1967

Ano de grande represión nas Universidades, nos centros de traballo e no Pais Basco, onde se decreta o estado de excepción en Vizcaia. Carrero Blanco pasa a ser o home forte do goberno.

Xullo: O día 23 chegan os Franco ao Pazo de Meirás para iniciar as súas vacacións desprazandose por estrada desde o Palacio do Pardo en Madrid.
O día 25 os Franco desprazanse desde o Pazo de Meirás a A Coruña para embarcar no iate Azor, fondeado na bahía coruñesa.

O día 26 a dona e filla do ditador deprazanse desde o Pazo de Meirás a Ferrol, onde visitan a casa natal do ditador, o parador de turismo e realizan algunha "compras".

O día 29 o ditador desprazase pola mañá desde o Pazo de Meirás ao Club de golf da Zapateira onde xoga varias partidas. As duas da tarde regresa ao Pazo. A súa dona Carmen Polo, visita ese día na Coruña o club "Gales".

O día 30 os Franco desprazanse pola tarde desde o Pazo de Meirás ás instalacións do cub de tenis da Coruña para presenciar un partido de Santana.

Agosto: O día 2 as netas do ditador acuden á sala de festas "El Seijal", no Seixal en Nos para ver un concerto do cantante Raphael que actuara alí os días 2 e 3 deste mes.

O día 3 os Franco acuden pola tarde desde o Pazo de Meirás á praza de touros da Coruña para presenciar unha corrida. Pola mañá o ditador deprazouse desde o Pazo ate a Zapateira a xogar ao golf.

O día 4 repitese a axenda habitual do ditador. Pola mañá desprazase desde o Pazo de Meirás ao Club de golf da Zapateira, onde xoga co directivo do club Joaquín Guimaráns. Regresa ao mediodía ao Pazo a almorzar e pola tarde acude ao rio Eume a pescar acompañado do seu neto Francisco e Max Borrell.


O día 6 os Franco desprazanse desde o Pazo de Meirás ao Club Nautico da Coruña para presenciar unha competición de motonautica.

O día 8 a dona do ditador Carmen Polo, visita Oporto e Ferrol. Franco xoga ao golf pola mañá na Zapateira.

O día 9 os Franco visitan Pontevedra e Vigo, onde oen misa baixo palio, celebran diferentes actos e inauguran o museo povincial e varias industrias entre Vigo e Porriño.

O día 10 o ditador desprazase desde o Pazo ao campo de golf da Zapateira para xogar unha partida con Joaquín Guimaraens. Regresa ao mediodía ao Pazo.
O día 11, como en días anteriores, o ditador xoga ao golf pola mañá na Zapateira. Pola tarde desprazase desde o Pazo de Meirás a Pontedeume para practicar a pesca de reos.r

O dia 12 o ditador volta xogar ao golf pola mañá na Zapateira. Pola tarde desprazase desde o Pazo de Meirás a Sobrado dos Monxes para practicar a pesca de troitas.

O día 15 os Franco acuden ao mediodía desde o Pazo de Meirás ao Club Nautico da Coruña onde almorzan a bordo do iate Azor. Pola tarde presencian no club un torneo de regatas e fan entrega dos trofeos aos gañadores.

O día 17 celebrase unha reunión no Pazo de Meirás presidida po Franco da "Comisión delegada para asuntos económicos y politica cientifica".

O día 18 celebrase Consello de Ministros no Pazo.

O día 19 pola mañá o ditador desprazase desde o Pazo de Meirás a Santiago de Compostela onde inaugura a escola de maestría industrial. Pola tarde desprazase a A Coruña para inaugurar o poligono de vivendas de Elviña. Pola noite, os Franco acuden á tradicional cea de gala no Concello.
Franco ianugurando a escola de maestría industrial en Santiago de Compostela en 1969
Os Franco na cea de gala no Concello da Coruña en 1967
O día 20 os Franco acuden desde o Pazo de Meirás ao club de golf da Zapateira, a onde chegan a unha do mediodía. Alí fan entrega da copa do "generalisimo" do III torneo da Zapateira. A última hora da tarde, o ditador chega a bordo do iate Azor a Baiona para inaugurar o parador de turismo "Conde de Gondomar". Rematados os actos inaugurais as dez da noite, os Franco regresan ao iate Azor, facendose ao mar.
Franco nos actos de inauguración do parador "Conde de Gondomar" en Baiona en 1967. A dereita da imaxe, Manuel Fraga Iribarne, ministro de Información e Turismo.

O día 21 os Franco desembarcan do iate Azor pola tarde en Vigo dirixindose nunha falúa a un pesqueiro conxelador de arrastre. Rematada a visita ao buque os Franco regresan ao iate Azor, fondeado na bahía de Vigo.

O día 22 o ditador Franco faise ao mar en augas do Atlantico a bordo do iate Azor para practicar a pesca.

O día 23 as nove e media da noite chega ao porto de Sada o ditador a bordo do iate Azor, dando por rematadas as xornadas de pesca e regresando ao Pazo de Meirás.

O día 25 a dona do ditador Carmen Polo, acude desde o Pazo de Meirás a A Coruña onde visita a casa refuxio do patronato da caridade do pai Rubinos e a "exposición sindical de artesanía" na casa da cultura dos xardíns de San Carlos.

O día 26 o ditador concede unha audiencia civil e militar no Pazo de Meirás. Ao mediodía os Franco ofrecen un almorzo no Pazo a diferentes "autoridades" franquistas. Pola tarde os Franco desprazanse desde o Pazo de Meirás a Ferrol onde inspeccionan as obras do dique seco e dous poligonos de vivendas.

O día 28 o ditador acude ao campo de golf da Zapateira para xogar unha partida con Joaquín Guimaraens. Ao remate desta dirixense os dous ao porto de Sada onde almorzan a bordo do iate Azor acompañados de Olavide, o fillo dun compañeiro de armas de Franco xa falecido, e o ministro da marina. Pola tarde, o ditador acompañado da súa dona acuden ao santuario de Pastoriza (Arteixo)onde se concentran diferentes "autoridades" civiles e militares. Despois o ditador dirixiuse ao rio Eume para practicar a pesca regresando ao Pazo de Meirás ao redor das nove da noite.
O día 29 o ditador embarca a bordo do iate Azor no porto de Sada poñendo rumbo a Donostia, dando así por rematada a súa estancia este ano no Pazo de Meirás e Galiza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario