1974

 Ano do "espirito 12 de febreiro" que abre a posibilidade para que determinados sectores politicos participen nunha democratización do réxime por dentro que propio aparello franquista se encarga de aniquilar. Ano da execución do anarquista catalán Puig Antich. Franco sofre un ataque de feblitis, polo que é ingresado nunha clinica de Madrid. Diante do agravamento da doenza delega os seus poderes en interinidade no principe Juan Carlos Borbón, que recupera, por propia decisión do ditador en setembro.

Agosto: O día 16 chega o ditador ao Pazo de Meirás para inciar as súas vacacións (este ano a convalecencia) Viaxou nun Boeing 727 desde o aeroporto de Barajas onde foi despedido polo enton principe Juan Carlos de Borbón, ate o aeroporto de Lavacolla en Santiago de Compostela onde chegoua as 18:03 horas. Desde alí desprazouse en coche ate Meirás. Viaxaron no avión xunto ao ditador e a súa dona, os duques de Cadiz, o ministro do aire, os marqueses de Villaverde, os señores de Ardid, Isabel e Felipe Polo, Francisco e Jaime Martinez Bordiu. Os Franco case en pleno acompañados dos xefes das casas civil e militar ademais dos axudantes de Campo.


No Pazo de Meirás agardaban entre outras "personalidades" Max Borrell, Nieto Antuñez e Castañón de Mena e a Condesa de Fenosa, viuva de Pedro Barrie de la Maza.
Franco descansa no Pazo de Meirás da súa tromblofebite. Este ano non é igual aos anteriores por esta circunstancia.

O día 19, os Franco escoitan misa na capela do Pazo, e ven as regatas por televisión que pola honra do ditador se celebraban na bahía da Coruña. É a primeira vez que o ditador falta a esta cita. Franco adica o seu tempo no Pazo a paseos polo parque, a ver a televisión e á lectura, nomeadamente de periodicos. O iate Azor permanece fondeado no porto de Sada facendo diariamente maniobras de aproximación ao peirao.

O día 27 Juan Carlos Borbón, principe de España naquel momento e cos poderes de Franco interinamente por convalecencia por enfermidade do ditador, chega ao aeroporto de Alvedro  que presidirá un Consello de Ministros o día 30. (Ver edición do xornal "La Vanguardia" de 28 de agosto).
O principe Juan Carlos Borbón no Pazo de Meirás en 1974
O dia 29 a dona do ditador Carmen Polo desprazase pola tarde desde o Pazo de Meirás á catedral de Santiago de Compostela. Tras orar no templo e descansar durante uns minutos no hostal dos reis catolicos, regresa ao Pazo de Meirás.


O día 30 celebrase no Pazo de Meirás un Consello de Ministros presidido polo principe, e acordase entre outras cuestións, a eliminación do porto de Pedrafita no plan de accesos a Galiza por un valor de 823 millóns de pesetas. Curiosamente o día que Franco "tomou posesión do Pazo (o 5 de decembro de 1938) prometeu construir unha estrada que puxera A Coruña-Madrid en menos de 6 horas. Morreu tras case 40 anos de ditadura sen cumprir a promesa.



Setembro: O día 1 Franco desde o Pazo de Meirás comunica co principe en Palma de Mallorca comunicandolle que retoma a Xefatura do estado.

O día 3 o ditador acude pola mañá ao campo de golf da Zapateira a xogar con Joaquín Guimaraens unha partida de golf. É a primeira vez que sae do Pazo este ano desde a súa chegada o 16 de agosto.
O día 4 Franco pasa toda a mañá no Pazo de Meirás. Recibe en audiencia ao gobernador civil da Coruña.  Pola tarde xoga ao golf na Zapateira.

O día 5 o ditador acude desde o Pazo de Meirás ao campo de golf da Zapateira. A súa dona viaxa ate a catedral de Santiago de Compostela. A tarde a pasan os Franco no Pazo de Meirás vendo unha proxección cinematofgrafica.

O día 6 o ditador ofrece un almorzo no Pazo de Meirás a diferentes "autoridades" franquistas. Este ano non se celebra a acostumada audiencia no Pazo civil e militar.

O día 9 os Franco dan por rematada a súa estancia no Pazo de Meirás e Galiza. Regresan en avión a Madrid desde o areporto de Lavacolla en Santiago de Compostela. Sairon do Pazo as tres e media da tarde e fixeron unha parada na catedral. O avión despegou as cinco da tarde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario