1965

Ano de profundas loitas estudiantís reclamando liberdade.

Este é o primeiro ano que Franco inicia as súas vacacións no Pazo. Ate este verán, o ditador iniciaba o seu descanso estival en Donostia (Palacio de Ayete)desprazandose posteriormente a Meirás.
A partir deste ano iniciará as suas vacacións no Pazo, sendo as súas estadias máis duraderas no Pazo de Meirás, e menores en Gipuzkoa. Tamén neste ano comeza a xogar ao golf na Zapateira, un novo "hobbie" do ditador xunto á pesca e a caza e acude cos seus netos á praia de Bastiagueiro en Oleiros.

Xullo: O día 24 a dona do ditador desprazase desde o Pazo de Meirás a Santiago de Compostela onde chega á noite. Pernocta no hostal dos reis católicos.

O día 25 o ditador desprazase a Santiago de Compostela para facer a ofrenda ao apostolo.

O dia 27 a Universidade de Santiago de Compostela inviste co título "honoris causa" en Ciencias a Franco.
Este título foi retirado por decisión do consello de goberno tomada no ano 2006.

O día 29 Franco chega a Ferrol a bordo do iate Azor onde visita a Feira de Mostras do Noroeste. Despois volta a embarcar no Azor facendose ao mar. A súa dona Carmen Polo, sae este día do Pazo de Meirás con dirección a Oviedo.

O día 31 o ditador desprazase desde o Pazo de Meirás á praza de touros da Coruña para presidir unha corrida.
Franco na praza de touros da Coruña en 1965

Agosto: O día 1 os Franco desprazanse desde o Pazo de Meirás ao Cub Nautico da Coruña onde embarcan no iate Azor para facerse ao mar.

O día 2 os Franco desprazanse desde o Pazo de Meirás ás instalacións do club de golf da Zapateira. Alí, ademais de xogar, visita as obras de ampliación e este día acepta sa presidencia honoraria do club.

O día 9 o ditador desprazase desde o Pazo de Meirás ao Club Nautico da Coruña, onde embarca no iate Azor para presenciar unhas probas do campionato de España de motonáutica
O día 10 Franco acude a xogar ao golf ao campo da Zapateira. Despois regresa ao Pazo recluindose o resto do día no seu despacho. Os netos do ditador acuden a unha festa infantil celebrada "na súa honra" no teatro Colón.

O día 11 Carmen Polo acude ao Club Nautico da Coruña onde presenza desde a terraza a "destreza" das súas netas practicando esquí nautico en torno ao Azor que se atopaba atracado alí.

O dia 13 celebrase Consello de Ministros no Pazo. Nese Consello procedese a aprobar o cambio de uso dunha zona verde do Plan Parcial da Zona Norte da Avenida do Generalisimo Franco para a contrucción do estadio do F.C. Barcelona. (ver máis).
A dona do ditador, Carmen Polo, desprazase esta tarde a Ferrol, onde visita a casa natal do ditador.
O día 14 o ditador "inaugura" o cabo telefónico submariño instalado entre San Fernando (Cadiz) e Santa Cruz de Tenerife desde o Pazo de Meirás. O fai realizando unha chamada ao Capitán xeneral de Canarias desde o Pazo. Este mesmo día visita o campamento xuvenil da "Organización Juvenil Española" (OJE) "Francisco Franco" en Gandarío (Bergondo) onde lle tiñan preparada unha homenaxe con motivo do XXV aniversario da fundación desta organización. Tamén este día pola tarde, os Franco desprazanse a A Coruña para recibir a medalla de "hermano mayor honorario de la cofradía del Rosario". Pola noite os Franco acuden ao Concello da Coruña onde asisten á "tradicional" cea de gala.
O ditador inaugurando a liña telefonica submariña entre Cadiz e Tenerife, conversando telefonicamente desde o Pazo de Meirás co capitán xeral de Canarias.

O día 16 Franco acude ao porto de Sada onde recibe unha homenaxe recibindo o "Patexo de Ouro". Despois embarca no iate Azor, fondeado nese porto.
O día 19 a dona do ditador, Carmen Polo sae do Pazo de Meirás para visitar Santiago de Compostela de paso a Pontevedra e as Rias Baixas ao onde chega pola noite.

O día 20 Carmen Polo, de regreso de Pontevedra, volta a visitar Santiago de Compostela, onde se detén na catedral. Despois regresa ao Pazo de Meirás.

O día 22 Franco preside, como ven sendo habitual, unha regata de traineras no Club Nautico da Coruña. Nesta ocasión celebrase a XXV Copa do Generalisimo de regata de traineras.
O día 23 o ditador concede pola mañá no Pazo de Meirás unha audencia civil e outra militar. Ao mediodía ofrece un almorzo a diferentes "autoridades" da provincia no Pazo.

O día 24 o ditador acompañado do ministro de mariña e os seus netos maiores, embarca no iate Azor fondeado no porto de Sada, dando por finalizada a súa estadía este ano no Pazo de Meirás. A súa dona e filla visitan ese día a casa natal do ditador en Ferrol, regresando á noite ao Pazo de Meirás.

O día 26 Franco chega a Avilés a bordo do iate Azor. A súa dona visita este día Lugo e Oviedo, desde onde se despraza a Avilés para embarcar no iate Azor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario