1905

Tarxeta de visita de Emilia Pardo Bazán, fotografiada na súa mesa de traballo no Pazo de Meirás e con indicacións persoais do seu puño e letra.

En xuño, Emilia Pardo Bazán xunto ao seu marido. a súa nai e fillas viaxan desde Madrid para pasar o verán no Pazo de Meirás.

A mediados de xullo viaxa desde Madrid a condesa de Requena para aloxarse no Pazo de Meirás.

A finais de setembro, Emilia Pardo Bazán celebra unha festa de despedida no Pazo de Meirás, con motivo do fin do verán e o seu proximo regreso a Madrid. A prensa da época a describía da seguinte maneira:
"Como despedida de su estancia en el magnifico castillo que poseen en Meirás, han dado una esplendida fiesta ha la que ha concurrido lo más selecto de los pueblos vecinos y aun de la capital, dando todos, en unión del buien contingente de veraneantes que allí hay aun, una prueba más de las infinitas simpatías que tiene la eximia autora de .
La fiesta resultó muy animada y digna de quien la había organizado".

O 30 de novembro, Emilia Pardo Bazán, nai e fillas regresan a Madrid tras pasar o verán no Pazo de Meirás.

No hay comentarios:

Publicar un comentario