1975

 Ano da morte do ditador e grandes convulsións pola aplicación de varias penas de morte contra membros do FRAP e ETA, a situación de Marrocos e outros problemas exteriores. O principe Juan Carlos toma posesión como rei.

Xullo: O día 28 chega Franco ao Pazo de Meirás. Viaxou de Madrid a Santiago de Compostela en avión, desprazandose desde alí en atomóbil ate o Pazo de Meirás. Os principes, actuais Reis de España, visitan en duas ocasións a Franco no Pazo de Meirás.
Recibimento das "autoridades" franquistas pola chegada do ditador ao Pazo de Meirás

O día 29 iniciase a primera estancia dos principes este ano no Pazo de Meirás. Chegan ao Pazo desde o aeroporto de Alvedro, desprazandose posteriormente ao porto de Sada onde almorzaron cos Franco a bordo do iate Azor.

O día 30 os bisnetos de Franco xunto cos fillos dos principes (Elena, Cristina e Felipe) acudiron á praia de Bastiagueiro desde o Pazo de Meirás. Os principes pasaron case toda a mañá no Pazo, indo a unha do mediodía tamén á praia de Bastiagueiro. Franco acudiu á Zapateira pola mañá a xogar ao golf. O principe Juan Carlos Borbón o fixo pola tarde.
Franco de camiño ao campo de golf da Zapateira

O día 31 o ditador acompañado da súa neta Carmen Martinez Bordiu, o seu marido, Alfonso de Brobón e o principe Juan Carlos Borbón acuden á Zapateira a xogar ao golf. A princesa Sofía almorzou a bordo do iate Azor fondeados no porto de Sada. Os fillos dos principes acompañados dos bisnetos de Franco acudiron á praia de Bastiagueiro. As dúa da tarde chega ao Pazo de Meirás o presidente das Cortes pra despachar co ditador.
Cambio de garda na porta principal do Pazo de Meirás

Agosto: O día 1 dan por rematada a súa primeira estancia os principes e fillos. As seis e cuarto da tarde saen do Pazo de Meirás con dirección ao aeroporto de Alvedro.

O día 3, os Franco acuden desde o Pazo de Meirás ao Club Nautico da Coruña, onde embarcan no iate Azor para almorzar. Alí, a bordo do iate pasan case toda a tarde, navegando pola bahía coruñesa. Desembarcan no porto de Sada, regresando por estrada ao Pazo de Meirás.

O día 5 a dona do ditador sae pola tarde do Pazo de Meirás con destino a Ferrol. Alí visita unha tenda de antigüidades na rua Frutos Saavedra desprazandose posteriormente a visitar a casa natal do ditador. Ao redor das nove da noite regresa de volta ao Pazo de Meirás.

O día 6 o ditador xoga ao golf pola mañá na Zapateira.

O día 9 o Azor, fondeado na ría de Sada, desprazase ao porto da Coruña, onde se deprazaran os Franco ao día seguinte.

O día 10 os Franco oen misa pola mañá na capela do Pazo desprazandose a mediodía desde o Pazo de Meirás ao Club Nautico da Coruña onde embarcan no iate Azor para almorzar. Ese día che o presidente do goberno Arias Navarro a A Toxa para veranear.

O día 13 o Presidente do goberno Arias Navarro almorza no Pazo con Franco. Chegou en helicoptero desde A Toxa ao aeroporto de Alvedro, desprazandose despois por estrada ao Pazo. Antes do almorzo o presidente despacha co ditador. Debido a este encontro no Pazo, o ditador non xogou esa mañá a súa "tradicional" partida de golf na Zapateira.
O ditador Franco no interior do Pazo de Meirás

O día 14 os Franco acuden desde o Pazo de Meirás a Ferrol onde aisten a unha demostración naval que presencia a bordo do iate Azor. Finalizada esta, os Franco regresan ao Pazo por estrada. Na noite deste día a filla do ditador e o seu marido (os marqueses de Villaverde) presiden unha gala benefica nun hotel da Coruña.

O día 15 o Azor atraca no Porto de Fontán (Sada). O presidente do goberno, de vacacións na Toxa recibe de mans do alcalde o "Centollo de Oro".

O día 16 Manuel Fraga Iribarne acude ao Pazo de Meirás a entrevistarse con Franco. Pola mañá o ditador acudira desde o Pazo á Zapateira onde xogou ao golf. 

Manuel Fragra Iribarne entrando no Pazo de Meirás o 16 de agosto de 1975

O día 17 os Franco saen pola mañá do Pazo de Meirás con dirección ao club nautico da Coruña a onde chegan as dúas da tarde. tras ser saudados polas "autoridades" franquistas, embarcan no iate Azor onde almorzan. Tras o almorzo fanse ao mar, pasando a tarde navegando.

O día 18 regresa ao Pazo de Meirás desde Palma de Mallorca o principe Juan Carlos.
O día 19 o ditador e o principe Juan Carlos acuden pola mañá á Zapateira a xogar ao golf. Os ministros franquistas comezan a chegar a A Coruña con motivo da celebración proximamente dun consello de ministros. Pola tarde chega ao Pazo de Meirás, desde a Toxa, o presidente do goberno e a súa dona, onde pasarán uns días convidados polos Franco.

O día 20 pola mañá, o príncipe Juan Carlos Borbón da por rematada a súa segunda estancia este verán no Pazo de Meirás. Acude ao aeroporto de Alvedro desde o Pazo, para dirixirse a Palma de Mallorca, sendo despedido alí, entre outras "autoridades" franquistas, polo presidente do goberno Carlos Arias Navarro.
Franco xogou ese ao golf na Zapateira, a onde chegou as doce da mañá. As dúas da tarde regresou ao Pazo de Meirás para almorzar.
Pola tarde, as catro e media, acudiu ao Pazo de Meirás o ministro "secretario general del moviemiento" onde despachou co ditador.

O día 22 celebrase Consello de Ministros no Pazo de Meirás. O derradeiro consello de ministros celebrado no Pazo de Meirás, dous meses antes da agonía e morte do ditador. Da agonía tamén do propio réxime totalitario que estaba a dar os últimos coletazos sanguinarios. Nesa reunión no pazo de ministros franquistas saiu aprobado o Decreto Lei que denominaron de "prevención do terrorismo" e que foi aplicado uns días despois contra varios membros de ETA e o FRAP coa máxima pena. A pena de morte.
Unhas condenas que provocaron multitudinarias protestas internacionais e que forman parte xa da memoria colectiva daquelas persoas que loitaron, xogandose as súas vidas, contra a ditadura franquista.
Os Franco acuden a noite deste día desde o Pazo de Meirás á tradicional cea de gala no concello da Coruña. A esta cea acudiu tamén o presidente do goberno Carlos Arias Navarro e catorce ministros franquistas.
Cea de gala no concello da Coruña en 1975
Derradeiro Consello de Ministros no Pazo de Meirás presidido por Franco (1975)

O día 23 os Franco acuden desde o Pazo de Meirás ao Club Nautico da Coruña onde presiden o trofeo "copa generalisimo" de Regatas. O presidente do goberno abandona o Pazo con dirección a Asturias.

O día 25 os Franco acuden ao Palacio dos deportes de Riazor na Coruña onde a ritmo de bailes tradicionales galegos reciben "unha homenaxe de Galiza".

O día 26 a dona do ditador Carmen Polo, acude na Coruña a unha inauguración de exposición do pintor Francisco Llorens. (imaxe da esquerda).

O día 30 o ditador desprazase pola mañá xunto á súa dona Carmen Polo desde o Pazo de Meirás ao Club de Golf da Zapateira onde preside unha entrega de trofeos da Copa do "generalisimo". Previamente á entrega de trofeos o ditador xogou unha partidas co directivo da entidade Joaquín Guimaraens.

O día 31 Franco oe misa pola mañá na capela do Pazo. A súa dona o fai na igrexa parroquial de Meirás, que se atopaba ese día en festas. Despois os Franco desprazoronse por estrada a A Coruña onde embarcaron perto das instalacións do Club Nautico da Coruña a bordo do iate Azor para almorzar.

Setembro: O día 1 o ditador acude pola mañá á Zapateira para xogar ao golf.

O día 2 o ditador concede no Pazo de Meirás unha audiencia militar. Na imaxe da esquerda podese ver posando aos membros dunha comisión de xenerales, oficiais e xefes dos tres exercitos.

O día 3, o ditador xoga ao golf pola mañá na Zapateira regresando ao Pazo de Meirás para almorzar ás duas da tarde. Este día, o presidente do goberno, Arias Navarro, regresa a Madrid.

O día 4 o ditador ofrece pola mañá no Pazo de Meirás unha audiencia civil. Rematada esta, recibiu na biblioteca do Pazo a representantes da prensa local, das radios, televisión e Nodo. Ao mediodía ofreceu un almorzo no Pazo a diferentes "autoridades" franquistas da provincia.

O día 5 os Franco saen pola tarde do Pazo de Meirás para visitar a casa Cornide (da súa propiedade) nna cidade Vella da Coruña. Ás seis e media da tarde inauguran en Altamira, a 14 kilometros da Coruña, a central hortofruticola de Galiza.

O día 8 os Franco dan por rematada a súa estancia no Pazo de Meirás e Galiza. Saen tras almorzar ao mediodía no Pazo dirixindose por estrada ao aeroporto de Lavacolla en Santiago de Compostela. Antes fan unha parada na catedral para dar o "tradicional abrazo" ao apostolo Santiago.
Regresan directamente a Madrid, igual que o ano anterior, no que xa non acudiran ao palacio de Ayete en Donosti onse soian pasar tamén uns dias de vacacións.



Novembro: O día 20, fina en Madrid Francisco Franco despois dunha penosa agonía. No video inferior podese ver un resume da nova da súa morte e soterramento no "Valle de los caidos".  A propiedade do Pazo pasa a mans da sua dona, Carmen Polo, e da súa filla, Carmen Franco.
O día 22, o principe Juan Carlos Borbón, en virtude da Lei de Sucesión aprobada no seu día polas cortes franquistas, toma posesión como rei de España.
Decembro: O xa rei de España, Juan Carlos Borbón, decreta conceder á viuva de Franco (Carmen Polo Valdés) o título de "Señora de Meirás con Grandeza de España". O título ten unha relación directa coa propiedade do Pazo de Meirás. Juan Carlos Borbón tamen nomea este mesmo mes á filla de Franco "Duquesa de Franco". Os títulos asinados polo rei, son entregados a Carmen Polo Valdes e Carmen Franco Polo no "Palacio del Pardo" polo Ministro de Xustiza, e unha comisión nomeada ao efecto, na que estaban acompañados por un xeneral e un almirante.

Esta foi unha das primeiras medidas adoptadas polo novo rei. A restauración borbonica producese o día 22 de novembro e o nomeamento de honores á familia Franco producese, en tempo record,  o día 26 mediante decreto-lei 18/1975.

O título outorgado pola restauración borbonica (señora de Meirás con grandeza de España) ten caracter vitalicio e non ten clausula sucesoria algunha. Esto é, co falecemento do posuidora do título (Carmen Polo) dito título estinguiriase automaticamente.

O título de duquesa de Franco, outorgado o mesmo día polo rei mediante decreto 3028/1975,e outorgado polo rei a súa filla Carmen Franco, si contempla descendencia para "si, sus hijos y descendientes".

Máis unha vez, a legalidade non se cumple no caso de ser necesario favorecer aos Franco. Co falecemento de Carmen Polo en febreiro de 1988, supostamente o titulo de "señora de Meiras con grandez de España" quedaba extinguido. Poren, o seu neto maior, Francisco Franco Martínez Bordiu, o reclamou para sí en setembro dese ano.

A pesares de que o decreto lei non contemplaba sucesión algunha, outorgouse polos borbóns un título xa extinguido por lei, honrando novamente e de xeito ilegal á familia Franco.

1 comentario:

  1. GRACIAS, MUCHISIMAS GRACIAS POR ESTE RECORRIDO EMOCIONANTE, POR LA QUE FUE HISTORICA RESIDENCIA DE NUESTRO AÑORADO GENERALISIMO.GRACIAS POR LA GRAN LABOR DE RECOPILACION DE IMAGENES DE ESTA MARAVILLOSA EPOCA.

    ResponderEliminar