1971

Neste ano tentase dar "carpetazo" ao caso Matesa, que salpicaba ao réxime. En outubro, e co fin exaltar ao Xefe do Estado, o aparello franquista, salpicado por este caso, convoca unha concentración na Praza de Oriente co slogan. "esta vez porque sí"

Xullo: O día 24 chegan os Franco ao Pazo de Meirás. O fan en avión desde Madrid a Santiago de Compostela que toma terra en Lavacolla pasadas as seis da tarde, e desde onde continúan viaxe por estrada ao Pazo de Meirás, sendo recibidos alí por diferentes "autoridades" do réxime.
O día 25 o ditador desprazase desde o Pazo de Meirás a Santiago de Compostela onde fai a ofrenda ao apostolo. Despois acude a unha recepción no Concello e almorza no palacio arzobispal regresando despois ao Pazo de Meirás. Este mesmo día chega ao porto de Sada o iate Azor que fondea alí.

O día 26 Franco sae pola mañá do Pazo de Meirás para xogar ao golf na Zapateira. Pola tarde adicase á pesca. 

O día 27, a última hora da mañá chegan en dous avións diferentes ao aeroporto de Alvedro da Coruña os principes Juan Carlos e Sofía e os seus fillos. Desprazarianse despois por estrada ao Pazo de Meirás sendo recibidos alí polo ditador Franco. Ese día tamén chega en avión o marqués de Villaverde, home da filla do ditador ao Pazo de Meirás

Agosto: O día 1 de agosto, a dona do ditador Carmen Polo, sae do Pazo de Meirás pola mañá pra inaugurar na Coruña a "Feira nacional da planta e a flor".
Ao mediodía os Franco dirixense ás instalacións do Club Nautico da Coruña a onde chegan (ver imaxe inferior) para almorzar a bordo do iate Azor.


O día 7  os netos de Franco xogan na praia de Veigue (cercana ao Pazo de Meirás) co golfiño "Nino" que Felix Rodríguez de la Fuente calificara como exemplar extraordinario e único no mundo.
O día 8 os Franco desprazanse desde o Pazo de Meirás ás instalcións do Club Nautico da Coruña onde embarcan no iate Azor para almorzar. Pola tarde presiden alí unha competición de regatas de traineras.

O día 11 o ditador despacha con varios ministros no Pazo de Meirás. A súa dona Carmen Polo visita ese día, acompañada da súa irmán Isabel, Ferrol.

O día 12 pola mañá reunese no Pazo de Meirás e presidida por Franco, a Comisión delegada para asuntos económicos.

O día 13 Franco preside un Consello de Ministros no Pazo.
O día 14 o ditador sae do Pazo de Meirás a Santiago de Compostela onde inaugura ás once e media o mercado ncional de gandos. De regreso ao Pazo de Meirás para na Coruña a unha do mediodía onde inaugura o viaducto do "generalisimo". Este día pola noite os Franco asisten á tradicional cea de gala no Concello da Coruña.

O día 15 os Franco saen pola mañá do Pazo de Meirás para presidir unha entrega de trofeos no Club de Golf da Zapateira. Ao mediodía desprazanse desde alí ao Club Nautico da Coruña onde embarcan no iate Azor, fondeado alí para almorzar.

O día 22 os Franco desprazanse desde o Pazo de Meirás ao Club Nautico da Coruña desde onde embarcan a bordo do iate Azor para almorzar.
Pola tarde,  desde o iate, presencian unhas probas de motonautica que se desenvolven na bahía coruñesa. Franco recibe a bordo do Azor aos participantes na proba.

O día 23 os Franco saen do Pazo de Meirás con destino a Ferrol. No camiño fan unha parada en Pontedeume onde Franco recibe nun cial na casa do concello o título de alcalde perpetuo da vila. En Ferrol os Franco inauguran o centro de educación especial "Carmen Polo de Franco".

O día 27 o ditador ofrece unha recepción civil e militar no Pazo de Meirás. Non transcurso dela faiselle entrega dun exemplar en ouro e con numeración fora de serie da medalla oficial conmemorativa do ano santo compostelano (pode verse na imaxe inferior). Ao mediodía ofrece un almorzo a iferentes "autoridades" da provincia no Pazo de Meirás.

O día 29 os Franco desprazanse desde o Pazo de Meirás ao club nautico da Coruña onde embarcan no Azor en fanse ao mar.

O día 30 os Franco saen pola mañá do Pazo de Meirás para inaugurar en Suevos (Arteixo) unha factoría de matadeiros frigorificos.
Franco inaugurando uns matadeiros en Suevos (Arteixo)

O día 31 os Franco reciben ao consello directivo da Fundación Pedro Barrie de la Maza no Pazo de Meirás, presidido por Carmen Arias y Díaz de Rabago, condesa de FENOSA. Estes fanlle entrega ao ditador da primeira medalla de ouro da entidade. Previamente, a súa dona Carmen Polo recibiu no Pazo a unha representación de centros galegos de diferentes provincias españolas e de fora, facendolle entrega á dona do ditador do titulo de presidenta de honra dos centros galegos.

Setembro: O día 2 pola tarde a dona do ditador desprazase desde o Pazo de Meirás a Ferrol onde é recibida polo alcalde. Alí visita a casa natal do ditador, fai algunhas "compras", regresando á noite ao Pazo.

O día 3 o ditador desprazase desde o Pazo de Meirás ao campo de golf da Zapateira. Pola tarde despacha no Pazo e pola noite, as once desprazase desde o Pazo ao porto de Sada embarcando no iate Azor. Faise ao mar, dando por rematada este día a súa estancia no Pazo de Meirás e Galiza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario