1973

En xuño deste ano Franco separa as súas funcións en nomea a Carrero Blanco presidente do goberno, que morre nun atentado de ETA o 20 de decembro. Franco nomea a Arias Navarro, presidente do goberno.

Xullo: Franco chega en avión o día 27 a Santiago de Compostela desde Madrid, e desde alí, desprazase en automóbil ao Pazo de Meirás para iniciar as suas vacacións estivais que con esta, xa van 33 veráns consecutivos.
O ditador Franco tras apearse do avión que o levou de Madrid a Santiago de Compostela en 1973

O día 29 chegan ao Pazo os principes (hoxe reis) e os seus fillos procedentes do aeroporto de Alvedro, onde foron recibidos pola muller de Franco, Carmen Polo. Na imaxe podese ver aos fillos daquela principe, xogando cunha neta de Franco (Arantxa) na praia de Bastiagueiro en 1973.


O día 31 a dona do ditador desprazase desde o Pazo de Meirás á catedral de Santiago de Compostela.

Agosto: O día 2 pola mañá remata a estancia no Pazo de Meirás dos principes Juan Carlos e Sofía, regresando en avión desde o aeroporto de Alvedro a Madrid. O ditador pasa a mañá xogando ao golf na Zapateira, e a tarde pescando no rio Eume.

O día 5 os Franco oen misa pola mañá na capela do Pazo de Meirás. Despois desprazanse en automíbil ao porto de Sada onde embarcan no iate Azor para almorzar. Rematado este regresan ao Pazo. Momentos despois saen novamente con destino a A Coruña onde asiten á final do trofeo "Teresa Herrera", regresando á noite ao Pazo.

O día 6 o ditador sae pola mañá do Pazo para xogar ao golf na Zapateira. Regresa ao medidía para almorzar, saindo novamente pola tarde para practicar a pesca.

O día 8 a dona do ditador sae pola mañá do Pazo de Meirás a Santiago de Compostela onde ora na catedral. Despois continua viaxe a Pontevedra.

O día 12 os Franco oen misa pola mañá na capela do Pazo. Despois desprazanse ás instalacións do Club Nautico da Coruña desde onde embarcan no iate Azor para almorzar. Pola tarde o iate pon rumbo ao porto de Sada, onde desembarcan os Franco para regresar por estrada ao Pazo de Meirás.

O día 14 a dona do ditador preside os funerales polas vitimas do accidente aereo en Montrove do día 13 (a escasos kilometros do Pazo de Meirás).


O día 15 os Franco voltan a Coruña a almorzar no iate Azor fondeado no Cub Nautico, regresando por mar ao porto de Sada pola tarde.

O día 16 o ditador despacha no Pazo de Meirás co presidente do goberno, Luis Carrero Blanco. A súa dona desprazase a Culleredo onde inaugura un colexio xunto ao ministro de educación.

O día 17 Franco preside un Consello de Ministros no Pazo de Meirás. Este dia os Franco inauguran no peirao da Animas na Coruña a base de salvamento de naufragos e á bendición da lancha de salvamento "Blanca Quiroga". Pola noite os Franco acuden desde o Pazo de Meirás ao concello da Coruña para asistir á tradicional cea de gala.


O día 18 os Franco acuden desde o Pazo de Meirás ao estadio de Riazor para presidir no palco o partido Deportivo - Real Madrid (1-2) correspondente ao trofeo "conde de Fenosa".

O día 19 os Franco almorzan a bordo do iate Azor, fondeado na bahía da Coruña. Perto das sete da tarde os Franco desembarcan do Azor para dirixirse ás instalacións do Club Nautico da Coruña desde onde presencian unha regata de traineras, copa "generalisimo".
O ditador Franco presidindo a entrega de trofeos do campionato de regata "copa generalisimo" no Club Nautico da Coruña

O día 20 a dona do ditador, Carmen Polo sae pola mañá desde o Pazo de Meirás para visitar A Toxa e Vigo, regresando á noite ao Pazo.

O día 21 a dona do ditador sae pola tarde do Pazo de Meirás para visitar Ferrol.

O día 23 os Franco desprazanse a Ferrol desde o Pazo. Alí pasean polo centro, visitan o novo dique seco da factoría de Bazán e a ermida da virxe de chamorro. A bordo do iate Azor presenzan unhas maniobras da nova fragata "Baleares".

O día 26 o ditador desprazase pola mañá ao Club de Golf da Zapateira onde xoga unhas partidas. Despois preside unha entrega de premios (a copa "generalisimo") na terraza das instalacións do club. Regresa ao Pazo de Meirás para almorzar e pola tarde asiste a unha competición de motonautica nas instalacións do Club Nautico da Coruña. A dona do ditador, Carmen Polo asistira este día ao colexio Calvo Sotelo da Deputación Provincial da Coruña onde inaugurou unha exposición de Dionisio Fierros.

O día 30 o ditador concede pola mañá diferentes audencias no Pazo ás que asisten comisións militares, "personalidades" do aparato franquista, autoridades xudiciais, ao Presidente da Deputación e Alcalde da Coruña e Ferrol, ao presidente da empresa Alcoa, ao gobernador civil de Pontevedra, ao Alcalde de Sada, Nicolas Blanco e ao cura parroco de Sada, Ignacio Toimil Vila. Ao mediodía Franco ofreceu unha comida no Pazo ás seguintes "autoridades":
Ministro da mariña e dona.
Tenente Xeneral da I rexión aerea e dona.
Capitán Xeneral da VIII rexión militar e dona.
Capitán Xeneral da zona maritima do Cantábrico e dona.
Gobernador Civil da Coruña e dona.
Alcaldes da Coruña e Ferrol e donas.
Comandante de mariña e dona.
Tenente xeneral xefe da Casa Militar de S.E. e dona.
Xenera segundo xefe da Casa Militar, axudante de campo do ditador e o secretario da Casa Civil.
Arzobispo de Santiago de Compostela.
Pazo.

Setembro: O día 1 a dona do ditador sae do Pazo de Meirás para visitar Ferrol. Franco recibe no rio Eume, onde se atopaba pescando, o titulo de presidente de honra do club Salmo.

O día 3 os Franco visitan pola tarde Santiago de Compostela onde acuden á catedral. Tras descansar brevemente no hostal dos reis catolicos regresaron ao Pazo de Meirás.

O día 6 os Franco dan por finalizada a súa estancia no Pazo de Meirás. O ditador embarca no iate Azor poñendo rumbo a Viveiro. A súa dona fai a viaxe por estrada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario