1964

Ano do I Plan de Desarrollo. Fraga pon en marcha todo o aparato de propaganda franquista.

Agosto: O día 28 chegan os Franco ao Pazo de Meirás. O fixeron a bordo do iate Azor que fondeou no porto de Sada e onde foron recibidos por diferentes autoridades franquistas, entre elas o ministro de información e turismo Manuel Fraga Iribarne. Tras o "recibimento" desprazaronse por estrada ao Pazo.

O día 30 o ditador desprazase desde o Pazo de Meirás ao estadio de Riazor na Coruña onde preside no palco a final do trofeo Teresa Herrera. O gaña o Deportivo que vence por 4-0 ao Sporting de Lisboa.

O día 31 celebrase a bordo do iate Azor unha festa infantil pola conmemoración onomástica da neta de Franco, Maria del Mar Martinez Bordiu.

Setembro: O día 4 a dona do ditador Carmen Polo desprazase desde o Pazo de Meirás a Padrón para visitar un telar desta Vila. Despois desprazase a Santiago de Compostela onde visita a catedral. Ese mesmo día na Coruña celbrabase unha festa infantil no teatro Rosalía de Castro "en honor" dos netos do ditador.  Foi organizada polas "Damas de San Ignacio de Loyola", a dona do gobernador civil, o Concello da Coruña e o Frente de Juventudes".

O día 6 a dona do ditador desprazase a Ourense onde asiste como madriña aos actos de coroación da virxe dos miragres.

O día 8 Carmen Polo desprazase desde o Pazo de Meirás a Ferrol.

O día 9 reunese no Pazo de Meirás e presidida por Franco a Comisión delegada para asuntos económicos.

O día 10 celebrase un Consello de Ministros no Pazo de Meirás. Este mesmo día o ditador acude á inauguración do Centro de investigación, experimentación, formación profesional e extensión agraria da Coruña en Guisamo. Tamén inaugura este día, xunto a súa dona Carmen Polo, o centro benefico "Pilar Bahamonde" (na fotografía inferior).

O día 11 o ditador recibe no Pazo de Meirás en "audiencia especial" ao arzobispo de Santiago de Compostela, Quiroga Palacios e a comisión "pro reconstrucción de templos de La Coruña".  Tamén asiste á posta en marcha da refinería de petroleos da Coruña (Petroliber), e a un campionato de regatas organizado polo Club Nautico da Coruña. Pola noite os Franco acuden ao Concello da Coruña á "tradicional" cea de gala.

O día 12 pola mañá Franco desprazase ao Burgo (Culleredo) onde inaugura a Universidade Laboral "Crucero Baleares". Pola tarde, o ditador desprazase desde o Pazo de Meirás a Santiago de Compostela onde preside o acto de clausura do "I Consejo económico sindical del noroeste". Despois acude á universidade de Santiago para recibir o título de "doctor honoris causa" outorgado pola Facultade de Ciencias. A continuación dirixese á catedral para oir misa, onde entra baixo palio.
Franco inaugurando a Universidade Laboral en Culleredo

O día 14 o ditador concede audiencias no Pazo de Meirás. Celebrase primeiramente unha civil, na que acuden alcaldes, gobernadores e outras "autoridades" e despois outra audencia de "autoridades militares". Tamén concede audencia aos nenos "Plus Ultra". Ao medidía celebrase unha comida no Pazo de Meirás ofrecida polo ditador a diferentes "autoridades". Pola tarde Franco visita Ferrol e a súa dona Carmen Polo acude a A Coruña ao acto de "inauguración e bendición" dun centro de ASPRONAGA.
 Os "nenos plus ultra" fotografiados co ditador no interior do Pazo de Meirás o 14 de setembro de 1964
Os "nenos plus ultra" fotografiados co ditador nos xardíns do Pazo de Meirás o 14 de setembro de 1964

O día 16 os Franco pernoctan en Bueu a bordo do iate Azor que fondeara fronte a este pobo. Carmen Polo visita este día Vigo.

O día 17 a dona do ditador Carmen Polo, acude desde Bueu a Pontevedra por estrada para oir misa na basilica de Santa María a Maior. Tras almorzar acompañada dos seus netos no parador de turismo, continuaron viaxe visitando outros pobos dos arredores.

O día 19 os Franco da por rematada a súa estancia no Pazo de Meirás e Galiza, regresando ao palacio do Pardo en Madrid.

Neste ano, o 8 de xullo nace Jaime, o setimo neto de Franco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario