1972

Ano no que se incrementan os problemas de orde público en Euskadi, que os estados de excepción declarados polo réxime non foron quen de contrarrestar.

Xullo: O día 27 chegan os Franco ao Pazo de Meirás para iniciar a súa estancia este ano en Galiza. Viaxan en avion desde o aeroporto de Barajas en Madrid. O día 28 comeza a realizar as actividades que maiormente practicará este verán. Xogar a golf pola mañán e a pesca no rio polas tardes.
O día 30 os Franco oen misa pola mañá na capela do Pazo desprazandose despois ao Club Nautico da Coruña onde embarcan no iate Azor para almorzar. Pola noite desembarcan do Azor no porto de Sada, regresando en automobil ao Pazo. O día 31 a neta do ditador Mar Martinez Bordiu preside na Coruña un partido de hoquei pertencente ao campionato dos mundiais que se celebraba por esas datas na Coruña.

Agosto: O día 6 os Franco saen o Pazo de Meirás ao mediodía con dirección a A Coruña, onde embarcan para almorzar no iate Azor, fondeado fronte ás instalacións do Club Nautico da Coruña. Pola noite desembarcan do Azor no porto de Sada, regresando en automobil ao Pazo. Á chegada dos Franco ao Club Nautico da Coruña, recibiron aos xogadores da selección española de hoquei, recentemente proclamados campións no mundial xogado na Coruña.

O día 7 a dona do ditador Carmen Polo recibe unha homenaxe no Pazo de Meirás da OJE (Organización Juvenil Española), facendolle entrega o director do campamento de Gandarío dun ramo de flores.

O día 8 a muller do ditador Carmen Polo, recibe unha homenaxe no Pazo de Meirás polos nenos que estan no campamento da O.J.E en Gandarío. Este mesmo día chegan ao Pazo de Meirás desde o aeroporto de Lavacolla Alfonso de Borbón e a sua dona e neta de Franco, Carmen Martínez Bordiu. Tamén chegan ese mesmo día os principes Borbóns ao Pazo de Meiras. Son recibidos no areporto de Alvedro por Carmen Polo e no Pazo por Franco.

Franco adica a maior parte da súa estancia este ano no Pazo de Meirás a xogar ao golf pola mañá na Zapateira, a pesca pola tarde nos rios Mandeo e Eume, e a embarcar no iate Azor, sobre todo os domingos, para almorzar. O principe Juan Carlos acompañou ao ditador coincidindo nas xornadas nas que se aloxou no Pazo de Meirás, nas partidas de golf na Zapateira.

Así, o día 9 acuden a xogar ao golf á Zapateira ademais do ditador Franco, os principes Juan Carlos e Sofía, Alfonso de Borbón Dampierre e a súa dona e neta de Franco María del Carmen Martinez Bordiu Franco, Gonzalo de Borbón Dampierre e os marqueses de Villaverde.


Os Franco tamén gostan da praia. A escasos kilometros do Pazo, no concello veciño de Oleiros era pechada ao público pola garda civil a praia de Bastiagueiro. En anos anteriores ian os Franco (que nunca ninguén os viu en bañador), despois os netos do ditador. Este ano, o neto maior, Francisco Franco Martínez Bordiu acude a Bastiagueiro cos fillos dos principes, Elena, Cristina e Felipe. Na imaxe inferior podese ver xogando ao neto do ditador con Elena e Felipe.

O día 13 os Franco desprazanse ao mediodía desde o Pazo de Meirás ao Club Nautico da Coruña onde embarcan no iate Azor para almorzar. Pola tarde presiden desde as instalacións do Club a "Copa Generalisimo" de regatas, como ven sendo tradicional xa todos os anos en honra do ditador.
O día 15 os Franco desprazanse desde o Pazo de Meirás ao Club Nautico da Coruña onde embarcan no iate Azor. Desde alí presencian unha demostración paracaidista que se celebra na bahía da Coruña.

O día 16 Franco despacha no Pazo de Meirás con Luis Carrero Blanco e outros ministros do seu goberno.

O día 17 reunese no Pazo de Meirás, presidida por Franco a Comisión Delegada para asuntos económicos.
O día 18 celebrase Consello de Ministros no Pazo de Meirás. Nel aprobase o expediente de expropiación, no que se declaraba de interés público a extracción do carbón co obxetivo de alimentar unha central térmica. A empresa ofrece prezos moi baixos aos labregos e labregas polas súas propiedades e foi entón cando comenzaron os intentos de expropiación forzosa e os enfrontamentos cos veciños que non estaban dispostos a abandonar o seu medio de vida a calquera prezo.
O día 19 os Franco saen do Pazo de Meirás con destino a Ferrol onde inauguran un monumento ao capitán xeneral Alonso Vega e un parque de vivendas. Pola noite acuden á tradicional cea de gala no Concello de Coruña.

O día 21 os Franco saen do Pazo de Meirás pola mañá dirixindose ao porto de Sada onde embarcan no iate Azor, que pon rumbo ao porto da Coruña. Alí atracan no peirao da Palloza para acudir a inaugurar a Casa do Mar. Alí un mariñeiro faille entrega a Franco da primeira "medalla de oro al merito social marino". Tras inaugurar o centro, o ditador dirixiuse á Residencia Sanitaria ("Ciudad sanitaria de la Seguridad Social") para proceder a súa inauguración.
Franco inaugurando na Coruña a cidade sanitaria da Seguiridade Social

Este día a dona do ditador acudiu a unha mesa petitoria que presidía na Coruña a súa filla, Carmen Franco e que se pode ver na imaxe inferior


O día 27 os Franco desprazanse ao mediodía desde o Pazo de Meirás ás instalacións do Club Nautico da Coruña. Alí embarcan no iate Azor e presencian unhas probas de motonautica que se desenvolveron na bahía da  Coruña.

O día 28 a dona do ditador, Carmen Polo desprazase pola mañá desde o Pazo de Meirás a Pontedeume, onde visita unha exposición de filatelia.

O día 30 a dona do ditador, desprazase desde o Pazo de Meiras a Ferrol, onde visita a casa natal do ditador, e fai algunhas "compras". Na imaxe da esquerda podese ver unha imaxe de Carmen Polo ese día en Ferrol xunto á "comitiva" que a acompañaba. A última hora da tarde regresa ao Pazo.

O día 31 o ditador Franco, acompañado da súa dona Carmen Polo, desprazanse desde o Pazo de Meirás á catedral de Santiago de Compostela para orar.

Setembro: O día 2 o ditador concede pola mañá no Pazo de Meirás unha audiencia civil e militar. Ao mediodía ofrece un almorzo no Pazo a diferentes "autoridades" da provincia. Pola tarde os Franco inauguran unha escola "para la promoció de mujeres campesinas" en Bastiagueiro, e unha central térmica en Sabón. Despois regresan ao Pazo.

Audiencia do ditador no Pazo de Meirás en 1972
O día 4 o ditador acompañado da súa dona Carmen Polo desprazanse desde o Pazo de Meirás a Mondego onde inauguran o colexio denominado "Escuela - Hogar Pedro Barrie de la Maza". Os Franco chegaron a Mondego ás catro e media da tarde e rematados os actos no colexio puxeron rumbo ao porto de Sada onde embarcaron a bordo do iate Azor.

O día 5 o ditador chega a Viveiro a bordo do iate Azor ao redor das sete da tarde. A súa dona chega alí por estrada, embarcando alí no iate, dando por rematada a estancia dos Franco este ano no Pazo de Meirás.


Neste ano, o día 8 de marzo, celebrase a boda entre a neta do ditador, María del Carmen Martinez Bordiu e Alfonso Borbón y Dampierre. A dona do ditador, Carmen Polo, fracasaría no seu intento de convertir ao marido da súa filla en sucesor de Franco, na vez de Juan Carlos Borbón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario