1976

Os Franco, no Pazo de Meirás no verán de 1976
O 23 de xaneiro, a comisión de orzamentos das Cortes españolas aproban por 39 votos a favor, unha abstención e ningún voto en contra o proxecto de lei polo que se concede "a la excelentisima señora Doña Carmen Polo Valdés, señora de Meirás, grande de españa, viuda del Caudillo de España y Generalisimo de los Ejercitos, excelentisimo señor Francisco Franco Bahamonde, una pensión excepcional equivalente a los haberes integros que por todos conceptos correspondía percibir, al extinto en su calidad de capitán general, pensión que será compatible con cualquier otra a que pueda tener derecho". En realidade o que facía a denominada "transición modelica" era, xa non só cubrir de titulos nobiliarios aos Franco, senón considerar que a viuva do ditador tiña que cobrar máis que o presidente do goberno.
O día 9 dase conta no Pleno das Cortes desta Lei, onde os procuradores postos en pé tributaron unha grande ovación á viuva do ditador.
Esre ano, a Delegación de Facenda na Coruña, procede a facer unha valoración económica do Pazo, tasando o seu valor en 100 millóns de pesetas. Considerase que con esta nova valoración a contribución do Pazo pode acadar as 300 mil pesetas.

O 31 de xaneiro, Carmen Polo abandona a residencia oficial no Pardo.

As homenaxes á viuva do ditador reproducense constantemente por altos mandos do estado. Así, fanse constar a continuación, algúns deles.
 O día 25 de febreiro, un xeneral do exercito, Carlos Iniesta Cano entrega un cadro pintado por el do Pazo de Meirás. Na placa do cadro consta: "A la Excelentisima Señora de Meirás. Grande de España. Doña Carmen Polo, viuda de nuestro Generalisimo Franco, con el más respectuoso cariño y lealtad inquebrantable".
Neste mes tamén recibe a medalla de ouro da mutualidade nacional de empregados de hogar coa presenza de "autoridades" civís, entre elas a do ministro de traballo.
En maio, no se domicilio de Madrid, recibe o galardón de persoaxe do ano concedido pola prensa de Jaen (na imaxe da esquerda). Ese mesmo día recibe en "audiencia" ás corporacións municipais de Jerez e Cordoba que lle fan entrega da distinción de "fillo adoptivo" concedido a Franco polo concello de Jerez e "acalde perpetuo" concedido polo Concello de Cordoba. Ese mes inaugura unha exposición.
En xuño recibe a "medalla especial de ouro e brillantes" concedida pola asemblea nacional de cooperativas de vivendas. Este mes acude a Ourense a un acto castrense, ca presenza do ministro do exercito.
En xullo viaxa a Málaga onde é recibida polas "primeiras autoridades" da cidade.
En novembro preside unha mesa petitoria da cruz vermella en Madrid.
En decembro recibe a medalla de ouro concedida pola Fundación Francisco Franco.

En abril, o día 6,  Carmen Polo regresa a Galiza. O fai por estrada desde o Bierzo chegando a última hora da tarde ao Pazo de Meirás. Despois desprazase a casa Cornide na cidade vella da Coruña que empregará como residencia estos días. É recibida con honores polo capitan xeneral da VIII rexión militar e polo gobernador civil da Coruña e polo Alcalde da cidade Liaño Flores.
O día 8 acude pola mañá desde A Coruña a Santiago de Compostela para gañar o xubileo, regresando ao mediodía. Foi acompañada de diferentes "autoridades civís" e recibida pola alcalde da cidade.
Volta a Galiza Carmen Polo en xuño, aloxandose na Casa Cornide da Coruña. O día 24 desprazase desde a súa residena a Lugo, regresando a noite.

En xullo, os Franco regresan a Galiza e ao Pazo de Meirás. Carmen Polo viaxa en avión desde Madrid a Santiago de Compostela o día 21 onde é recibida  polo alcalde da cidade. Desprazase desde alí en automóvil ao Pazo.
Os xa Reis de España coa súa familia chegan a a Santiago de Compostela o día 24.
 O día 25 o xa nomeado Rei de España Juan Carlos Borbón acude ao Pazo de Meirás a visitar á viuva de Franco Carmen Polo. Desprazouse tras almorzar en helicoptero desde Santiago de Compostela onde presidira os actos do Santiago Apostolo. Ese mesmo día e esa mesma hora era disolta pola policía o acto de celebración do "Dia da Patria Galega" que fora convocado pola ANPG. A contundencia coa que se empregou a policía rematou con 110 detidos e varios feridos.
Juan Carlos Borbón permaneceu no Pazo de Meirás polo espazo dunha hora, regresando despois novamente en helicóptero a Santiago de Compostela.
O xa rei Juan Carlos de Borbón saudando na porta do Pazo de Meirás a Carmen Polo o 25 de xullo de 1976

A raiña Sofia con Carmen Polo e os seus biznetos no Pazo de Meirás en 1976

Este ano, tamén se celebra Consello de Ministros, nesta ocasión no Concello da Coruña o día 30 deste mes, presidido polo xa Rei Juan Carlos.

O día 31 de xullo o Rei Juan Carlos regresa a Madrid. Acuden ao aeroporto de Labacolla diferentes "autoridades", entre elas o presidente do goberno Adolfo Súarez e a viuva do ditador, Carmen Polo que tamén se despraza desde o Pazo de Meirás.

O 16 de agosto, Carmen Polo desprazase desde o Pazo de Meirás a Santiago de Compostela pola tarde onde oe misa na catedral. Ao rematar esta regresa ao Pazo de Meirás. Neste ano continúan as protestas dos labregos das Enconbras que se manifestan o 29 de agosto na Coruña contra o expediente de expropiación aprobado polo consello de ministros presidido polo dictador Franco no pazo de Meirás o día 18 de agosto de 1972, no que se declaraba de interés público a extracción do carbón co obxetivo de alimentar unha central térmica. A empresa ofrece prezos moi baixos aos labregos e labregas polas súas propiedades e foi entón cando comenzaron os intentos de expropiación forzosa e os enfrontamentos cos veciños que non estaban dispostos a abandonar o seu medio de vida a calquera prezo.

O 16 de setembro Carmen Polo desprazase desde o Pazo de Meirás a Ferrol onde visita a casa natal de Franco, regresando despois a Meirás. 

1 comentario: