1968


Siguen as protestas e a represión franquista. O estado de excepción se amplia a Gipuzkoa.

Xullo: O día 28 Franco chega desde o Palacio do pardo en Madrid por estrada ao Pazo de Meirás para iniciar ás suas vacacións de verán (ver cronica da "Hoja del Lunes" da Asociación de Prensa de Cadiz).

O día 29 chega ao redor das 11 da mañá ao Clube de Golf da Zapateira na Coruña. Pola tarde acude ao rio Eume a pescar. (ver crónica dos dous primeiros días de inicio das vacacións dos Franco no diario ABC).

O día 30 o ditador desprazase desde o Pazo de Meirás ao Club de gof da Zapateira onde xoga unha partida de golf con Joaquín Guimarans e o seu neto Francisco entre as once e media e as duas e media. Regresa ao Pazo de Meirás onde se entrevista co ministro de mariña. Pola tarde acude desde o Pazo acompañado polo seu neto Francisco a Betanzos, no lugar de Cheles, onde pesca no rio Mandeo por espazo de catro horas.
O día 31 Franco sae do Pazo de Meirás ao Porto de Sada onde embarca no iate Azor. Regresa ao Pazo pasadas as nove e media da noite.

Agosto: O día 1 o ditador sae do Pazo de Meirás para practicar a pesca e o golf no Club de Golf da Zapateira. As tres e media da tarde recibe no Pazo de Meirás ao ministro de traballo con quen despacha.

O día 2 o ditador acude desde o Pazo de Meirás á Zapateira para xogar ao golf con Joaquín Guimarans. Pola tarde embarca no iate Azor, fondeado no Porto de Sada, para practicar a pesca.
O día 5 o ditador xoga pola mañá ao golf na Zapateira con Guimaraens e oseu neto Francisco e pola tarde pesca no rio Mandeo.
O día 12 atopase na Coruña practicamente o goberno franquista en pleno para asistir a un Consello de Ministros no Pazo de Meirás. Ese mesmo día celebrase unha reunión no paraninfo da escola de nautica da Coruña do "Consejo económico sindical del noroeste" coa asistencia dos ministros de agricultura, educación e ciencia, información e turismo e o secretario do "movimiento".
O día 13 celebrase no Pazo de Meirás unha reunión da Comisión de Asuntos Económicos presidida polo ditador Franco.

O día 14 celebrase Consello de Ministros no Pazo de Meirás. Suliñar deste Consello a adopción do acordo de restablecer o decreto-lei sobre represión de bandidaxe e terrorismo dada a sutuación de protestas contra o réxime que se viven no Pais Basco.


Consello de Ministros celebrado no Pazo de Meirás en 1968

O día 15 os Franco desprazanse desde o Pazo de Meirás ao iate Azor, almorzando a bordo del fondeados fronte as instalacións do Club Nautico da Coruña onde presencian pola tarde á 28 edición do trofeo de regatas de traineras do mesmo nome que o ditador. Pola noite acuden ao Concello da Coruña onde asisten á tradicional cea de gala (imaxe da esquerda). Visitan a exposición "internacional del Quijote" instalada na casa do Concello. Durante a cea actua a banda municipal e o coro "Cantigas da Terra". Rematada a cea comezou o tamén tradicional espectáculo pirotécnico.


Entrega de trofeos no Club Nautico da Coruña no verán de 1968
Os Franco na súa chegada á cea de gala celebrada no Concello da Coruña en 1968

O día 16 o ditador xoga ao golf na Zapateira pola mañá e pola tarde pesca no rio Eume.
O día 19 o ditador embarca no iate Azor pasando úns dias navegando por diferentes puntos de Galiza.
O día 20 a dona do ditador sae do Pazo de Meirás acompañada da dona do ministro de mariña para visitar Ferrol. Despois de almorzar no parador de turismo regresan ao Pazo. O ditador chega a bordo do Azor a Sanxenxo fondeando alí para pasar a noite.
O día 21 o ditador chega ao redor das nove da noite a bordo do iate Azor a Baiona (Pontevedra) fondeando neste concello para pasar a noite.
O día 22 Franco desembarca do Azor en Baiona para dirixirse por estrada a Tui onde inaugura o parador de San Telmo A dona do ditador, Carmen Polo, desprazase desde o Pazo de Meirás a Santiago de Compostela onde para a orar na catedral. Alí coincide co ministro franquista Manuel Fraga Iribarne. Despois continúa ruta ate Pontevedra, onde a reciben as autoridades franquistas da localidade. Despois continúa ruta ate Tui onde se reune co ditador Franco.
O día 24 a dona do ditador sae do Pazo de Meirás acompañada da dona e filla do ministro de mariña para visitar Santiago de Compostela. Despois de orar na catedral regresan ao Pazo de Meirás. Ese mesmo día o ministro de información e turismo inaugura en Lugo a emisora de Radio Popular.
O día 26 o ditador, xa de regreso ao Pazo de Meirás, retoma as partidas de golf acudindo á Zapateira pola mañá.
O día 27 Franco acude desde o Pazo de Meirás para xogar ao golf no Club da Zapateira co seu habitual rival Joaquin Guimaraens. Alí fai entrega dos trofeos dun campionato de golf (IV camionatos de golf da Copa do Generalisimo que pode verse na imaxe da esquerda). Despois deprazase a visitar os concellos de Malpica e Muxía.

Este mesmo día o diario ABC publica que o ditador pescara no Atlantico unha balea que pesaba 22. mil kilos!!
O día 31 o ditador desprazase desde o Pazo de Meirás pola tarde e acompañado polo ministro de mariña a Santiago de Compostela para orar. Despois regresa ao Pazo de Meirás.

Neste mes de agosto o ditador Franco tamén concede unha audencia no Pazo de Meirás aos novos bispos de Santander e Tarragona.


Setembro: O día 2 o ditador concede pola mañá diferentes audiencias no Pazo de Meirás a comisións militares e civiles e a outras entidades como o coro "Cántigas da Terra". Ao mediodía ofrece no Pazo un almorzo a diferentes "autoridades" da provincia da Coruña.
Por deferencia do arquivo do coro "Cantigas da Terra" ofrecemos a continuación seis fotografías da recepción ofrecida por Franco no Pazo de Meirás este día a esta entidade:


O coro "Cantigas da Terra" entregando un agasallo ao ditador Franco coa`presenza do alcalde da Coruña Demetrio Salorio Suárez no Pazo de Meirás.












O día 4 os Franco desprazanse desde o Pazo de Meirás para visitar Ferrol. (pode verse na imaxe da esquerda)
O día 5 o ditador acude pola mañá a xogar ao golf á Zapateira. Xa non regresará ao Pazo de Meirás, dando así por rematada a estancia no Pazo (que non en Galiza onde permanecerá algún día máis). Desde o Club de Golf da Zapateira desprazase ao porto de Sada ao redor das duas e media da tarde, onde embarca, acompañado do ministro de mariña no iate Azor. A última hora da tarde desde día chega a Viveiro a bordo do iate, fondeando alí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario