1917

A principios do mes de xullo deste ano saen de Madrid con destino ao Pazo de Meirás os condes da Torre de Cela (o fillo de Emilia Pardo Bazán, Jaime Quiroga, e a súa dona Consuelo Esteban Collantes).

A primeiros de agosto saen de Madrid tamén con destino ao Pazo de Meirás o xeneral Cavalcanti e a súa dona a filla de Emilia Pardo Bazán, Blanca Quiroga.

A finais de agosto Emilia Pardo Bazán da unha conferencia no Concello da Coruña sobre a arte en Galiza. Por estas datas celebra a escritora unha festa no Pazo de Meirás.

No hay comentarios:

Publicar un comentario