1966

Ano do famoso baño en Palomares de Fraga tras a caida de varias bombas nucleares americanas. Multiples encerros, protestas e detenccións nas universidades. Aprobase a lei de Prensa de Manuel Fraga. Este ministro tamén aproba un sistema de propaganda para celebrar os "XXV anos de paz" no que se entrega a fondo e é recoñecido polo réxime. Referendum pola lei orgánica do estado.

Xullo: O día 27 os Franco inician as súas vacacións no Pazo. Chegan ese día por estrada desde a súa residencia no palacio do Pardo de Madrid as sete do serán.
Imaxes da chegada e recepción dos Franco no Pazo de Meirás en 1966
O día 28 o ditador adica toda a tarde á pesca no rio Mandeo. A súa dona, Carmen Polo asiste acompañada polas súas netas a unha representación teatral no Teatro Colón da Coruña.

Os días 29 e 30 o ditador adica as mañás a xogar ao golf con Joaquín Guimarans e as tardes á pesca no rio Mandeo acompñado polo seu neto Francisco. 

O día 31 os Franco saen do Pazo de Meirás a A Coruña onde presiden unha corrida na praza de touros.


A filla do ditador, Carmen Franco na praza de touros da Coruña en 1966

Agosto: O día 5 os Franco desprazanse desde o Pazo a A Coruña para presidir o IX concurso hipico internacional.

O día 6 os Franco desprazanse desde o Pazo de Meirás ao Club de Golf da Zapateira, onde inauguran a nova estrada que conduce ás instalacións desde a Avenida Alfonso Molina. No Club Franco recibe o nomeamento de presidente de honra do Club. O ditador adica toda a tarde á pesca no rio Mandeo (Chelo).

O día 7 os Franco desprazanse desde o Pazo de Meirás ao Club Nautico da Coruña a onde chegan a unha e media do mediodía embarcando posteriormente no iate Azor para presenciar unhas probas de motonautica na bahía da Coruña.
Probas de motonautica presenciadas na bahía da Coruña en 1966

O día 10 a dona do ditador deprazase pola tarde desde o Pazo de Meirás a Ferrol onde visita a casa natal do ditador.
Un cambio de garda no Pazo de Meirás en 1966

O día 11 reunese no Pazo de Meirás presidida por Franco a Comisión delegada para asuntos económicos.

O dia 12 celebrase Consello de Ministros no Pazo de Meirás.

O día 13, a dona do ditador sae do Pazo de Meirás pola mañá acompañada pola súa irmán con destino a Ferrol, onde inauguran o "colegio para niños subnormales de nuestra señora de Chamorro" (sic), regresando ás trece horas ao Pazo. Pola tarde os Franco saen do Pazo de Meirás con dirección a A Coruña onde inauguran o colexio provincial da "Milagrosa" no barrio de San Cristobal. Desde alí, rematados os actos de inauguración, desprazanse a Sada para inaugurar tamén un albergue da "sección feminina". Despois regresan ao Pazo de Meirás, voltando a sair a A Coruña pola noite para asistir a un "lunch" no castelo de San Antón  onde presencián unha batalla naval e unha sesión de lumes de artificio.

O día 16 celebrase no Pazo de Meirás unha cerimonia na que o ditador impón a "Gran Cruz de Raimundo de Peñafort ao reverendo xeneral dos dominicos Aniceto Fernández.
O día 17 pola mañá o ditador desprazase desde o Pazo ao Club de Golf da Zapateira para xogar unha partida con Joaquín Guimaraens. Ao mediodia xanta no Pazo e pola tarde desprazase a Santiago de Compostela acompañado da súa dona a onde chegan ás 18:00 horas co fin de rendir "homenaxe ao apostolo". Despois de oir misa na catedral, Carmen Polo desprazase a Padron onde visita diferentes puntos da Vila e Franco regresa ao Pazo de Meirás.

O día 18 o ditador sae do Pazo pola mañá para xogar ao golf na Zapateira. Pola tarde os Franco visitan a catedral de Santiago de Compostela para dar "o tradicional abrazo" ao apostolo.  Este día o ditador embarca no iate Azor, que esa noite fondea en Marín (Pontevedra).

O día 21 os Franco trasladanse desde o Pazo de Meirás ao estadio de Riazor na Coruña, onde presiden un partido de fútbol do torneo Teresa Herrera..

O día 22 o ditador concede unha audencia civil e militar pola mañá no Pazo de Meirás. Ao mediodía ogrece un almorzo a diferentes "autoridades" franquistas. Pola tarde os Franco trasladanse desde o Pazo a A Coruña onde inauguran o dique "Pedro Barrie de la Maza" e unha placa no edificio de obras do porto. Despois, como é tradicional todos os anos, presiden no Club Nautico da Coruña un torneo de regatas.

O día 23 os Franco saen do Pazo de Meirás para inaugurar na propia parroquía onde se atopa o Pazo a nova igrexa (ainda en obras como se pode comprobar na imaxe inferior). Bendeciu o cardenal arzobispo de Santiago de Compostela  Quiroga Palacios.

O día 24 o ditador desprazase pola mañá do Pazo de Meirás ao campo de golf da Zapateira para xogar un partido con Joaquín Guimaraens Caruncho. Despois dirixese ao Club Nautico da Coruña onde almorzan os Franco a bordo do iate Azor. Ao redor das seis e media da tarde regresan os Franco ao Pazo de Meirás, regresando posteriormente Carmen Polo a A Coruña para asistir a unha exposición sobre a vida de Jose Cornide.

O día 25, o ditador desprazase pola mañá do Pazo de Meirás ao campo de golf da Zapateira para xogar un partido con Joaquín Guimaraens Caruncho. regresa ao Pazo ao mediodía e pola tarde, ás 18:30 acude ao Club Nautico da Coruña onde enbarca no iate Azor acompañado de diferentes "autoridades" militares e do alcalde da Coruña Demetrio Salorio Súarez, entre outros. A bordo do iate sirvese unha merenda e proxectase un documental sobre a pesca da balea.
A filla e netos do ditador regresan en avión ese día a Madrid.

O día 26, os Franco desprazanse pola tarde desde o Pazo de Meirás ao Club de golf da Zapateira onde fan entrega dos trofeos da Copa "Generalisimo".

O día 28 o ditador chega a bordo do iate Azor as sete e media da tarde a Avilés, desprazandose por mar desde Galiza, dando así por rematada este ano a súa estancia no Pazo de Meirás.

Os Franco oindo misa na capela do Pazo de Meirás en 1966

No hay comentarios:

Publicar un comentario