1970

Neste ano iniciase o proceso "Matesa" e en decembro o proceso de Burgos

Xullo: O día 29 inician os Franco as sús vacacións en Meirás. Chegan desde Madrid ao aereoporto de Santiago de Compostela para trasladarse posteriormente en coche a Meirás.

Agosto: O día 2 os Franco saen do Pazo de Meirás a mediodía dirixindose a A Coruña, onde embarcan no iate Azor, fondeado nas instalacións do Club Nautico da Coruña, para almozar. Pola tarde fixeronse ao mar navegando ate o porto de Sada onde desembarcaron para continuar viaxe de regreso ao Pazo por estrada.
Durante oss primeiros dias deste mes, o ditador xoga ao golf polas mañás na Zapateira e adica as tardes á pesca.

O día 9 os Franco repiten a mesma axenda que o domingo anterior, dia 2. Almorzan na Coruña no Azor e navegan ate Sada onde regresan por estrada ao Pazo de Meirás.

O día 10 regresa o ditador ao Pazo de Meirás tras pasar varias xornadas de pesca de altura no iate Azor acompañado do seu neto Francisco e Max Borrell. Fondea o iate as dez da mañá no porto de Sada desembarcando o ditador que continua viaxe por estrada ao Pazo de Meirás. O iate pon rumbo a A Coruña, fondeando na súa bahía. Os Franco, tras oir misa na capela do Pazo, dirixense a A Coruña onde embarcan no Azor para almorzar.

O día 12 chega ao Aeroporto de Alvedro Juan Carlos de Borbón e o resto da familia do príncipe sendo recibidos pola muller do ditador, familia e netos, e autoridades varias. Este ano non veñen ao Pazo os infantes (Os fillos dos Borbóns) por atoparse en Roma. Despois acudiron, (os Borbóns e os Franco) á Catedral de Santiago para oir misa. tras descansar no Hostal dos Reis Católicos, regresaron ao Pazo de Meirás.
O día 13 o ditador e os Borbóns acuden pola mañá desde o Pazo de Meirás ao Club de golf da Zapateira onde xogan co directivo da entidade Joaquin Guimarans e o neto do ditador Francisco. Ao mediodía desprazanse ao porto de Sada para almorzar a bordo do iate Azor fondeado na ría. Despois do almorzo fan unha excursión maritima regresando posteriormente ao Pazo de Meirás.
O neto de Franco, Francisco Franco Martínez Bordiu, a súa aboa Carmen Polo e o ditador a bordo do iate Azor

O día 14 pola mañá Franco e o principe Juan Carlos desprazanse desde o Pazo de Meirás ao campamento xuvenil da "OJE" situado en Gandarío (Bergondo) onde presenciaron diferentes competciones deportivas.

O día 15 pola mañá os Borbóns dan por rematada a súa estancia no Pazo de Meiras, regresando a Madrid en avión desde Alvedro. Os Franco visitan este día Sobrado dos Monxes onde inspeccionan as obras de restauración do Mosteiro.

O día 18 varios ministros franquistas despachan co ditador no Pazo de Meirás. O ministro de información e turismo Alfredo Sánchez Bello aproveitou a súa estancia na cidade para inaugurar este día o complexo da "Solana" na Coruña.

O día 21 celebrase Consello de Ministros no Pazo de Meirás.

O día 22 os Franco saen do Pazo de Meirás pola noite para acudir á tradicional cea de gala no Concello da Coruña. Alí o ditador inaugura unha exposición de reloxos antiguos.

O día 23 os Franco desprazanse desde o Pazo de Meirás a Ferrol onde asisten á botadura nos asteleiros de ASTANO do petroleiro "Melilla" actuando de madriña a dona do ditador Carmen Polo.  Franco adica a tarde a pescar no rio Eume acompañado polo seu neto Francisco e Ricardo Catoira.

O día 24 os Franco saen do Pazo de Meirás con dirección a Vigo por estrada. En Cangas do Morrazo o ditador embarca no iate Azor facendo o resto da viaxe por mar. A súa dona Carmen Polo continúa viaxe por estrada. En Vigo os Franco inauguran a nova Casa do Mar. O ditador adicase á pesca a bordo do iate Azor.

O día 26, trs varias xornadas de pesca a bordo do iate Azor, o ditador regresa ao Pazo de Meirás.

O día 28 o ditador xoga ao golf pola mañá na Zapateira e pesca no rio Eume pola tarde, acompañado tanto pola mañá como pola tarde polo seu neto Francisco e do almirante Nieto Antunez.

O día 30 os Franco acuden ao mediodía ao club de golf da Zapateira para facer a entrega de premios dun campionato.


O día 31 concede unha audencia no Pazo a diferentes "autoridades" do réxime na provincia tanto civis como militares aos que o ditador convidou a almorzar no Pazo. Tamén recibiu en audencia aos xornalistas acreditados que cubrían ao estancia de Franco en Galiza. Ese mesmo día tamén acudiu ao Pazo de Meirás, Pedro Barrie de la Maza. A última hora da tarde a dona do ditador Carmen Polo acude a Santiago de Compostela a orar na catedral regresando á noite ao Pazo de Meirás.

Setembro: O dia 4 pola noite o ditador embarca no iate Azor, fondeado no porto de Sada facendose ao mar e dando por rematada asúa estancia este ano no Pazo de Meirás e Galiza.

A partir deste ano comezan a verse por Meirás o novo modelo de Cadillac, que o propio Franco ordeou mercar.

No libro de Pilar Eyré "Dos Borbones en la corte de Franco" descibese un pasaxe deste verán de 1979 no Pazo de Meirás. Pode consultarse aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario