1978

Febreiro: A noite do 18 iniciase un incendio no Pazo que causaría graves danos. (Ver post adicado ao incendio no Pazo). O lúns día 20 o xulgado de instrucción de Betanzos inicia dilixencias de caracter criminal ao fin de poder determinar as causas que orixinaron o incendio no pazo. O díario "Ya" publicaba dias despois do incendio que "el juez de instrucción de Betanzos don Antonio González Nieto acompañado del secretario del juzgado se personó el lunes en el lugar del siniestro, acordando las medidas oportunas".

Un informe da Consellaría de Cultura recolle criticas as obras de reparación despois do incendio. Ao parecer as termitas instalaronse na biblioteca de Emilia Pardo Bazán, onde supostamente atopase boa parte dos seus libros, a instalación electrica e moi deficente e existen graves problemas de humidades.

O sábado 18 de febreiro houbo no Pazo un tráfico inusual de camións que entraban e saían do Pazo. Moitos que os viron afirmaron que eran do exercito español, pero a ninguén lle chamou a atención porque os Franco estaban acostumados a facer no Pazo o que lles viña en gana. Durante todo o día camións en camións entraron e sairon do Pazo e pola noite arde.
A explicación oficial, un cortocircuito. Pero ¿como se produxo un cortocircuito se os dous garda civis encargados da custodia do Pazo declararon que eles mesmos cortaran esa noite o fluido eléctrico ao Pazo? ¿como se poido achacar as causas ao deficiente estado da instalación eléctrica cando as compañías de seguros fixeran unha bonificación dun 10% nas polizas precisamente polo contrario e como así constatou nun artigo do diario "El Pais" o 23 de febreiro de 1978? ¿alguén podería crer que a instalación eléctrica era deficiente nun Pazo que era empregado polo ditador Franco tan só dous anos e uns meses antes?
Evidentemente ninguén creu nesta explicación "oficial". O poder do que gozaban os Franco naquelas datas, sobre todo no exercito, e o gusto polos cartos do Marqués de Villaverde, marido da filla de Franco poden, ser as claves para descubrir o que realmente aconteceu aquela noite do 18 ao 19 de febreiro de 1978.
O certo e que quenes vimos ese día o tráfico de camións sacando non se sabe que cousas do Pazo, non nos valeu a explición de tantas casualidades. Posiblemente por iso os Franco buscaron un amigo na parroquia, Antonio Pazos o cura de Meirás, para que lles deixaran colocar unhas pezas aparentemente de valor no adro da igrexa.
Así, o domingo 26 de febreiro, a xente que foi a misa poido ver xunto a porta da entrada da igrexa libros a medio queimar, unha talla en madeira do Quijote cun brazo queimado, candelabros e moitos outros obxectos dañados polo lume que permaneceron nese lugar eclesial durante moitas semanas. Parecía como se quixeran demostrar que non sacaran nada de valor, que realmente o lume arrasara casualmente todo. O certo é que días despois do lume, o tráfico de camións continuou, esta vez para retirar a madeira que tala de pinos eucaliptos e mesmo de árbores centenarias que venderan a un madereiro de Ordes.
En Meirás os Franco fixeron sempre o que lles petou e ademais pensan que teñen o dereito de facelo. ¿Ata cando?.
Esta "causa oficial" (a do cortocircuito) tampouco foi cribel para persoas mesmo ligadas ao réxime. Así, Antonio Fernández Tapia, amigo persoal da familia Franco dudou desa versión unhas horas despois de producirse o incendio.

O diario "Ya" publicaba o 22 de febreiro de 1978 as manifestacións de Fernández Tapia na que decía respectar as opinións dos técnicos, máis deu as seguintes argumentacións que facian inviabel a versión do "cortocircuito". Estas eran:
- Desde o xoves 16 (o incendio foi o sábado 18) os interruptores xerais de electricidade do Pazo estaban completamente desconectados.
- O estado da instalación electrica (cabos) que os técnicos calificaron de mala non podía ser posíbel. As compañías aseguradoras estaban a bonificar cun 10% precisamente polo bo estado da instalación.
- Falase dun cortocircuito, máis o garda do Pazo, testemuña do incendio, declara que o incendio iniciouse en tres sitios diferentes.
Fernández Tapia preguntase nese artigo: " ¿tres coincidentes cortocircuitos en el mismo tiempo, aunque en distintos puntos?.
Si desde el jueves la dexconesión de la instalación eléctrica es total ¿no es excesiva casualidad que un fuego se inicie la noche del sábado siguiente y como se cortó el teléfono antes de iniciado el fuego?.

Varias semanas antes do incendio no Pazo de Meirás, moitos medios de comunicación publicaron a noticia da intención de Carmén Polo Valdés, viuva do ditador e propietaria "lexitima" do Pazo, de doalo á Fundación Francisco Franco. A nova da imaxe da dereita (ABC do 22 de febreiro de 1978) mesmo informa desta intención tras o incendio da noite do sábado 1978.

Os trámites de doazón iniciaronse en xaneiro dese ano, e en febreiro arde o Pazo de Meirás. O lume consume as zonas do Pazo onde supostamente se atopaban os obxectos de máis valor, nomeadamente cadros.
Un incendio provocado por un cortocircuito que "seleccionou" as zonas do pazo que debían arder, e que en principio deberían deixar este patrimonio arrasado.
Máis non foi así. O Pazo, ainda que con graves danos, era recuperábel. E os tramites de doazón á fundación que se iniciaran no mes de xaneiro quedaron paralizados. O Pazo de Meirás seguiu en mans dos Franco.
Outra casualidade máis. E é que no ano 1978 quen lle tocou investigar este cúmulo de casualidades foi á policía de Franco, á garda civil de Franco, aos poderes públicos que deixou Franco.
E a democracia española hoxe ainda non sabe. Ao igual que ao expolio do Pazo se lle sigue a chamar "doazón", as causas do incendio do Pazo siguen a ser a dun "cortocircuito".

Agosto: O día 1, a viuva de Franco Carmen Polo inicia as súas vacacións no Pazo de Meirás acompañada da súa filla e a súa irmán Isabel Polo.

Setembro: A finais deste mes. Carmen Polo "doa", aconsellada pola súa filla, unha parte da biblioteca de Emilia Pardo Bazán ao Ministerio de Cultura. Son aproximadamente 3000 volumes, quedando outra parte da biblioteca (aproximadamente outros tantos volumes) no Pazo de Meirás. O Ministerio de Cultura cede posteriormente esta colección á Real Academia Galega, onde se conservan na actualidade.

Soldados do exercito retirando os volumes da biblioteca de Emilia Pardo Bazán durante o incendio de febreiro de 1978

No hay comentarios:

Publicar un comentario