2009

Xaneiro: O 21 o DOG publica o texto integro de declaración BIC do Pazo de Meirás (ver aquí). Carmen Franco Polo presenta recurso contencioso administrativo contra o Decreto da Xunta polo que se declara BIC o Pazo de Meirás. Presenta solicitude ao tribunal de adopción de medida cautelar, en concreto que se paralice a apertura para vistas públicas do Pazo de Meirás.

Marzo: O día 4 celebrase un Pleno Municipal en Sada solicitado polo PP e acólitos co fin de que a Corporación acorde presentar recurso contencioso administrativo contra a declaración BIC do Pazo e o contorno de protección. O acordo sae adiante cos votos do PP, PDSP e ASU. (Ver acta da sesión do Pleno). A Asociación de Veciños de Meirás presenta recurso contencioso administrativo contra a Declaración BIC do Pazo.

Maio: O 29 o TSXG resolve non conceder a medida cautelar (visita pública do Pazo) solicitada por Carmen Franco Polo (punto 19 do post). Pola claridade e contundencia do TSXG recomendase a súa lectura (ver aquí). Carmen Franco Polo presenta diante do TSXG escrito de recurso de súplica contra a resolución que desestimou a medida cautelar solicitada.

Setembro: Mediante Auto do TSXG de 8 de setembro, desestimase o recurso de súplica presentado por Carmen Franco Polo (punto 23 do post). (Ver aquí)

Outubro: O día 9 o Tribunal Supremo confirma a inspección da Xunta de Galiza ao Pazo. (Ampliar información noutro post)

No hay comentarios:

Publicar un comentario