1982

Marzo: O Alcalde da Coruña, Joaquín López Menéndez de UCD e co apoio do PSOE e o PCE acorda cos Franco adquirir o Pazo de Meirás en 180 millóns de pesetas. A adqusición era unha maniobra para tentar que o Pazo de Meirás se convertise na sede da nova Xunta de Galiza, acandando que a sede do goberno galego non se instalase en Santiago de Compostela.
Xuño: Tras as presións veciñais e a oposición do nacionalismo galego que pensaban que o Pazo debería rebertir no pobo sen pagar indemnización algunha por elo (e non ter que pagalo duas veces), o cambio tamén de postura do PSOE e PCE (que substentaban ao goberno muncipal de UCD), e tras o anuncio de que a sede do goberno galego estaría en Santiago de Compostela, abortase a operación de compra do Pazo.
Manifestación celebrada na Coruña o 8 de xuño de 1982 para reclamar a capitalidade de Galiza. Meses antes o alcalde da Coruña negociaba cos Franco a adquisición do Pazo de Meirás co fin de ofrecelo como sede do goberno galego

Agosto: O día 20 celebrase en Meirás un funeral na memoria de Francisco Franco. Acude  súa viuva, aloxada nestas datas no Pazo de Meirás, que estaba acompañada entre outros de o xeneral Castañón de Mena, unha neta da escritora Emila Pardo Bazán, Amparo Quiroga e o alcalde de Sada Ramón Rodríguez Ares.

No hay comentarios:

Publicar un comentario