de Loyola" na praza María Pita da Coruña.
Festival infantil organizado na "honra dos netos de Franco"

O día 4, a dona do ditador Carmen Polo, desprazase desde o Pazo de Meirás a A Coruña para acudir no hotel "Finisterre" a un festival artístico.

O día 7 reunese no Pazo de Meirás, presidida por Franco a Comisión delegada de asuntos económicos.

O día 8 celebrase Consello de Ministros no Pazo de Meirás. Ese día pola tarde a dona do ditador, Carmen Polo, desprazase desde o Pazo de Meirás a Lugo.

O día 9 pola mañá o ditador acude á Coruña co fin de inaugurar o poligono industrialde Agrela onde se atopan unha fabrica de aluminios, a fábrica de grafitos eléctricos do Noroeste e unha subestación eléctrica. Ao redor das 14 horas regresa ao Pazo de Meirás para xantar.
O ditador Franco inaugurando poligono industrial Agrela na Coruña en 1961

Pola tarde o ditador acude ao Club Nautico da Coruña para presenciar un torneo de regatas e a Ferrol onde chega ás seis e vinte do serán agardando por el alí a súa dona. Visita a "Feira do Mar" onde toma un refrixeiro. Abandona Ferrol ao redor das oito da tarde. Os Franco acuden tamén pola noite desde o Pazo de Meirás á tradicional cea no Concello da Coruña.
Os Franco presenciando unha competición de regatas no Club Nautico da Coruña
Os Franco entrando no palacio municipal de Maria Pita para acudir á "tradicional" cea de gala
Portada da "Hoja del Lunes" correspondente ao 11 de setembro de 1961
O día 11 o ofrece unha audencia civil e militar pola mañá no Pazo de Meirás. Ao mediodía ofrece o tradicional xantar no Pazo a diferentes "autoridades" franquistas da provincia. O ditador recibe a "Medalla da Provincia" que recibe de presidente da Deputación Provincial da Coruña.
Franco recibiendo a "medalla de la provincia" polo presidente da Deputación Provincial da Coruña

O día 14 o ditador desembarca do Azor en Vigo, no peirao de trasatlánticos para inaugurar a nova estación marítima.  Despois desprazase á escalinata do monte do Castro, tamén en Vigo, onde inaugura unha cruz de monenaxe "a los caidos". Tras a inauguración trasladase á zona franca onde fai unha visita a Citroen hispania (na imaxe da esquerda). Ao mediodía ofrece a bordo do iate Azor un almorzo a diferentes "autoridades" franquistas da provincia de pontevedrea.  Pola tarde acude a Montesampaio onde inaugura unha factoría de cerámica. Por último, deprazase a bordo do iate Azor ás illas Cies, onde visita o "hito conmemorativo del XXV aniversario de su exaltación a la Jefatura del Estado" adicado polas "autoridades" franquistas de Pontevedra.

Tras a visita as illas Cies, o ditador desprazase a Marín por mar a bordo do iate Azor, onde fondea e pernocta.

O día 15 pola mañá, o ditador desembarca do Azor en Marín pola mañá. Tras visitar a escola naval, os Franco dirixense por estrada ao Carballiño en Ourense onde son recibidos polo alcalde. Despois de celebrarse os actos de benvida ofrecidos polas "autoridades" franquistas, onde lle entregan a Franco a "Medalla de oro la Villa",  inauguran a residencia "General Moscardó e visitan unha piscifactoría.
Rematado os actos no Carballiño os Franco continuan viaxe ate Ourense, chegando á doce e cuarto ao edificio "de las escuelas normales de magisterio", despois visitan o goberno civil onde Franco pronuncia un discurso e almorzan. Pola tarde continúan viaxe para inaugurar os encoros en Nogueira de Abuin visitando tamén o encoro de Pena Rubia e de Quereña.

O día 16 os Franco dan por rematada a súa estancia en Galiza e no Pazo de Meirás continuando viaxe a Madrid, facendo algunha parada no camiño para diferentes actos (ese día acuden a un acto de inauguración no Bierzo)

No hay comentarios:

Publicar un comentario