1916


O Concello da Coruña acorda este ano adicar a Emilia Pardo Bazán unha mensaxe de felicitación polo seu recente nomeamento de profesora da catedra de literatura neolatina na universidade central. Cando a escritora chegou este ano ao Pazo de Meirás a pasar o verán - como todos os anos - unha comisión municipal achegouse ao pazo para facerlle entrega do documento (na imaxe superior, a comisión municipal ese día no Pazo de Meirás).

A primeiros de xullo chegan ao Pazo de Meirás procedentes de Madrid, o fillo politico de Emilia Pardo Bazán, o xeneral Cavalcanti e a dona deste e filla da escritora, Blanca Quiroga.

O 24 de setembro deste ano inaugurase o monumento de Emilia Pardo Bazán nos xardíns de Mendez Nuñez na Coruña, por iniciativa da colonia coruñesa residente en Lugo. A encargada de descubrir o monumento foi a filla da escritora, Carmen Quiroga y Pardo Bazán.

Este ano Emilia Pardo Bazán consigue que lle outorguen o título de conde da Torre de Cela en favor do seu fillo Jaime.

No hay comentarios:

Publicar un comentario