1977

Xullo: O día 27 chega ao Pazo de Meirás Carmen Polo acompañada polo almirante Gómez Aller, co fin de preparar a voda da súa neta María del Mar no Pazo e iniciar as súas vacacións de verán en Galiza. No Pazo é recibida con honores polas diferentes "autoridades" coruñesas.

Agosto: O día 3 celebrase voda no Pazo entre unha das nestas do ditador, Merry Martínez Bordiu e Jimmy Gimenez Arnau. O Concello da Coruña nunha permanente municipal, acorda agasallar aos contraintes cunha "ostreira de prata" a "escote" entre os concelleiros de Corporación. O valor era de 15000 pesetas da época. Catro concelleiros se negan a aportar ao agasallo.

Á voda asistiron convidados polos Franco as "autoridades" civís da provincia da Coruña e mandos militares.

No hay comentarios:

Publicar un comentario