1969

O estado de escepción é declarado en todo o estado español. Juan Carlos de Borbón e nomeado sucesor de Franco. Destapase un dos grandes casos de corrupción do franquismo, o caso Matesa.

Marzo: O día 31 os Franco chegan a Santiago de Compostela para pasar uns días en Galiza. Aloxanse no hostal dos reis católicos.

Abril: O día 1 o ditador pasa todo o día pescando no rio Ulla e a súa dona, Carmen Polo visita este día Vigo.

O día 2 Franco visita o Pazo de Meirás saindo ás cinco e media da tarde, a onde fora a pasar unhas horas tras estar pescando toda a mañá  nos coutos do rio Lérez, con destino a Ribadeo onde pasará algúns dias no parador. A súa dona, Carmen Polo, pasou toda a mañá na Coruña visitando diferentes lugares, e partindo con Franco pola tarde a Ribadeo.


Xullo: O dia 22, o Principe naquel momento Juan Carlos Borbón é nomeado sucesor como Xefe do Estado por Francisco Franco. O sucesor, xura dianto do ditador os principios do "movimento nacional", esto é, e moi concretamente no que lle afecta a el directamente, a Lei de Sucesión de 1947 e o princio VII da "Ley de Principios del Movimiento Nacional". Esto é a restauración da Monarquia tradicional, catolica, social, e representativa. A partir deste momento o principe nomeado polo ditador Franco comeza a visitar, e mesmo a pasar varios dias coa sua familia en compañía dos Franco no Pazo de Meirás.

O día 28 chegan os Franco a Meirás desprazandose por estrada desde Madrid. Este será o derradeiro ano que o ditador fará o desprazamento ao Pazo de Meirás en automóbil, sendo a partir do ano seguinte o avión. Como todos os anos preparase un grande despliegue do aparato franquista para "tributar unha homenaxe" ao ditador. Así, desde Lugo, preparanse pancartas e bandeiras durante o percorrido ate o Pazo. Á explanda de entrada do Pazo desprazase a sección feminina do albergue de Gandarío. Máis de 40 autobuses mobilizados polo aparato franquista acuden a Meirás. Disparanse salvas de artillería e material pirotecnico cincidindo coa chegada do ditador. Dentro da finca do Pazo agardaban doce lanceiros da garda persoal do ditador en posición de firmes xunto a diferentes "autoridades" militares civís e da igrexa catolica. Non faltou tampouco o ritual folclorico a cargo de Cantigas da Terra. A xornada incluia un acto de inauguración dos novos accesos ao campo de golf da Zapateira, onde aprobeitou pra xogar unha partida co seu habitual rival, Joaquín Guimaraens.

O ditador cortando a cinta no acto de inauguración da estrada da Zapateira

Por deferencia do arquivo do coro Cantigas da Terra, a continuación publicamos varias fotografias da chegada de Franco ao Pazo de Meirás este verán de 1969:




O día 31 o ditador sae pola mañá do Pazo de Meirás para xogar ao golf na Zapateira. Regresa ao mediodía para almorzar, e pola tarde acude co seu neto Francisco e Max Borrell ao couto de Chelo no rio Mandeo a pescar. Á noite o ditador regresa ao Pazo.

Agosto: O día 2 Franco sae do Pazo de Meirás con dirección ao porto de Sada. Alí embarca no iate Azor xunto con Max Borrell e o seu neto Francisco para practicar a pesca.

O día 3 os Franco saen do Pazo de Meirás con dirección a A Coruña. Tras ser recibidos por diferentes "autoridades" franquistas suben a bordo do iate Azor, atracado nas inmediacións do Club Nautico da Coruña desde onde presencian unha competición de motonautica. Tras rematar esta, o Azor faise ao mar para dirixirse ao porto de Sada onde desembarcan os Franco. Regresan por estrada ao Pazo de Meirás.
O día 4 chegan os principes Juan Carlos e Sofía acompañados dos seus fillos ao aeroporto de Alvedro co fin de pasar uns dias cos Franco no Pazo de Meirás (ver cronica da chegada dos Borbóns ao Pazo de Meirás publicada no ABC) .




O día 5 os Borbóns fan unha vista á cidade da Coruña mentras o ditador Franco xoga ao golf na Zapateira.

O día 6 os Franco e os Borbóns saen do Pazo de Meirás con dirección a Santiago de Compostela a onde chegan ás doce e cuarto da mañán. Tras visitar a catedral, poñen rumbo a Vilagarcía de Arousa onde almorzan a bordo do iate Azor. Despois do almorzo fanse ao mar escoltados polo cañoneiro Hernán Cortés con dirección ao porto de Marín. Tras visitar a escola militar, regresan os dous matrimonios por estrada ao Pazo de Meirás.

O día 7 Franco acude desde o Pazo á Zapateira onde xoga ao golf, regresando ao mediodía. Pola tarde os Franco e os Borbóns desprazanse desde o Pazo ao porto de Sada, onde se atopaba fondeado o iate Azor. Alí embarcan e poñen rumbo a Ferrol, facendo alí os sous matrimonios unha visita aos asteleiros de Bazán.

O día 8 Franco xoga ao golf pola mañá na Zapateira e pola tarde pesca no rio Mandeo. Os Borbóns aprobeitan o día para visitar Lorbé (Oleiros) e outros puntos da costa das Mariñas.

O día 9, os principes (hoxe Reis)dan por finalizada a súa estancia no Pazo regresando a Madrid desde Alvedro. Comezan a chegar ministros á cidade da Coruña con motivo do Consello de Ministros que se celebrará no Pazo.

O día 10 o ditador acude acompañado do seu neto Francisco ao campo de golf da Zapateira onde xoga unha partida co seu habitual rival Joaquin Guimaraens. Ás 14:15 horas regresa para almorzar ao Pazo e pola tarde acude coa sua dona á Coruña onde embarcan no iate Azor, atrracado nas instalacións do club nautico, para ver unhas regatas.

O día 11 o ditador acude desde o Pazo pola mañá a xogar ao golf á Zapateira. Pola tarde despacha no Pazo de Meirás con algúns ministros do seu goberno.

O día 12 clebrase na escola de nautica da Coruña unha reunión do pleno do consello economico sindical do noroeste coa participación de catro ministros franquistas, entre eles Manuel Fraga Iribarne.

O día 13 reunese no Pazo de Meirás, baixo a presidencia de Franco, a comisión delegada do goberno para asuntos económicos.


O día 14 reunese o Consello de Ministros no Pazo. Nel abordase o caso "Matesa" do que informa o ministro Manuel Fraga Iribarne. (Ver máis) (Ver caso Matesa na wikipedia). (ver crónica do Consello de Ministros no diario ABC)
O día 15 pola mañá, Franco inaugura as novas instalacións do club de golf da Zapateria. Despois almorza no Azor, atracado na bahía da Coruña. Pola tarde presencia unhas regatas de traineras desde o Club Nautico da Coruña, e pola noite asiste a unha cea de gala no Concello da Coruña.
O día 16 pola mañá os Franco reciben en audiencia no Pazo de Meirás a Pedro Barrie de la Maza e a súa dona Carmen Arias Díaz de Rábago que lles fan entrega dun exemplar de honra do libro conmemorativo da fundación de FENOSA. Despois da audiencia Franco acude á Zapateira para xogar ao golf. Regresa ao Pazo para almorzar, pasando a tarde pescando no rio Eume.
O día 18 Franco sae pola mañá do Pazo para xogar ao golf na Zapateira. Tras almorzar no Pazo, o ditador embarca pola tarde no iate Azor, fondeado na costa de Corcubión a onde chega desde o Pazo por estrada e onde pasará varios días practicando a pesca de altura acompañado por Max Borrell e o ministro de mariña Nieto Antunez.

O día 22 Franco da por rematadas as xornadas de pesca a bordo do iate Azor e desembarca en Sanxenxo regresando ao Pazo de Meirás por estrada.

O día 26 a dona do ditador Carmen Polo Valdés sae do Pazo de Meirás pola tarde para visitar Ferrol acompañada pola dona do Xefe da casa militar, Castañón de Mena. No "Santo hospital de caridad" foron recibidas por diferentes "autoridades" civís e militares. Despois visitou a casa natal de Franco e o parador de turismo, regresando despois ao Pazo de Meirás.

O día 27 o ditador acude dese o Pazo ao campo de golf da Zapateira. Alí fai entrega duns trofeos dun campionato.


O día 30 audiencia no Pazo. O ditador recibe ao "Consejo Económico Sindical del Suroeste" e á "hermandad de alfereces provisionales" entre outras "entidades" e "personalidades" civís e militares. Tamén ofrece unha comida a diferentes "autoridades".

Setembro: O día 1 Franco sae do Pazo de Meirás con dirección a A Coruña para visitar a fragata-buque escola arxentina "Libertad" que se atopaba fondeada no porto desta cidade. Pola tarde, en compañía de Max Borrel acude ao rio Eume para practicar a pesca.

O día 4 Franco embarca ás dez e media da noite no iate Azor que se atopaba fondeado no porto de Sada, pasando alí a noite.

O día 5 o iate Azor faise ao mar con destino a Donostia tras embarcar Pedro Nieto Antunez, ministro da mariña e o xefe da casa militar Castañón de Mena, que acompañaban ao ditador. Franco daba así por rematada a súa estancia este ano no Pazo de Meirás e Galiza.
O iate Azor na Coruña

1 comentario:

  1. GRACIAS,MUCHISIMAS GRACIAS POR ESTAS FOTOS Y RECUERDOS DE UNA EPOCA MARAVILLOSA PACIFICA Y ENTRAÑABLE,QUE ME LLEVAN A LOS MAS BONITOS RECUERDOS DE MI VIDA ,QUE SON LOS DE LA MOCEDAD Y JUVENTUD.Y EL RECUERDO DE UNA PERSONA SINGULAR Y DE BIEN COMO FUE EL CAUDILLO FRANCISCO FRANCO,SIEMPRE PRESENTE EN EL RECUERDO.

    ResponderEliminar