1963

Ano de grandes folgas. Julian Grimau é asasinado.

Febreiro: O día 2 toma posesión como cura parroco de Meirás e Dorneda, Antonio Pazos Bujan que sería confesor de Franco e a persoa encargada de celebrar as misas na capela do Pazo.

Agosto: O día 27, procedentes de Donostia, chegan os Franco ao Meirás. Desembarcan no porto de Sada do iate Azor, desprazandose logo por estrada ate o Pazo de Meirás.
Portada do diario "La Vanguardia" correspondente ao 28 de agosto de 1963. Na imaxe superior esquerda, podense ver aos Franco desembarcando do iate Azor no Porto de Sada

O día 31 Carmen Polo desprazase desde o Pazo de Meirás a Santiago de Compostela para oir misa na catedral.

Setembro: O día 2 o ditador desprazase desde o Pazo de Meirás ao porto de Sada onde embarca no buque de pesca "Vimianzo". Tras presenciar unha demostración de lanzamento do novo aparello de popa, e de almorzar a bordo do pesqueiro, regresou ao Pazo de Meirás as seis e media do serán.
O ditador Franco a bordo do pesqueiro "Vimianzo" en 1963
O día 5 reunese no Pazo de Meirás a Comisión delegada para asuntos económicos presidida por Franco.

O día 6 celebrase Consello de Ministros no Pazo de Meirás

O día 7 chega a A Coruña o cardenal Larraona procedente de Zaragoza en vo especial. Almorza co ditador ao medidía no Pazo de Meirás. Os Franco acuden a noite deste día desde o Pazo de Meirás ao Concello da Coruña para asistir á "tradicional cea de gala". O ministro franquista Manuel Fraga Iribarne inaugura ese día as novas instalacións de Radio Nacional de España na Coruña.
 Os Franco entrando no Concello da Coruña en 1963 para acudir á cea de gala
O día 8 os Franco desprazanse desde o Pazo de Meirás a A Coruña para asistir a un torneo de regatas no Club Nautico da Coruña.
O día 9 o ditador sae do Pazo de Meirás para visitar Ferrol.

O día 10 o ditador sae ás dez da mañá do Pazo de Meirás iniciando viaxe a Belesar, onde inaugura un complexo hidroeléctrico.

O día 12 o ditador concede pola mañá unha audencia civil e militar no Pazo de Meirás. Ao mediodía ofrece unha comida a diferentes "autoridades" franquistas. Pola tarde desprazase a Pontevedra (Lourizán) para inaugurar unha fabrica de celulosa.
Durante a audencia civil concedida por Franco no Pazo de Meirás en 1963, o Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Malpica entrega ao ditador unha talla da virxe do mar

O día 15 Franco desprazase desde o Pazo de Meirás a Santiago de Compostela para asistir ao acto de entrega de 13.600 titulos de concentración parcelaria a 6431 labregos da provincia da Coruña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario