1962

Manuel Fraga Iribarne entra a formar parte do goberno como ministro de Franco. Detención do membro do PCE Julian Grimau
Xullo: O día 23 chegan os Franco ao Pazo de Meirás. O fan por estrada viaxando o ditador, dona e filla.

O día 25 o ditador acude desde o Pazo de Meirás á catedral de Santiago de Compostela onde realiza a "ofrenda ao apostolo".

O día 27 o ditador recibe no Pazo de Meirás ao xornalista do "New York Times" Benjamin Welles acompañado do director xeral da oficina diplomatica do ministerio de asuntos exteriores Adolfo Martín Gamero.
Franco co xornaista do "New York Times" Benjamin Welles no Pazo de Meirás

O día 30, a "Hja del Lunes" editada pola Asociación de Prensa da Coruña fai eco da presenza do ditador no Pazo de Meirás.

Agosto: O día 5 o ditador sae do Pazo de Meirás para dirixirse ao peirao do Club Nautico da Coruña, onde embarca a bordo do iate Azor.


O día 7 os Franco saen do Pazo de Meirás para dirixirse a A Coruña onde embracan no iate Azor. Desde alí presencian un campionato internacional de motonautica. O ditador entrega os trofeos aos gañadores a bordo do iate (podese ver na foto inferior).


O día 8 os Franco saen do Pazo de Meirás para asistir na Coruña a unha corrida de touros.


O día 10, Consello de Ministros no Pazo de Meirás. Ese mesmo díaa dona e filla do ditador acuden a unha recollida de fondos na Coruña para a loita contra o cancro. A mesa a preside a filla de Franco. Os cinco netos do ditador acuden a unha festa infantil organizada na "súa honra" na praza de Maria Pita da Coruña.
A filla do ditador Franco presidindo unha mesa petitoria para a loita contra o cancro na Coruña. A súa nai, Carmen Polo, fai entrega do seu donativo

O día 11 os Franco acuden desde o Pazo de Meirás ao Concello da Coruña para asistir ´"tradicional" cea de gala, a onde chegan as dez e media da noite. Alí foron mostradas ao ditador duas maquetas da futura refinería de petroleos da Coruña. Tamén se lle fixo entrega a Franco do bastón de alcalde honorario da cidade.
O ditador, observando unha das maquetas da futura refinería da Coruña

O día 12 o ditador ofrece no Pazo de Meirás un almorzo a diferentes "autoridades" coruñesas. Pola tarde acude desdeo Pazo de Meirás á catedral de Santiago de Compostela para orar.
O día 15 a dona do ditador finaliza a súa estancia no Pazo de Meirás dirixindose a Oviedo.

O día 20, o ditador chega a bordo do iate Azor a Donostia, comezando a segunda parte das súas vacacións en Euskadi, e dando por rematada a súa estancia en Galiza e no Pazo de Meirás.

Neste verán existiu a posibilidade de que Franco sufrise un atentado (ampliar información)
Os Franco en 1962 examinando a maqueta a futura refinería da Coruña

No hay comentarios:

Publicar un comentario