2007

Maio: Eleccións municipais en maio. O BNG gaña as eleccións en Sada. No seu programa electoral incorporara a súa intención de promover a declaración BIC do Pazo. Co BNG xa no goberno, o Alcalde presenta o 9 de agosto dese ano, unha proposición que resulta aprobada, para solicitar a declaración do Pazo de Meirás como BIC, e mesmo, se é posibel, tentar a súa recuperación para o patrimonio público. O PP nesa sesión apoia a iniciativa. O seu partido xemelgo na corporación abstense facendo un discurso propio doutras épocas.
Aquí pode consultarse a acta desa sesión

Agosto: Tras varios intentos da Consellaría de Cultura para inspeccionar o Pazo de Meirás, o 23 de agosto de 2007 a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza resolve comunicar á propietaria do Pazo de Meirás que o 30 de agosto do 2007
´"presentarase un equipo técnico co fin de comprobar o estado do edificio e o seu entorno". Tamén anuncia a Consellaría de Cultura, que de non permitir a entrada "incurrirase en infracción que pode levar aparellada unha sanción de ate 60.000 euros".
Carmen Franco Polo, propietaria do Pazo de Meirás impide a entrada dos técnicos da Xunta o 30 de agosto de 2007. Presenta recurso contencioso administrativo contra a resolución da Consellaría de Cultura citada no punto anterior. Presenta asimesmo, petición diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, a adopción de medida cautelar, consistente na suspensión da inspección do Pazo de Meirás, formandose a correspondente peza separada. A Consellaría de Cultura formulou escrito opoñendose ás pretensións da familia Franco.
A Consellaría de Cultura queda á espera da resolución do TSXG da medida cautelar solicitada por Carmén Franco Polo sobre o acceso para inspeccionar o Pazo de Meirás por parte dos técnicos da Consellaría.
Setembro: O Portavoz do BNG no Congreso dos deputados presenta unha proposición Non de Lei para a recuperación do Pazo de Meirás para usos públicos, o 4 de setembro, tendo en conta a forma irregular e inxusta coa que Franco se fixo co Pazo, e co fin de que se aopie desde o estado a declaración BIC do Pazo. O PP no Congreso non apoia a proposta, que resulta aprobada. O actual presidente da Xunta Alberto Nuñez Feijoo, e daquela, portavoz do PP no parlamento galego, oponse publicamente á declaración BIC do Pazo.

Outubro: Mediante auto do TSXG de 9 de outubro, resolvese desestimando a medida cautelar na que se solicitaba por parte de Carmen Franco Polo a suspensión da inspección do Pazo (punto 6 do post). Nese auto (pode consutarse aquí) negase a medida cautelar solicitada por Carmen Franco e autorizase a entrada ao Pazo. O auto é contundente. "Frente ao interese público, mal cabe aducir con éxito un interese privado, cal é a inviolabilidade de domicilio". Carmen Franco Polo presenta recurso de súplica.

Novembro: O día 4 o diario "El País" publica unha entrevista coa conselleira de Cultura da Xunta de Galiza: "Antes o después, entraremos en el Pazo de Meirás" (ver entrevista)

Decembro: Nova concentración diante do Pazo de Meirás convocada pola Comisión pola Recuperación da Memoría Historica da Coruña para reclamar a devolución do Pazo de Meirás.

No hay comentarios:

Publicar un comentario