1907

A principios de xaneiro deste ano, Emilia Pardo Bazán, a súa nai e fillas regresan a Madrid tras estar aloxadas no Pazo de Meirás, voltando no verán novamente.

O 28 de agosto, o Circulo de Artesans da Coruña organiza unha homenaxe á coruñesa Concepción Arenal. Para elo convidan a Azcarate e Salillas que chegan a A Coruña nesta data convidados, xunto a Emilia Pardo Bazán por esta entidade á "solemne velada" en honra a Concepción Arenal.
Foron recibidos na estación de ferrocarril da Coruña polo Alcalde, o gobernador, deputados en Cortes e representantes de varias sociedades. Despois foron en carruaxes ao local social do Circulo on de almorzaron. Aloxaronse na casa do presidente do Circulo, almorzando o venres no Pazo de Meirás con Emilia Pardo Bazán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario